Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
EF NA RÚA 2018
O COLEXIO
COLEXIARSE
EMPREGO
CONTRATACIÓN
FORMACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
DEFENSA
REGULACIÓN
ASEMBLEAS
ELECCIONS 2018
LEIS & CONSULTAS
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
PORTELO UNICO
COMUNICADO SOBRE A NEGOCIACIÓN DO CONVENIO DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS (09/03/10)
 

O COLEF Galicia desexa felicitar a todas as partes inmersas na negociación do convenio de instalacións deportivas polo acordo acadado no día de onte no Consello Galego de Relacións Laborais, e grazas ao cal se restaurarán os servizos que prestan á cidadanía.

Sen embargo considera que persisten outros problemas de fondo sobre os cales é necesario seguir traballando, expostos no Comunicado do COLEF Galicia sobre a negociación do Convenio de IIDD de Galicia.

ImageComunicado do COLEF Galicia

 
II TORNEO SOLIDARIO DE GOLF FUNDACIÓN FEDYS (09/03/10)

 

A Fundación FEDYS organiza este evento a favor de FEAFES Galicia, organización que promove a práctica de exercicio físico en persoas con enfermidades mentais con obxectivos de rehabilitación e integración social.

O Torneo celebrarase o 14 de marzo no Real Club de Golf de A Coruña, e as inscricións poden facerse no teléfono do club.

  Web da organización

 
CONFERENCIA ANTIDOPAXE NO INEF GALICIA (25/02/10)

O Director da Axencia Estatal Antidopaxe, D. Javier Martínez del Burgo, impartirá a conferencia aberta “Actualidade da protección da saúde do deportista e da loita contra o doping” o próximo 2 de marzo ás 12.00 horas no salón de actos da Facultade de Ciencias do Deporte e a EF.

 
CREADO O GRUPO DE TRABALLO DE REGULACIÓN PROFESIONAL (11/02/10)

O COLEF Galicia forma parte do Grupo de Traballo de Regulación Profesional creado a finais de xaneiro no Pleno do Consello Xeral de COLEF e CAFD de Cartaxena.

ImageInforme COLEF Galicia

Por este motivo solicitamos as vosas propostas de acción de cara ás posibles mobilizacións a realizar nos vindeiros meses, debido ao crítico momento no que se atopa a nosa profesión ante a inminente aprobación da Lei de Servizos Profesionais.

 
COMPLETADA A DOCUMENTACIÓN DA ACTIVIDADE FORMATIVA (20/01/10)

Toda a documentación da actividade formativa “A responsabilidade profesional do docente de Educación Física, do monitor e do adestrador deportivo”, celebrada os días 15 e 16 de xaneiro, pode ser consultada xa no seguinte enlace:

  Documentación da actividade

Os asistentes non colexiados (sen claves de acceso) deberán solicitar a documentación por correo electrónico.

 
POSGRAOS EN ACTIVIDADE FÍSICA E SAÚDE DA UDC (18/01/10)
 

A Facultade de CC. do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña ven de conformar unha área de estudos de posgrao no ámbito da actividade física e a saúde, nas seguintes modalidades: Máster en actividade física e saúde, Curso de especialización en promoción de actividade física saudable e Curso de especialización en prescrición de exercicio en patoloxías.

Ademais da elevada calidade e especificidade dos contidos, estes cursos caracterízanse principalmente pola súa flexibilidade, ao tratarse de estudos que se realizarán totalmente online.

 Web Posgraos AFS

 
CAMISETA RDC-COLEFG: REGALA SOLIDARIEDADE! (16/12/09)
 

Temos o pracer de presentarvos o primeiro artigo da Tenda COLEF Galicia: a Camiseta solidaria RDC-COLEFG. Animámoste a mercar esta prenda de calidade por só 10€, realizando un consumo responsable e comprometido. Isto é así posto que parte dos beneficios obtidos serán doados á ONG para o desenvolvemento “Red Deporte y Cooperación”.

ImageMáis información (prezo, características e proceso de compra)

 
MATRÍCULA NOS MESTRADOS PARA PROFESORADO (10/12/09)

 

As universidades da Coruña e Vigo abrirán o primeiro prazo de matrícula nos seus respectivos mestrados en profesorado (con especialidade en Educación Física), do 11 ao 15 de decembro.

   Universidade da Coruña

   Universidade de Vigo

 
SISTEMA DE XESTIÓN DE RISCOS DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS (04/12/09)

O CSD acaba de desenvolver unha aplicación que lles permite aos xestores realizar unha autoavaliación das súas instalacións deportivas, con respecto ao cumprimento da normativa vixente.

  Informe de resultados

  Acceso á aplicación

 
BOAS PRÁCTICAS EN INSTALACIÓNS DEPORTIVAS (27/11/09)

O CSD e a FEMP, en cooperación co Instituto de Biomecánica de Valencia, acaban de publicar este manual coa intención de que sexa unha ferramenta básica para os xestores municipais, facilitando a súa labor cotiá e incrementando a calidade das instalacións deportivas e os servizos que nelas se ofertan.

  Preme aquí para descargar o libro e os anexos

 

 
FOLGA CONVOCADA NO SECTOR DE DEPORTES (20/11/09)

 CIG, CCOO e UGT fixeron pública a súa convocatoria conxunta de folga para os días 26, 28 e 30 de novembro, en demanda da negociación do convenio colectivo do sector.

  Máis información na blog de CIG Servizos 

 
<< Inicio < Anterior 91 92 93 94 95 96 Siguiente > Final >>






¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
ENTIDADES COLABORADORAS
 
 
 
 
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg