Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
ELECCIONS 2019
EF NA RÚA 2019
O COLEXIO
COLEXIARSE
EMPREGO
CONTRATACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
REGULACION
VISIBILIDADE
ASEMBLEAS
ELECCIONS
LEIS & CONSULTAS
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
PORTELO UNICO
XXXIII MEMORIAL ADOLFO ROS "VOLTA A RIA"

O COLEF Galicia vai colaborar realizando un quecemento activo e dando recomendacións para a recuperación na XXXIII edición da media maratón MEMORIAL ADOLFO ROS “Volta a Ría” o vindeiro 2 de decembro. Evento  organizado polo Departamento Municipal de Deportes de Ferrol. +información

Se queres participar como colaborador/a, podes inscribirte na seguinte ligazón, ata o día 26 de novembro. O COLEF Galicia facilitarache a VESTIMENTA corporativa, as DIETAS* correspondentes (ALOMENOS desprazamento e xantar), e un CERTIFICADO de colaboración.

*Valorarase unha posible compensación económica

Asemade, doutros eventos, o COLEF Galicia conta con datos que poderían ser válidos para o teu TFG ou TFM. Se estás interesado en traballar con eles, no mesmo formulario de participación podes indicalo.

 
DIEGO VILAS CASAL, NOVO XERENTE INTERINO DO COLEF GALICIA

Diego Vilas Casal é o novo xerente interino do COLEF Galicia. Graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte pola UDC e titulado tamén en Maxisterio (Educación Física), pon agora a súa ampla experiencia en diferentes ramas da profesión ao servizo do Colexio. Do seu posto espera aprender e axudar moito, e ser un bo representante dos colexiados e colexiadas.

Na súa opinión a mellor forma de reivindicar a profesión e de loitar contra o intrusismo é ter un número de colexiado: "é a mellor carta de presentación", di. Para saber máis preme aquí

 
GUIA DE PERITOS XUDICIAIS 2019 (08/11/2018)

Se queres participar na "Guía de peritos xudiciais de Galicia 2019" da Unión Profesional de Galicia, onde están representados os profesionais do deporte a través do COLEF Galicia, podes facelo enviando unha autorización asinada antes do 28 de novembro o enderezo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla Se xa o tes feito doutros anos, non é necesario a non ser que queiras modificar os teus datos. 

 

 
RESOLUCION DA CONVOCATORIA DE XERENCIA INTERINA


Conforme o establecido na convocatoria de 15 de outubro e realizadas as entrevistas correspondentes, o órgano de selección resolveu propoñer a contratación de Diego Vilas Casal, colexiado 56.399, como Xerente interino do COLEF Galicia.

 

 
XXIII CARREIRA ALTERNATIVA DE AGAXEDE

A Asociación de Xestores Deportivos de Galicia (Agaxede) organiza o vindeiro domingo, día 11 de novembro na Coruña a XXIII Carreira Alternativa, unha iniciativa que serve tamén de apoio á celebración do Día Mundial contra a Obesidade. A organización fixo cambios no percorrido pola prevision meteorolóxica adversa, pero animou á participación e a non quedar na casa aínda que chova. Será Fernando Romay o responsable de dar a saída ás 11.00 horas desde a praza de María Pita. Coincidindo coa carreira, Agaxede realizará unha auditoría de seguridade da actividade contando para este fin con José Luis Gómez Calvo, un dos más importantes expertos en seguridade de eventos de toda Europa. O auditor encargarase de identificar os posibles riscos para tomar medidas de prevención que consigan reducilos ou mesmo eliminalos. Para saber máis sobre os sorteos e actividades complementarias, preme aquí

 
JUAN BALEATO: PRACTICAR EXERCICIO ACABA ENGANCHANDO


Juan Baleato Pérez é un dos nosos emprendedores colexiados. Vén de poñer en marcha unha web (entrena.fitness ) que ofrece servizos de adestramento persoal. O proxecto desenvólvese a través dunha iniciativa de crowdfunding e por cada servizo que se contrate doarase un euro para a Asociación Española de Lucha contra el Cáncer. Preocupado pola incidencia que os estilos de vida pouco saudables teñen na aparición de enfermidades, anima á xente a practicar exercicio: "acaba enganchando", sostén. A entrevista completa pódese ler  aquí  

