Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
EF NA RÚA 2018
O COLEXIO
COLEXIARSE
EMPREGO
CONTRATACIÓN
FORMACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
DEFENSA
REGULACIÓN
ASEMBLEAS
ELECCIONS 2018
LEIS & CONSULTAS
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
PORTELO UNICO
MANIFESTO SOBRE A NECESARIA REGULACIÓN PROFESIONAL (06/05/10)

O Grupo de Traballo de Regulación Profesional (GTRP) do Consello Xeral de COLEF e CAFD, que o COLEF Galicia está a liderar, finalizou a elaboración deste Manifesto que ten por obxectivo esixir a regulación profesional e a colexiación obrigatoria nas profesións do deporte.

ImageVersión en galego    ImageVersión en castellano

Seguindo o calendario de accións previsto, pasamos agora á 3ª Fase de relacións públicas na que se solicitarán apoios e adhesións entre os responsables políticos e sociais a nivel autonómico e estatal.

 
COMUNICADO DO CONSELLO XERAL DE COLEF E CAFD (05/05/10)

Ante a noticia publicada o pasado 27 de abril pola axencia Europa Press, que se fai eco dunhas máis que desafortunadas declaracións sobre a obesidade infantil e a actividade físico-deportiva nos centros escolares realizadas polo Dr. Javier Aranceta (Presidente da Sociedade Española de Nutrición Comunitaria, SENC), o Consello Xeral ven de facer pública a súa resposta oficial asinada polo Presidente Jaime Vallejo.

   Declaracións do Dr. Aranceta

  Comunicado do Consello Xeral

 
CONCURSO DEPORTISTAS CON MOITO VALOR (03/05/10)

A Fundación Fedys convoca, xunto coa Secretaría Xeral para o Deporte e outras 7 entidades, a terceira edición do concurso “Deportistas con Moito Valor” de fotografía e relato curto dirixido a nenas/os de entre os 10 e os 14 años.

Os traballos deben ser presentados antes do 15 de maio e reflectir a deportividade e os valores no seo da actividade deportiva.

  Web do Concurso

 
CONGRESO INTERNACIONAL DE CC. DO DEPORTE E EDUCACIÓN FÍSICA (27/04/10)

O domingo día 2 finaliza o prazo para a inscrición neste completo e interesante congreso organizado por “Sportis Formación Deportiva”, e que se celebrará en Pontevedra os días 6, 7 e 8 de maio. Ademais, conta coa novidade este ano da posibilidade de realización a distancia, vía on-line.

O COLEF Galicia participa do evento como entidade colaboradora, polo que a colexiación contará con desconto na inscrición á actividade. 

  Web do Congreso

 
VIII CONVERSAS SOBRE A EF E O DEPORTE (15/04/10)

Os días 23 e 24 de abril terán lugar as xa tradicionais Conversas organizadas polo “Grupo Paradoja” na Facultade de CC. do Deporte e a EF da UDC, que este ano rendirán homenaxe ao recentemente falecido Profesor José Luis Salvador. O evento xirará este ano arredor da temática da política deportiva, e contará con destacados poñentes como José Mª García ou José Ramón Lete.

O COLEF Galicia participa do evento como entidade colaboradora, polo que a colexiación contará con desconto na inscrición á actividade. 

ImagePrograma das Conversas

 
XORNADAS SOBRE SOCORRISMO DA UDC (14/04/10)

As V Xornadas sobre Socorrismo baseado na evidencia científica e Soporte Vital Prehospitalario no medio acuático (I Ciclo Internacional de Conferencias sobre Socorrismo Acuático), celebraranse en Oleiros do 23 ao 25 de abril e do 30 de abril ao 2 de maio.

O evento está organizado polo Departamento de Educación Física e Deportiva e o Grupo de Investigación en Actividades Acuáticas e Socorrismo da UDC (GIAAS), contando con descontos para colexiadas/os ao participar o COLEF Galicia un ano máis como entidade colaboradora.

ImagePrograma definitivo      Formulario de inscrición

 
APRAZAMENTO DA ACCIÓN FORMATIVA SOBRE RESPONSABILIDADE PROFESIONAL (12/04/10)

Debido a cuestións técnicas vémonos na obriga de aprazar esta actividade planificada inicialmente do 13 a 15 de abril na Facultade de CC. da Educación e do Deporte de Pontevedra.

En próximas comunicacións informaremos das novas datas do programa para que todas aquelas persoas inscritas, así como aquelas outras que poidan interesarse por el, poidan asistir a este interesante evento. Desculpade as molestias.

 
DÍA MUNDIAL DA SAÚDE (07/04/10)

 

Hoxe 7 de abril celébrase o Día Mundial da Saúde 2010 cuxa temática xirará arredor da relación entre a urbanización das cidades e a saúde. Ata o 11 de abril desenvolverase a campaña “Mil cidades, mil vidas” mediante a organización de eventos en todo o mundo co obxectivo de abrir os espazos públicos para a saúde.

  Máis información

 
DÍA MUNDIAL DA ACTIVIDADE FÍSICA (06/04/10)

A Organización Mundial da Saúde (OMS) celebra este día baixo o lema “Cidades activas, vida saudable” e co obxectivo de promover o deporte como elemento fundamental da saúde e o benestar. Búscase que os cidadáns realicen cando menos 30 minutos diarios de actividade física moderada.

Máis información en:      OMS         Munideporte

 
MEMORIA 2009 DO COLEF GALICIA (16/03/10)

Xa podes consultar a Memoria 2009, aprobada na Asemblea Xeral Ordinaria do 12 de marzo. Trátase dun amplo documento de 86 páxinas que pretende recoller ao detalle o traballo realizado o pasado ano, así como tamén os acontecementos máis relevantes.

ImageDescarga aquí a Memoria

 
RESULTADO DAS ELECCIÓNS A CARGOS VACANTES DA XUNTA DE GOBERNO (15/03/10)

Logo da votación realizada o pasado venres dentro da orde do día da Asemblea Xeral Ordinaria do COLEF Galicia, os cargos vacantes ate esa data quedan conformados como segue:

  • Vicepresidencia: Jose Mª Pazos Couto
  • Tesourería: Genaro Lorenzo Valle
  • Vicesecretaría: Mª Luisa Peralta Jiménez
  • Vogalía A Coruña: María del Castillo Obeso
  • Vogalía Pontevedra: Víctor Arufe Giráldez

No próximo Boletín informarase das decisións que se tomaron nesta importante xuntanza.

 
<< Inicio < Anterior 91 92 93 94 95 96 Siguiente > Final >>






¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
ENTIDADES COLABORADORAS
 
 
 
 
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg