Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
EF NA RÚA
ASEMBLEAS
CONSULTAS
COLEXIARSE
O COLEXIO
EMPREGO
CONTRATACIÓN
FORMACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
DEFENSA
REGULACIÓN
LEXISLACIÓN
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
EDUCACION FISICA DE CALIDADE (05/05/2017)
 

Posicionamento do colectivo do área de Educación Física sobre as melloras para unha Educación Física de Calidade en España

 

 
JAVIER RICO DIAZ, ASESOR NO CONSEJO SUPERIOR DE DEPORTES
 


Desde o COLEF Galicia queremos enviar os nosos parabéns ao noso colexiado Javier Rico Díaz, que vén de ser nomeado asesor no equipo directivo do Consejo Superior de Deportes.

Moitos éxitos, compañeiro!

 
PRECAUCIONS ANTES DO RUNNING

O COLEF Galicia quere chamar a atención sobre a necesidade de se preparar con profesionais cualificados antes de practicar un deporte que cada vez ten máis seguedores: o "running". Os titulados en CCAFD e colexiados son as persoas adecuadas para deseñar os plans de adestramento previos ou para realizar as probas de esforzo que poden detectar se hai algún tipo de problema con este exercicio. Segundo un estudo da Sociedad Española de Medicina Deportiva, case un 62% dos "runners" recoñece lesións ou problemas de saúde derivados da súa práctica, polo que é necesario tomar as precaucións para evitalos. +info

 
NOVO CARNE DIXITAL (26/04/2017)

O COLEF Galicia ven de comezar o envío a tódolos colexiados exercentes e non exercentes as claves para acceder ao seu novo carné dixital, co que poderán identificarse para calquer trámite, e que substitúe ao anterior en formato de tarxeta impresa. A súa validez será anual, e renovarase automáticamente mentres se manteña a pertenza á entidade.

 

 
 
XUNTANZA POLA REGULACION PROFESIONAL (02/05/2017)

Arredor desta mesa trabállase pola #regulaciónprofesional. Hoxe sentáronse a achegar opinións sobre o tema a Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta, Marta Míguez; o Presidente do Consejo COLEF, Vicente Gambau; o do COLEF Galicia, Henrique Xoán Rodríguez Pantín e o novo asesor de Deporte Escolar da Secretaría Xeral para o Deporte Pablo A. Pía.

Avanzaremos nesta liña de colaboración para debatir propostas sobre como avanzar na regulación porque, ademais do mesmo obxectivo, todos os reunidos teñen algo en común: son colexiados. 

 
CONVERSAS CON...RUBEN PEREZ CABANAS (02/05/ 2017)

Rubén Pérez Cabanas é adestrador persoal na Coruña, pero traballa ademais nun proxecto que ten por obxectivo mellorar a calidade de vida e a integración dos nenos e nenas con enfermidades raras a través da Educación Física.

Aínda que esta investigación desenvólvese en colaboración coa Universidade das Illas Baleares, os seus resultados son válidos tamén para o resto de Comunidades. No recente Congreso sobre Ciencias da Saúde e Deporte celebrado en Pontevedra aportou algunhas chaves para traballar con alumnos que teñen estas doenzas, entre elas a comunidade virtual EDMODO, adicada ás enfermidades raras e minoritarias.  

Acceder á conversa

 
DIA DA EF NA RUA (25 DE ABRIL DE 2017)

Máis de 2.000 alumnos de toda Galicia e uns 800 só en Santiago participaron esta mañá nas actividades organizadas en diferentes localidades para celebrar o Día da Educación Física na Rúa. Os profesores sacaron ás prazas e espazos públicos as súas clases para dar a coñecer o seu traballo e reclamar máis carga lectiva. O Consejo COLEF coordinou unha iniciativa na que participaron case 300 centros e máis de 33.000 alumnos de toda España. O COLEF Galicia quere agradecer especialmente aos seus colexiados Pablo Alén, Luis Carlos Parada, Domingo Sampedro, Lucas Vilaboa e Nuria Fernández a súa implicación para dar visibilidade á Educación Física.

 

 


 

 
CONVERSAS CON...PABLO ALEN FEAL (19/04/2017)

Pablo Alén Feal é profesor do ciclo de TAFAD no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela e o principal impulsor da celebración do Día da Educación Física na Rúa nesta cidade. Dos máis de 1.500 alumnos de 16 centros que participarán na iniciativa en toda Galicia, uns 500 xuntaranse o día 25 de abril na praza da Quintana para facer visible, a través de diferentes actividades, a importancia das clases de Educación Física. Bailes de salón, abdominais hipopresivos, mannequín challenge e reanimacións cardio pulmonares son só algunhas das cousas que compartirán os participantes coa poboación en xeral para reivindicar unha maior carga lectiva nesta materia. Acceder á conversa

Outros colexiados que participan nesta iniciativa no resto de Galicia son Domingo Sampedro, do IES Fernando Blanco de Cee; Luis Carlos Parada, do IES Río Cabe de Monforte e Nuria Fernández Valencia, do IES As Lagoas, de Ourense. 

 
EMPREGO PUBLICO

Convovados procedementos selectivos, mediante o sistema de concurso-oposición, para cubrir 540 prazas no corpo de profesores de ensino secundario, das que 20 serán de Educación Física; e 400 no corpo de mestres, con 35 de Educación Física, no ámbito de xestión da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día 18 de abril e rematará o 9 de maio de 2017. DOG Luns, 17 de Abril de 2017

 
RECURSO CONTRA O CONCELLO DE MOANA (11/04/2017)

O COLEF Galicia vén de presentar un recurso contra as bases do proceso selectivo para a contratación laboral temporal dunha persoa para o posto de coordinador/a cultural e deportiva para o Concello de Moaña, publicado no BOPPO Nº54, de 17/03/2017.

 

A Corporación colexial reclama que se solicite unha titulación oficial e axeitada á praza, e non que se poida acceder co Bacharelato ou outra formación deportiva non afín. 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Final >>






¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
ENTIDADES COLABORADORAS
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg