Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
EF NA RÚA 2018
O COLEXIO
COLEXIARSE
EMPREGO
CONTRATACIÓN
FORMACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
DEFENSA
REGULACIÓN
ASEMBLEAS
ELECCIONS 2018
LEIS & CONSULTAS
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
PORTELO UNICO
CONVERSA CON ROBERTO RAMOS

Roberto Ramos é o director xeral do grupo Serviocio/Beone, referente no sector das instalacións deportivas que vén de cumprir 25 anos no mercado. Con este motivo falamos con el da responsabilidade que supón xestionar unhas instalacións que dan servizo a máis de 168.000 clientes ao mes e do futuro do sector, no que veñen para quedarse os "ximnasios boutique" e que enfronta unha serie de procesos de concentración nos que Serviocio ten intención de ser parte activa. As instalacións actuáticas como elemento diferenciador da súa marca, a necesidade de manter unha formación continuada e a importancia da regulación para defender a profesión do deporte son outros dos temas que abordamos na conversa

 
RENDA 2017

Coa nova campaña da renda do 2017, que comezou no mes de abril de 2018, recordármoslle que poden solicitar un certificado de colexiación (factura) da súa cuota de 2017.

Queremos aclarar que segundo indica que la Lei 35/2006 e o RD 439/2007 os gastos de serán deducibles nos casos de colexiación obrigatoria, é dicir, para todos aqueles que traballan en empresas, entidades non estatais ou por conta propia: “… cuando la colegiación tenga carácter obligatorio para el desempeño del trabajo …”.

Aqueles non afectados por esta situación, baixo a súa responsabilidade, poden incluir este gasto deducible.

A cuota é un gasto deducible na casilla 014

Data límite de presentación: 4 de abril ao 2 de xullo de 2018.

 
DIA DO DEPORTE SOLIDARIO

Os precolexiados Rebeca Otero e Daniel Peral están hoxe (9 de xuño) no stand do COLEF Galicia en Área Central (Santiago) para colaborar no Día do Deporte Solidario e vos informar de todas as dúbidas que teñades e aconsellarvos en relación coa práctica deportiva. Estes dous voluntarios realizan tamén obradoiros de valoración dinanométrica.

Non deixedes de pasar por alí! A xornada, ademais de divertida, ten como obxectivo recadar fondos para a Asociación Compostelana de Esclerose Múltiple. Esta cuarta edición do Día do Deporte Solidario organízase coincidindo co 25º aniversario de Área Central.

 
CONTRATACION PERSOAL TECNICO-DEPORTIVO 2018: DEPUTACION A CORUNA

A Deputación da Coruña ven de publicar no BOP de 5 de xuño a concesión definitiva de subvención para a contratación de persoal técnico-deportivo durante o ano 2018 por unha contía de 979. 925,40 €. O COLEF Galicia vaise por en contacto con cada un dos concellos para recordarlle a obriga de publicar as bases de contratación coa referencia á titulación deportiva oficial de Licenciado/Graduado en CCAFD.

A Baña, A Capela, A Laracha, Pobra do Caramiñal, As Pontes, As Somozas, Abegondo, Ames, Aranga, Ares, Arteixo, Betanzos, Boimorto, Boiro, Boqueixón, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Camariñas, Cambre, Carballo, Cariño, Carnota, Carral, Cedeira, Cee, Cerceda, Corcubión, Culleredo, Curtis, Dodro, Dumbría, Ferrol, Fisterra, Frades, Irixoa, Laxe, Lousame, Malpica, Mañón, Mazaricos, Melide, Mesía, Moeche, Monfero, Mugardos, Muros, Muxía, Neda, Oleiros, Ordes, Oroso, Ortigueira, Outes, Paderne, Padrón, Ponteceso, Pontedeume, Porto do Son, Rianxo, Riveira, Rois, Sada, San Sadurniño, Santa Comba, Santiso, Sobrado dos Monxes, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Valdoviño, Vedra, Vilarmaior, Vimianzo, Zas, O Pino.