 
XORNADAS PARLAMENTARIAS 23/10/2018

"PROPOSTAS PARA UN NOVO MARCO XURÍDICO DO DEPORTE". O vindeiro luns 29 de outubro entre as 9:30 e as 14:00 horas celebrase na Sala Clara Campoamor do Congreso dos Diputados unha Xornada Parlamentaria: "DEPORTISTA E O SEU ENTORNO". Programa

  

 
CONVOCATORIA CONTRATACION INTERINA DUN/HA XERENTE (15/10/2018)

O COLEF Galicia publica a convocatoria para a contratación interina dun/ha xerente. As persoas que desexen participar no proceso selectivo deberán enviar a súa candidatura enviando a documentación solicitada a colef@colefgalicia.com

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 25 de outubro de 2018 (incluído)

Podes acceder a toda a información da convocatoria


 
EXITO DA CARPA DO COLEF NA FESTA DO DEPORTE DE SANTIAGO


Máis de 200 persoas, entre adultos e escolares, pasaron o venres e o sábado pola carpa instalada polo COLEF Galicia na Festa do Deporte de Santiago, que celebrou a súa segunda ediciónAlí puideron comprobar a súa forza en relación cos parámetros establecidos a través dos obradoiros de dinamometría que se levaron a cabo. A festa desenvolveuse en dúas localizacións, no Parque de Galeras e na Praza Roxa, e os auténticos protagonistas foron os escolares, aínda que houbo moita participación de xente de todas as idades.

A actividade incluiuse nos actos de celebración da 4ª edición da Semana Europea do Deporte, mediante a cal a Comisión Europea anima a todas as persoas da Unión á práctica do deporte e a actividade física baixo o lema #BEACTIVE. No caso do Concello de Santiago tratábase de visibilizar a gran variedade de deportes, dando especial protagonismo aos minoritarios e ao deporte adaptado.

 
SEMANA EUROPEA DO DEPORTE 2018

Este ano celebrarase a 4ª edición da Semana Europea do Deporte, mediante a cal a Comisión Europea anima a todas as persoas da Unión á práctica do deporte e a actividade física baixo o lema # BEACTIVE. A Semana Europea do Deporte terá lugar en todos os países da Unión desde o 23 ao 30 de setembro de 2018. Son moitas as entidades públicas e privadas que se suman á celebración da Semana Europea do Deporte. Animádevos a organizar eventos  e a colgalos na plataforma de inscrición de eventos nesta ligazón. O COLEF Galicia estará nos actos en Santiago os días 28 e 29 de setembro.

 
O BOE PUBLICA AS COMPETENCIAS DO GRAO EN CCAFDE E ESTABLECE QUE NON SE PODE IMPARTIR A DISTANCIA

 ACCEDE AO BOE

 

O Boletín Oficial do Estado vén de publicar o día 18 a resolución do Consejo de Universidades sobre as competencias do grao de Ciencias da Actividade Física e o Deporte, especificando que esta formación non se pode impartir a distancia. O dictame atende a reclamación presentada por diferentes organismos, entre eles o Consejo COLEF, en relación con dous títulos superiores de Formación Profesional na familia de actividades físico deportivas que invadían competencias dos titulados universitarios. Agora queda establecido que os campos de actuación do grao son:                                                                                                               

  • Intervención educativa
  • Prevención, adaptación e mellora do rendemento físico-deportivo e a saúde mediante a condición física e o exercicio físico
  • Promoción de hábitos saudables e autónomos mediante a actividade física e o deporte
  • Intervención mediate as manifestacións do movemento humano
  • Planificación, evaluación e dirección-organización dos recursos e a actividade física e o deporte
  • Método e evidencia científica na práctica deportiva
  • Desempeño, deontoloxía e exercicio profesional no contexto das intervencións

 

O Consejo COLEF lamenta, porén, que esta resolución non sexa tamén o primeiro paso cara á ordenación profesional estatal, unha demanda pola que o organismo continuará loitando.

 


 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Final >>






¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
EMPRESAS COLABORADORAS
 
 
 
ENTIDADES COLABORADORAS
 
 
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg