ACTUALIDADE
CONSULTAS FRECUENTES
O COLEXIO PROFESIONAL
COLEXIATE!
DEFENSA DA PROFESIÓN
EMPREGO
FORMACIÓN
LEI DO DEPORTE DE GALICIA
MÁIS INFORMACIÓN
MÁIS SERVIZOS
PUBLICACIÓNS
REGULACIÓN PROFESIONAL
ANÚNCIATE!
CONTACTO
XORNADAS SOBRE A ORGANIZACIÓN DE EVENTOS DEPORTIVOS EN OURENSE (12/03/13)

A Universidade de Vigo organiza para os días 22 e 23 de marzo, e 5 e 6 de abril as "Xornadas sobre Organización e desenvolvemento de eventos deportivos" en Ourense, nas cales os responsables de destacadas citas deportivas expoñerán as claves do éxito das mesmas.

 Máis información

 
PARALIZADO O "CURSO DE MONITOR DE XIMNASIO POLIVALENTE" NA UVIGO (11/03/13)

A Universidade de Vigo acordou paralizar de xeito inmediato o acordo de colaboración coa Federación Galega de Ximnasia, a expensas das denuncias realizadas polo COLEF Galicia e a Delegación de Alumnos da Facultade de Educación e do Deporte de Pontevedra, en relación ao curso de monitor de ximnasio polivalente cuxa realización estaba prevista nas instalacións do CDU Vigo.

O Colexio felicita e agradece a resposta da Universidade, que tamén expresou a súas desculpas polos prexuizos que puidera ter ocasionado.

 
ANDALUCÍA INICIA O PROCESO DE REGULACIÓN DAS PROFESIÓNS DO DEPORTE (09/11/13)

O Consello de Goberno da "Junta de Andalucía" acordou a pasada semana iniciar a tramitación do Anteproxecto de Lei do Deporte, que inclurá a regulación de catro das profesións do deporte.

Así, co obxectivo de garantir a saúde e a seguridade dos consumidores e usuarios de servizos deportivos, fixaranse os requisitos académicos e o ámbito funcional das profesións de profesor de EF, director deportivo, adestrador deportivo, e monitor deportivo.

 Máis información

 
CAMPAÑA DE PRECOLEXIACIÓN NA FACULTADE DE PONTEVEDRA (07/03/12)

O vindeiro luns 11 de marzo desenvolveremos unha campaña de precolexiación na Facultade de CC. da Educación e do Deporte de Pontevedra, coa colaboración da súa Delegación de Alumnos e das alumnas da UDC que están a realizar o seu Practicum no COLEF Galicia.

Montarase unha mesa informativa na entrada da facultade, e de 10:00 a 13:00 horas  o salón de actos acollerá senllas comunicacións do Presidente do COLEF Galicia e do representante de ANECAFYDE, así coma unha mesa de debate sobre "Regulación e saídas profesionais".

 
OPOSICIÓNS: EDUCACIÓN PUBLICA A OFERTA DE EMPREGO 2013 (05/03/13)

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de publicar no DOG o Decreto 39/2013 polo que se aproba a oferta de emprego público para os seus corpos docentes.

Dita oferta limítase ao Corpo de mestres (200 prazas, ningunha de EF segundo os datos da mesa sectorial), e ao de Inspectores de Educación (22), reservando unha cota do 7% para persoas con discapacidade.

ImageDecreto DOG

 
O CONSELLO XERAL CELEBRA O SEU PLENO ORDINARIO EN MADRID (01/03/13)

Os vindeiros días 9 e 10 de marzo celébrase en Madrid o 80º Pleno ordinario do Consello Xeral de COLEF e CAFD, órgano rector da corporación que reúne anualmente aos representantes dos diferentes colexios autonómicos.

Trátase do primeiro Pleno convocado pola actual Comisión Permanente no que, ademais dos puntos obrigatorios da orde do día (acta, memoria, contas, orzamento...), presentarán para a súa aprobación varias iniciativas novidosas.

 
CONSTITUÍDO O FORO PROFESIONAL DAS CIENCIAS DO DEPORTE (28/02/13)

O pasado 25 de febreiro asinouse o convenio de constitución deste Foro por parte de ANECAFYDE, a Asociación Española de Ciencias do Deporte, a Conferencia Nacional de Institutos e Facultades de CAFD, e o Consello Xeral de COLEF e CAFD.

Este novo órgano créase coa finalidade de tratar cuestións profesinais de interese común nas Ciencias do Deporte, e canalizar as actuacións que se acorden en consecuencia.

 Máis información

 
UEM: NOVA CONVOCATORIA DE MESTRE EN EF PARA TITULADOS EN CAFD (26/02/13)

A Universidade Europea de Madrid oferta unha nova convocatoria para a obtención da Diplomatura de Mestre en EF, dirixida a titulados en CC. da Actividade Física e do Deporte. O programa é compatible coa actividade profesional e, grazas ao convenio asinado, os membros do COLEF Galicia contan con interesantes descontos sobre a docencia.

Infórmate: 607 485 104 (Beatriz González) - Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla

ImageOferta COLEF Galicia     Programación

 
PROXECTO "APRENDE CO MAR, NAVEGA CONNOSCO" (25/02/13)

O Centro Náutico Municipal de Outes (O Freixo) oferta esta actividade consistente nunha xornada de navegación orientada a presentar o "recurso mar" como espazo no que deseñar accións para a promoción da actividade física, os estilos de vida saudables, e o respecto polo medio ambiente.

O COLEF Galicia colabora na difusión do proxecto, cuxo director é Alejandro Pombo, Colexiado 11.561 e responsable da instalación náutica.

ImageMáis información

 
CONVOCADOS OS PREMIOS DO DEPORTE GALEGO 2012 (25/02/13)

A Consellería de Presidencia publicou no DOG a Resolución, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se convocan os Premios do Deporte Galego do ano 2012.

O prazo para a presentación de candidaturas estenderase ata o día 28 de febreiro.

ImageResolución DOG

 
PRESENTADA A GUÍA DE PERITOS XUDICIAIS 2013 (22/02/13)

A Guía de peritos xudiciais 2013, editada pola Unión Profesional de Galicia coa participación do COLEF Galicia, foi presentada onte en Santiago de Compostela.

A publicación ofrece información  de contacto de máis de 1.500 peritos xudiciais, entre os cales podemos atopar os 16 pertencentes ao noso Colexio, e será distribuída para a súa utilización na totalidade dos xugados da comunidade.

 Máis información         Peritos COLEF Galicia

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Final >>






¿Recuperar clave?
 
CONVENIOS
ENTIDADES PARTICIPADAS
ENTIDADES COLABORADORAS
 
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg