|
| |
|
 | O Consello Xeral comunicou esta semana a contratación dunha nova Póliza de Seguro básico de Responsabilidade Civil coa compañía aseguradora Zurich, para a cobertura da actividade profesional da colexiación exercente. Entre as novidades, cabe destacar a suba da indemnización máxima por sinistro ata os 2.000.000€, e a eliminación de sublímites. Asemade, conseguiuse unha redución da franquía xeral de 300 a 150€. Máis información
| |
|

| Ante a proliferación de actividades formativas irregulares no sector do deporte, o Consello Xeral de COLEF e CAFD está a traballar na implantación dun mecanismo de denuncia das mesmas. Como primeira actuación concreta, o Presidente acaba de dirixir un escrito apercibindo aos responsables do "Curso Online de Personal Trainer", ofertado a nivel estatal, e aos do portal que o publicita. Máis información
| |
|
 | A Conferencia Mundial de Ministros de Deportes, celebrada en Berlín do 28 ao 30 de maio, pechouse coa aprobación desta Declaración. Os compromisos e recomendacións concretas adoptadas neste documento estrutúranse nas tres comisións creadas ao efecto: (1) Acceso ao deporte como dereito fundamental para todos - (2) Promoción da inversión en programas de deporte e EF - (3) Preservación da integridade do deporte. Declaración
| |
|

| O Concello de Riveira ven de notificarnos que, por resolución da Alcaldía, foi estimado o recurso presentado polo Colexio e, en consecuencia, retificará as Bases específicas para a praza de animador deportivo, esixindo a titulación de ciclo superior en animación de actividades físicas e deportivas. Dende o COLEF Galicia felicitamos publicamente ao concello por esta decisión que, ademais de cumprir coa Lei 3/2012 do Deporte de Galicia, garante a axeitada cualificación dos candidatos á praza. Recursos 2013 | |
|
 | A organización do Mestrado Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde, ven de informarnos de que do 28 de xuño ao 4 de xullo poderá realizarse a preinscrición para o curso 2013-2014. Este posgrado oficial conta con 60 créditos ECTS e desenvólvese durante todo un curso académico. Web do mestrado
| |
|
 | Coa posta a disposición da cidadanía desta aplicación gratuíta para i-phone e android, Turgalicia busca promover e potenciar a actividade do sendeirismo como unha maneira de achegarse aos nosos espazos naturais e ao noso patrimonio etnográfico e monumental. Máis información
| |
|
 | Pontevedra acollerá un novo congreso do 5 ao 8 de setembro convocado por FEADEF, coa coorganización de AGADEF, e as universidades da Coruña e Vigo. Este X Congreso Internacional sobre a Ensinanza da Educación Física e o Deporte Escolar preséntase coa finalidade de aunar criterios, analizar problemáticas e establecer vías de colaboración coas institucións. Máis información
| |
|
 | Dende o COLEF Galicia queremos felicitar ao colexiado Cristian Abelairas (52.072) pola lectura o pasado 25 de abril da súa tese doutoral "Influencia do material de rescate no socorrista acuático. Análise fisiolóxica, espaciotemporal e RCP". Asemade, destacamos e agradecemos que puxera a presentación da tese a disposición de todos os interesados na web Red Vigías. Presentación
| |
|

| O CSD acaba de abrir un novo trámite de consulta, neste caso sobre os Proxectos de resolución de plans formativos das modalidades baile deportivo e remo. As persoas interesadas poden formular alegacións ao mesmo antes do vindeiro 26 de xuño. Enlace á web do CSD
| |
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Final >>
|