ACTUALIDADE
ELECCIÓNS 2011
NOVA LEI DO DEPORTE
O COLEF GALICIA
EMPREGO
FORMACIÓN
PUBLICACIÓNS
SERVIZOS
DEFENSA DA PROFESIÓN
REGULACIÓN PROFESIONAL
ANÚNCIATE!
COLEXIATE!
LIGAZÓNS
CONTACTO
________________________________________________________________________________

ALTA ON LINE

CAMPAÑA EPC

FACEBOOK

SEGURO RC

 

    
 
CONSULTA AS ACTUALIZACIÓNS DA WEB (03/02/12)

Podes consultar as últimas actualizacións das seguintes seccións da web:

 Emprego                      Formación

Boletíns oficiais             Vantaxes corporativas

 
ENSINO PRIVADO: PRAZO EXTRAORDINARIO DE ACREDITACIÓN DE HABILITACIÓNS (02/02/12)

A Consellería de Educación abre un prazo extraordinario durante o mes de febreiro para a solicitude de Acreditación de Habilitacións para impartir docencia en centros privados.

A solicitude deberá ser realizada exclusivamente a través da aplicación telemática da Consellería, que estará dispoñible a partires do 7 de febreiro.

 Máis información

 Solicitudes (aplicación)

 
MESA REDONDA: O FÚTBOL DE ALTO RENDEMENTO NA ACTUALIDADE (02/02/12)

Hoxe 2 de febreiro ás 18:00 horas celebrarase na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela esta interesante Mesa redonda, organizada polo Servizo de Deportes da USC, o Concello e a Fundación USC Deportiva.

O evento, que servirá de presentación do amistoso que disputarán as seleccións femininas de España e Austria o vindeiro 15 de febreiro en San Lázaro, contará coa participación do Seleccionador nacional de fútbol feminino, Verónica Boquete, Fernando Vázquez, Diego Seoane e Javier Bellido.

 
WERT AFIRMA QUE O GOBERNO REGULARÁ AS PROFESIÓNS DO DEPORTE (01/02/12)

Na súa primeira comparecencia ante a Comisión de Educación, e dentro das área de Deportes, José Ignacio Wert destacou a regulación do exercicio de determinadas profesións do deporte como "cuestión importante" a abordar na lexislatura.

O Ministro fixo súas as reivindicacións do noso colectivo ao considerar a regulación como "un tema esencial, sobre todo en lo que concierne a la protección de la salud de los deportistas ya que permitirá que sean profesionales formados, los que se encarguen del cuidado y la gestión fisiológica y biológica de su salud".

  Comparecencia

 
OPOSICIÓNS: EDUCACIÓN PROPÓN O APRAZAMENTO DA OFERTA A 2013 (01/02/12)

A Consellería presentou onte aos sindicatos a súa proposta de aprazamento da convocatoria de oferta de emprego público docente 2012, xustificándose no baixo número de prazas a convocar, se aplicasen a actual taxa de reposición, e na baixa interinidade en relación ao resto do Estado.

Os representantes da Consellería informaron tamén da súa intención de consolidar e agregar as prazas non convocadas este ano ás do vindeiro, co que prevén convocar unha boa oferta para 2013.

  Máis información

 
AMPLÍANSE OS PRAZOS PARA EQUIPARACIÓN DE CERTAS FORMACIÓNS DEPORTIVAS (27/01/12)

O CSD anunciou recentemente a ampliación do prazo para a obtención de homologacións, convalidacións e equivalencias das formacións de Fútbol, Fútbol-sala, Deportes de Inverno e Deportes de Montaña realizadas antes do ano 2000, que rematara o pasado 30 de setembro.

Os novos prazos varían segundo as modalidades pero todos se estenden ata o ano 2014.

 Máis información

 
CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL 2012 (26/01/12)

A Xunta de goberno aprobou, na súa reunión de onte, a Convocatoria da Asemblea Xeral 2012 do COLEF Galicia que se celebrará o vindeiro sábado 25 de febreiro ás 10.00 horas (1ª convocatoria) na Sala de Reunións do Centro Empresarial Compostela, onde se atopa a Sede do Colexio.

Podes consultar a Orde do día no seguinte documento:

ImageConvocatoria Asemblea Xeral 2012

 
CONVOCATORIA DE ELECCIÓN PARA CARGO VACANTE DA XUNTA DE GOBERNO (26/01/12)

Publícase a Convocatoria de Elección para prover o cargo vacante de Vogal por Lugo, aprobada pola Xunta de Goberno logo da renuncia por motivos profesionais de Míriam Rivas, e incluída dentro da orde do día da Asemblea Xeral do vindeiro 25 de febreiro.

ImageConvocatoria de Elección a cargo vacante

A Xunta de goberno quere agradecer publicamente o interese mostrado por Míriam Rivas en participar deste órgano, e desexarlle todo o mellor na nova etapa.

 
NOMEADO O NOVO DIRECTOR XERAL DE DEPORTES DO CSD (23/01/12)

A pasada semana, o Consello de Ministros nomeou a David Villaverde Page (Madrid 1967) como novo Director Xeral de Deportes do CSD. 

Avogado do Estado dende 1996, ocupaba ata o momento a súa xefatura no actual Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. Destaca no seu currículo a dirección de diversos pleitos de natureza deportiva como, por exemplo, a execución da sentencia do Obradoiro.

 
CONSULTA AS ACTUALIZACIÓNS DA WEB (20/01/12)

Podes consultar as últimas actualizacións das seguintes seccións da web:

Emprego                        Formación

Vantaxes corporativas      Boletíns oficiais

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Final >>






¿Recuperar clave?
 
CONVENIOS
ENTIDADES PARTICIPADAS
ENTIDADES COLABORADORAS
 
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  R/ Fernando III el Santo, 32 - Baixo. Despacho 11 B
15701 Santiago de Compostela.
Telf.: 981- 553 363 Fax: 981 553 997 colef@colefgalicia.com