        
 
TRABALLO MULTIDISCIPLINAR CONTRA A DOR DE COSTAS

Os educadores físicos forman parte dos equipos multidisciplinares que participan na campaña contra a dor de costas que organiza o Consejo General de Colegiosos documentos deste proxecto, que ten tres partes: formación para os farmacéuticos, información á poboación en xeral e unha enquisa á sociedade. 

 

Entre as recomendacións que se fan para evitar ou mitigar a dor de costas está a práctica de exercicio físico supervisada por un profesional da Educación Física.

PÓDESE CONSULTAR TODA A INFORMACIÓN SOBRE A CAMPAÑA AQUÍ

                                                                       
 
VOLUNTARIOS DIA DEPORTE SOLIDARIO - SANTIAGO

O COLEF Galicia ven de recibir invitación para participar nos actos do 4º Día do Deporte Solidario organizado en Área Central de Santiago o día 9 de xuño, co obxectivo fundamental de axudar á Asociación Compostelana de Esclerosis Múltiple.

Precisamos 2 voluntarios/as que desexen colaborar no obradoiro de valoración dinamométrica, consello sobre actividade física e divulgación profesional que temos previsto realizar.

O COLEF Galicia correrá cos gastos de desprazamento e manutención, e emitirá un certificado da colaboración.

INSCRÍBETE ATA O 5 DE XUÑO AQUÍ

                                                                       
 
CONVERSAS CON...ANDRES DIAZ (MAIO 2018)

Andrés Manuel Díaz Díaz ten un palmarés envexable na súa traxectoria como atleta e continúa a facer xirar a súa vida arredor do deporte. Titulado en Ciencias do Deporte, é un dos promotores de Geysa, un centro formado por un equipo multidisciplinar que ofrece adestramento personalizado, entre outros servizos. Pero ademais dá a coñecer a súa experiencia no campo da competición en conferencias por toda a xeografía e colabora en numerosas causas solidarias. Andrés Díaz defende a unión da profesión para reclamar unha regulación co obxectivo, sobre todo, de garantir a saúde e seguridade dos usuarios dos servizos deportivos. Acceder a conversa

 
35 ANIVERSARIO DO COLEF Galicia

O 25 de maio de 1983 o COLEF Galicia comezaba a súa traxectoria como colectivo de profesores de educación física. Desde aquela teñen mudado as cousas, e a corporación segue a loitar polos intereses dos profesionais, que foron multiplicando os seus ámbitos laborais. Noraboa a todos e todas os que  representáchedes e á entidade no pasado e o facedes no presente.

                                                                       
 
 

¿SABES QUE SE ANIMAS A COLEXIARSE A UN NOVO COMPAÑEIRO/A TES 25% de DESCONTO NA TÚA COTA COLEXIAL ANUAL? Podes solicitalo aquí

 

 
CURSO VERAN USC - ORGANIZACION ENTIDADES DEPORTIVAS

O COLEF Galicia colabora coas Primeiras Xornadas sobre Organización e Xestión de Entidades Deportivas, coa participación dos colexiados David Fabeiro, Leonor Gallardo e Óscar Hermida.

A matrícula está aberta ata o 15 de xuño e o curso desenvolverase en As Pontes de García Rodríguez do 29 de xuño ao 1 de xullo. Máis información en www.usc.es/cultura/veran - www.fundacionuscdeportiva.org 

                                                                       
 
PRESENTACION EN BASTIAGUEIRO (09/05/2018)
                

Estivemos compartindo unha presentación do colexio e a profesión co alumnado de 3º e 4º do Grado de CCAFD da Facultade de Bastiagueiro, e deixamos colocado de xeito permanente un novo roll-up na entrada da Facultade, para que os novos estudantes e a cidadanía en xeral poidan visibilizarnos mellor.                                                                        

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Final >>






¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
ENTIDADES COLABORADORAS
 
 
 
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg