Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
EF NA RÚA 2019
O COLEXIO
COLEXIARSE
EMPREGO
CONTRATACIÓN
FORMACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
REGULACIÓN
ASEMBLEAS
ELECCIONS
LEIS & CONSULTAS
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
PORTELO UNICO
O CONCELLO DE MELIDE CORRIXE A PRAZA DE TÉCNICO DE DEPORTES (30/07/10)
 

En resposta ao recurso presentado polo COLEF Galicia á praza de Técnico de Deportes (oferta de emprego 2009), a Xunta de Goberno do Concello de Melide adoptou os seguintes acordos:

  1. Modificar a oferta de xeito que o grupo profesional da citada praza pase do II (diplomado) ao I (licenciado).
  2. Modificar a RPT do concello no mesmo sentido.

Dende o COLEF Galicia felicitamos ao Concello de Melide pola acertada decisión, esperando que cunda o exemplo en todas as administracións.

 
BOLSA DE EMPREGO DE ESPECIALISTAS EN ACTIVIDADE FÍSICA SAUDABLE (19/07/10)

O COLEF Galicia ven de crear esta bolsa de emprego específica para profesionais da AFS e publicar as correspondentes bases da convocatoria, con toda a información sobre o proceso. 

As candidaturas para formar parte da Bolsa poderán presentarse ate o 15 de agosto, mediante o envío do curriculum facilitado.

  Máis información

 
XII CONCURSO FOTOGRAFICO DO COPLEF DE CATALUNYA (09/07/10)

 

O Consello Xeral de COLEF e CAFD ven de difundir a convocatoria deste concurso anual, organizado polo colexio catalán, que ten por espírito destacar fotográficamente valores e emocións da práctica da actividade física e do deporte. A inscrición é gratuíta e aberta a toda persoa maior de 18 anos.

 Máis información

 
A ESCOLA GALEGA DO DEPORTE BUSCA DOCENTES (06/07/10)

Dende este departamento da Secretaría Xeral para o Deporte solicitan a nosa colaboración para ofertar entre os colexiados a posibilidade de impartir docencia nos bloques comúns dos cursos de adestradores, que volverán a poñer en marcha os vindeiros meses de outubro e novembro de 2010.

Os interesados deben enviar a solicitude antes do 19/07/2010 a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla  

 Modelo de solicitude (non é necesario asinalo)

 
CICLOS FORMATIVOS DE BALONCESTO EN VILAGARCÍA (23/06/10)

Dende o IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa infórmannos do inicio da preinscrición para os Ciclos de ensinanzas deportivas de réxime especial que ofertan no centro, concretamente os de Técnico Deportivo e Técnico Deportivo Superior en Baloncesto.

Subliñar que existen facilidades para os Licenciados en CAFD no relativo a validacións, horarios e titorías.

ImageInformación   Preinscrición TD  Pre. TDS

 
ADHESIÓN AO MANIFESTO SOBRE A NECESARIA REGULACIÓN PROFESIONAL (17/06/10)

 

O Consello Xeral de COLEF e CAFD publicou xa o Manifesto sobre a necesaria regulación profesional no deporte e a Educación Física, produto do traballo realizado polo GTRP, que o COLEF Galicia liderou nos últimos meses.

A finalidade do texto é esixir a regulación das profesións do deporte e a colexiación obrigatoria, co obxectivo de garantir a saúde e seguridade dos destinatarios dos nosos servizos, é dicir, a cidadanía en xeral. 

 Únete aquí ao Manifesto

 
MASTER OFICIAL EN DIRECCIÓN INTEGRADA DE PROXECTOS (07/06/10)

O próximo mes de xullo comezará o período de matrícula da 3ª edición deste interesante posgrao interuniversitario organizado entre a UVigo e a UDC para o curso 2010-2011.

O Mestrado conta outro ano máis coa Especialidade de Ocio e Deporte, a realizar logo dun bloque común inicial, e cun límite de 8 prazas por especialidade.

ImageMáis información

 
CREADA A ASEMBLEA NACIONAL DE ESTUDANTES (03/06/10)

O pasado 9 de maio, representantes de estudantes de CAFD de nove universidades españolas, fundaron a ANECAFYDE (Asemblea Nacional de Estudiantes de Ciencias da Actividade Física y del Deporte de España), que sen dúbida será xa unha peza clave na loita pola regulación das profesións do deporte durante os vindeiros meses.

  Páxina de ANECAFYDE

 
MUNDIAL DE FÚTBOL: OFERTA EXCLUSIVA DE HALCÓN VIAJES (01/06/10)

Trátase dunha oferta realizada a todo o colectivo para asistir ao Mundial de Sudáfrica e gozar cos seguintes servizos: Airbus 330 exclusivo, autobuses oficiais da FIFA para os traslados, entradas categoría 1 e 2, hoteis de luxo, seguro incluído, excursión panorámica, guía en castelán...

  Máis información

 
PRESENZA NO V ENCONTRO THAO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA (26/05/10)

O COLEF Galicia estivo presente no V Encontro Thao organizado polo Concello de Santiago e a Fundación Thao,  na xornada do venres 21, mediante a ponencia do Presidente Vicente Gambau titulada “A achega dos profesionais do deporte na prevención da obesidade”.

 Web da organización

 
XV CARREIRA ALTERNATIVA: PROFESIÓNS DEPORTIVAS, REGULACIÓN XA! (18/05/10)

 

O vindeiro domingo 23 de marzo celebrarase na Coruña a XV Carreira Alternativa organizada un ano máis polas Asociacións Galega e Española de Deporte para Todos (coa colaboración entre outros do COLEF Galicia) baixo o lema “Profesións deportivas, regulación xa!”.

A saída darase as 11.00 horas na Praza de María Pita e a chegada estará situada no aparcadoiro do Carrefour de Alfonso Molina, onde terá lugar a Festa do Deporte Alternativo.

ImageCartel do evento

 
<< Inicio < Anterior 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 Siguiente > Final >>






¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
EMPRESAS COLABORADORAS
 
 
 
ENTIDADES COLABORADORAS
 
 
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg