Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
EF NA RÚA 2019
O COLEXIO
COLEXIARSE
EMPREGO
CONTRATACIÓN
FORMACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
REGULACIÓN
ASEMBLEAS
ELECCIONS
LEIS & CONSULTAS
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
PORTELO UNICO
O COLEF GALICIA NO ANUARIO COLEXIAL

 

O COLEF GALICIA É O 5º DO ESTADO EN NÚMERO DE MEMBROS

Na actualidade ten 851 colexiados e colexiadas, con maioría de homes e con idades entre os 25 e os 55 anos na súa maioría   

O Consejo COLEF vén de publicar o Anuario Estadístico de Colegiación y Evolución de los Colegios Profesionales de Licenciados en Educación Física y en Ciencias de la Actividad Física y el Deporte, que pon de manifesto que o COLEF Galicia é o quinto en número de colexiados e colexiadas, só por detrás dos das comunidades de Catalunya, Madrid, Andalucía e Valencia. O COLEF Galicia tiña a 31 de decembro do 2018, 851 membros, mentres que no conxunto dos colexios a cifra ascende a 14.098. O 81%  son exercentes (691), o 11,4% son no exercentes (97), e os honoríficos o 7,4% (63). No último ano a colexiación medrou con 21 novas persoas. A maioría dos colexiados son homes: 595 fronte a 256 mulleres. O informe completo pódese consultar na web do Consejo COLEF nesta ligazón.

 
#SONMULLERSONDEPORTE

A Asemblea Nacional de Estudantes de Ciencias da Actividade Física e do Deporte (Anecafyde), organiza a campaña #SONMULLERSONDEPORTE,  campaña que nace para o 8 de marzo de 2018 (Día Internacional da Muller) coa intención de visibilizar o papel de todas as mulleres no ámbito deportivo: deportistas profesionais, amateurs, adestradoras, docentes, investigadoras, todas esas mulleres que realizan actividade física de maneira recreativa, etc.

En que consiste?

Este ano a campaña consta de dous partes: A primeira parte é a venda e difusión de pulseiras solidarias (vendidas a 1’50€) por todo o territorio español, onde parte do recadado doarase á Asociación de Mulleres no Deporte Profesional, unha asociación sen ánimo de lucro que comparte a filosofía da nosa campaña e da nosa asociación. A segunda parte é a visibilización, que se fará o día culmen da nosa campaña, o 8 de Marzo. Farase vía redes sociais e para iso subirase unha foto ou vídeo co hashtag #SoyMujerSoyDeporte con ou sen pulseira a Instagram, Facebook ou Twitter etiquetando a @ anecafyde

+información

 
SITUACION DO MERCADO LABORAL CCAFDE

O Consejo COLEF elaborou un informe sobre a situación do mercado laboral das persoas tituladas universitarias en Ciencias da Actividade Física e o Deporte do que se extraen moitas e moi importantes conclusións. Algunhas delas son: A docencia é a principal actividade profesional (37,7%), seguida do sector saúde/fitness (20,4%), a xestión (12,8%) e a competición (9,4%). A tasa de multiocupación é do 44,8%. A docencia é o ámbito mellor remunerado. No lado contrario está o sector privado, no que predominan os contratos temporais. O motivo principal da colexiación é a visión corporativista da profesión. O 72% das persoas que respostaron a enquisa volverían cursar os mesmos estudos. Podes consultar o informe completo aquí.

 
COMUNICADO CONSEJO COLEF

As 20 achegas do Consejo COLEF coas que o Anteproxecto de Lei do Deporte podería mellorar substancialmente e ser representativo das realidades sociais do deporte vinculadas con hábitos deportivos máis aló da práctica deportiva competitiva. Ver as achegas

O Consejo COLEF expresa a súa preocupación polo anteproyecto de Ley del Deporte, que coa súa concepción anacrónica desta actividade céntrase en exclusiva no deporte de competición e federado e deixa fóra de regulación e polo tanto de protección a quen o practica á marxe destes ámbitos (o 92 por cento da poboación). Tampouco ten en conta aos titulados en CCAFDE como principais axentes deportivos. A entidade presentará alegacións de inmediato. Comunicado

 
CURSOS EGAP

A SXD/Fundación Deporte Galego, en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública ofertan dous cursos destinados específicamente aos técnicos deportivos locaisO prazo da matrícula remata o 15 de febreiro.

