ACTUALIDADE
O COLEF GALICIA
ACTIVIDADES
EMPREGO
FORMACIÓN
PUBLICACIÓNS
SERVIZOS
REGULACIÓN PROFESIONAL
ANÚNCIATE!
COLÉXIATE!
LIGAZÓNS
CONTACTO
MESTRADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA: PRAZOS DE PREINSCRICIÓN (28/09/09)

Tanto a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña como a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo, veñen de anunciar os prazos de preinscrición en cadanseu mestrado en Educación Secundaria. 

  Mestrado en Profesorado de Educación Secundaria (UDC), ampliado ate o 13 de outubro.

  Mestrado Universitario para o profesorado de ESO, FP e EE de Idiomas (UVigo), ate o 28 de setembro.

 
AXUDAS PARA A MATRÍCULA EN MESTRADOS OFICIAIS (02/09/09)

O Ministerio de Educación ven de publicar a orde pola que se aproba a convocatoria de axudas para a matrícula en un Mestrado oficial por parte de titulados universitarios en situación legal de desemprego.

ImageInformación sobre a convocatoria

  Orde EDU/2278/2009

 
INFORME DA CEACCU SOBRE OS HÁBITOS SAUDABLES DOS ESPAÑOIS (04/08/09)

A Confederación Española de Organizacións de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios presentou os resultados da enquisa que realizou para coñecer se os españois levamos, ou non, unha vida saudable.

 
PROPOSTA DE MANIFESTO SOBRE O ESTADO ACTUAL DA DOCENCIA DA EDUCACIÓN FISICA EN GALICIA (03/07/09)

O COLEF Galicia ven de enviar unha "Proposta de Manifesto sobre o estado actual da docencia da Educación Física en Galicia" á Plataforma en defensa da Educación Física e o Deporte Escolar, coa intención de publicar un documento definitivo e común en breves datas.

 

 
MASTER OFICIAL DIRECCIÓN INTEGRADA DE PROXECTOS (02/06/09)
Posgrao Oficial de 60 ECTS. Dirixido a diplomados, licenciados e graduados, conta cun máximo de 24 prazas (8 por especialidade), docencia presencial e apoiada por videoconferencia os xoves e venres (tardes), e sábados (mañás).
 
DEPORTE, SAÚDE E CALIDADE DE VIDA (03/03/09)
A Fundación “La Caixa” ven de publicar o estudo dos sociólogos David Moscoso e Eduardo Moyano, que constata a tendencia ao sedentarismo da sociedade española, ao afirmar que o 64% da poboación non realiza actividade deportiva e a un 15% nin sequera lle interesa; pola contra só un 25% practica deporte con certa frecuencia. 
 
DOCUMENTACIÓN ACCIÓN FORMATIVA: PROTOCOLO DEPORTIVO (28/01/09)

Xa se pode consultar a documentación da 4ª acción formativa en xestión deportiva "Protocolo Deportivo" desenvolta pola UDC en colaboración co COLEF Galicia e AGAXEDE.

 
DOCUMENTACIÓN ACCIÓN FORMATIVA: ORGANIZACIÓN DE ACONTECEMENTOS DEPORTIVOS (16/01/09)

Xa se pode consultar a documentación da 3ª acción formativa en xestión deportiva "Obradoiro de Organización de Acontecementos Deportivos" organizada pola UDC en colaboración co COLEF Galicia e AGAXEDE. A mesma desenrolouse en Ferrol o 10 de Xaneiro do 2009, a que asistiron un total de 150 participantes.

 
DOCUMENTACIÓN ACCION FORMATIVA: ELABORACIÓN DE PROXECTOS DEPORTIVOS (15/12/08)

Xa se pode consultar a documentación da 2ª acción formativa en xestión deportiva "Elaboración de proxectos deportivos. Plan de traballo e memorias" organizada pola UDC en colaboración co COLEF_Galicia e AGAXEDE. A mesma desenrolouse en Ferrol o 13 de Decembro do 2008, a que asistiron un total de 150 participantes.

 
DOCUMENTACIÓN: MESAS SOBRE REGULACIÓN DAS PROFESIÓNS DO DEPORTE EN GALICIA (19/11/08)

A Dirección Xeral para o Deporte, en colaboración co Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte (COLEF- Galicia) e a Fundación Deporte Galego desenvolven unha nova actividade formativa encamiñada a mellorar o Deporte Galego a todos os niveis, cunha proposta de 6 mesas redondas a realizar na xeografía galega destinadas a analizar e debater o “Impacto da lei das profesións do deporte en Galicia” coa intención de satisfacer as necesidades básicas de información e formación dos profesionais do deporte en materia de regulación laboral.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Siguiente > Final >>






¿Recuperar clave?
 
PATROCINADORES
ENTIDADES PARTICIPADAS
ENTIDADES COLABORADORAS
 
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  R/ Fernando III el Santo, 32 - Baixo. Despacho 11 B
15701 Santiago de Compostela.
Telf.: 981- 553 363 Fax: 981 553 997 colef@colefgalicia.com