 

 FC19015 - Cara a un concello activo e saudable.

 FC19014 - Avaliación da condición física saudable

 
CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA E EXTRAORDINARIA 2019

A Xunta de goberno aprobou, na súa reunión do pasado día 1 de febreiro, a Convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria 2019 do COLEF Galicia, así como convocar Asamblea Xeral Extraordinaria para a proposta de modificacion de Estatutos, que se celebrará o vindeiro sabado 9 de marzo ás 12.00 horas (1ª convocatoria) no Edificio FEUGA de Santiago de Compostela, onde se atopa a oficina do Colexio.
 
Podes consultar a Orde do día da xuntanza no seguinte documento:
 
 
 
CONVERSA CON DANIEL PERAL

Daniel Peral López recibiu hai uns días o premio extraordinario de Fin de Grao na Universidade da Coruña, unha distinción que acolle con humildade e asegurando que non significa que sexa mellor que os demais. Pero ten demostrado que, ademais de brillante nos estudos, é traballador e disciplinado.

 

Colabora habitualmente con Agaxede, especialmente na súa Carreira Alternativa, e tamén co COLEF (fíxose cargo dos dous últimos quencementos activos organizados polo Colexio). A súa vocación é a xestión deportiva e un dos seus referentes o tamén colexiado Eduardo Blanco. Podes ler toda a conversa aquí

 
PRESENTACION DE MELLORAS SRC 2019-2020

Un ano máis, dispoñémonos a mellorar as condicións do SRC (2019-2020) coa axuda das vosas achegas. Abrimos un prazo para que poidades facernos chegar todas aquelas melloras que consideredes oportunas co fin de poder valoralas e engadilas, se procede, na proposta que este ano presentará o Consejo-Colef aseguradora.

                                                                                           

• Finalización do prazo: mércores 6 de febreiro de 2019, 23:59 h.

• Enviar a: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla

 
OPOSICIONS GALICIA 2019

A Consellería de Educación convoca 2064 prazas para o 2019,  das cales 40 prazas son para o Corpo de profesores de ensino secundario, na especialidade de Educación Física  +información

 
LISTAXE DE MEDIADORES NA GUIA DE PERITOS XUDICIAIS (17/01/2019)

Na Guía de Peritos Xudiciais deste ano inclúese ademais unha listaxe de mediadores que terán que estar acreditados coa alta no Rexistro de Mediadores dependente do Ministerio de Xustiza. As persoas interesadas en aparecer na devandita guía terán que se poñer en contacto co COLEF Galicia ( Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla ), que lles remitirá un documento para cubrir cunha serie de datos, aos que terán que xuntar a acreditación. O prazo remata o 23 de xaneiro.

 
COLABORACION DO COLEF NA CARREIRA POPULAR SAN XIAO
 

 

 O domingo 13 estivemos en Ferrol para colaborar co Concello de Ferrol na 36ª edición da Carreira Popular San Xiao. O noso xerente, Diego Vilas, estivo informando no stand do COLEF Galicia e o colexiado Daniel Peral encargouse de realizar un quecemento activo para os e as participantes e dando unha serie de recomendacións para despois da proba, de 10.000 metros e que percorreu o centro de Ferrol. Como vedes na imaxe, tamén atendimos aos máis pequenos, para que saiban como facer deporte sen risco de lesións. Podedes ver un pequeno vídeo do adestramento aquí .

 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Final >>






¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
EMPRESAS COLABORADORAS
 
 
 
ENTIDADES COLABORADORAS
 
 
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg