Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
EF NA RÚA 2019
ELECCIONS 2019
O COLEXIO
COLEXIARSE
EMPREGO
CONTRATACIÓN
FORMACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
REGULACIÓN
ASEMBLEAS
ELECCIONS
LEIS & CONSULTAS
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
PORTELO UNICO
EVENTOS: FIF 2018

 

O 6 de outubro celébrase na Coruña un evento singular, o FIVE INSPIRATION FORUM, enfocado ao desenvolvemento profesional, xestión de equipos, proxectos e organizacións, que contará entre outros coa presenza de Daniel Goleman, experto en intelixencia emocional de recoñecido prestixio mundial. A organización fai un desconto do 8% a todos os colexiados/as. Se estades interesados tedes máis información aquí.

 
OBRIGA DE EXPOSICION DO NOME E TITULACION EN INSTALACIONS DEPORTIVAS (11/07/2018)

 

Aclaración á obriga de ter a exposición pública o nome e titulación dos profesionais que traballan nunha instalación deportiva en Galicia.

 

Ben sexa unha instalación pública ou privada, de xestión directa, indirecta ou con cesión a entidades diferentes ao titular da instalación, a Lei 3/2012, de 2 de abril, do Deporte de Galicia non fai distincións entre público/privado ou xornada completa/parcial nin menciona ningunha excepción, polo tanto afecta a todas as persoas que presten servizos profesionais nos niveis de dirección, ensino ou animación

 

Os titulares das instalacións son os responsables de dispor dun espazo e publicar ou facer publicar a información do artigo 83.4 da Lei 3/2012 en lugar visible. Será a Administración Autonómica a que esixa o seu cumprimento.

 

 
PROGRAMA DE PRACTICAS GALEUROPA

Os alumnos de CCAFD, precolexiados e colexiados máis novos poden ter unha boa oportunidade de completar a súa formación participando no programa Galeuropa, no que colabora a asociación Amigos da Terra. Trátase dun proxecto de mobilidade transnacional xuvenil -está pensado para menores de 30 anos- que ofrece a posibilidade de inserción laboral, completar a competencia profesional e persoal, practicar idiomas estranxeiros e fomentar a autonomía persoal. O programa concede axudas para realizar prácticas non retribuídas en empresas e institucións públicas e privadas de países europeos. Pódese obter máis información

 
ANALISE DO DIA DA EF NA RUA EN GALICIA

O colexiado Roberto Silva, é o autor dunha análise da última edición do Día da Educación Física na Rúa en Galicia publicada na Revista Española da Educación Física (descargar). A cita obtivo un elevado grao de satisfacción para alumnos, profesores e colexios,  pero cun importante desequilibrio territorial. Así, a provincia da Coruña foi a máis participativa, un factor que haberá que tentar corrixir. Este traballo pon de manifesto que esta ferramenta ten cada vez máis utilidade tanto no aspecto educativo como no reivindicativo e propón a súa inclusión no calendario escolar autonómico.

 
EVENTOS: BALLET DE MOSCU

Os colexiados/as do COLEF Galicia teñen a oportunidade de ver ao Ballet de Moscú nas súas vindeiras actuacións en Pontevedra, Vigo e Santiago cun desconto que lles permitirá conseguir ata catro entradas por un prezo de 20 euros cada unha (15 € menos que o seu custo normal). As persoas interesadas deberán realizar a compra ata o 22 de xuño a través de www.ataquilla.com aplicando os códigos promocionais que figuran nos carteis. O Ballet de Moscú levará o seu espectáculo "Don Quijote"  ao auditorio de Afundación en Pontevedra o día 6 de xullo, e ao teatro Afundación de Vigo ao día seguinte. No auditorio de Abanca en Santiago representará "O lago dos cisnes" o 8 de xullo.

 
CELEBRACION DA SEMANA EUROPEA DO DEPORTE 2018

A Comisión Europea celebrará entre o 23 e o 30 de setembro a 4ª edición da Semana Europea do Deporte (SED), co obxectivo de promover a través de diferentes iniciativas o deporte e a actividade física en toda Europa. En España, é o Consejo Superior de Deportes o encargado da coordinación dun programa que se desenvolve co selo oficial #beactive. Para facer un seguemento establécese unha plataforma de rexistro para inscribir os eventos deportivos. Ademais, convócanse tres categorías de premios #Beactive, ao mellor centro educativo, ao heroe local e ao mellor lugar para traballar desde o punto de vista das iniciativas para mellorar a actividade física. Cada modalidade está dotada con 5.000 € e as candidaturas pódense enviar a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla ata o 15 de xullo. + info aquí.

 
TODO SOBRE A FORMACION UNIVERSITARIA CCAFYDE

As persoas interesadas en obter  títulos oficiais con validez académica de nivel universitario relacionados cos estudos de Ciencias a Actividade Física e o Deporte xa teñen un espazo onde coñecer toda a oferta. O Consejo COLEF ven de implementar un novo apartado informativo denominado FORMACIÓN UNIVERSITARIA CCAFYDE, que pretende facilitar a busca de información relacionada cos graos, mestrados e doutorados, así como os congresos e eventos sobre o deporte que se convocan. 

 
CONVERSA CON ROBERTO RAMOS

Roberto Ramos é o director xeral do grupo Serviocio/Beone, referente no sector das instalacións deportivas que vén de cumprir 25 anos no mercado. Con este motivo falamos con el da responsabilidade que supón xestionar unhas instalacións que dan servizo a máis de 168.000 clientes ao mes e do futuro do sector, no que veñen para quedarse os "ximnasios boutique" e que enfronta unha serie de procesos de concentración nos que Serviocio ten intención de ser parte activa. As instalacións actuáticas como elemento diferenciador da súa marca, a necesidade de manter unha formación continuada e a importancia da regulación para defender a profesión do deporte son outros dos temas que abordamos na conversa

 
RENDA 2017

Coa nova campaña da renda do 2017, que comezou no mes de abril de 2018, recordármoslle que poden solicitar un certificado de colexiación (factura) da súa cuota de 2017.

Queremos aclarar que segundo indica que la Lei 35/2006 e o RD 439/2007 os gastos de serán deducibles nos casos de colexiación obrigatoria, é dicir, para todos aqueles que traballan en empresas, entidades non estatais ou por conta propia: “… cuando la colegiación tenga carácter obligatorio para el desempeño del trabajo …”.

Aqueles non afectados por esta situación, baixo a súa responsabilidade, poden incluir este gasto deducible.

A cuota é un gasto deducible na casilla 014

Data límite de presentación: 4 de abril ao 2 de xullo de 2018.

 
DIA DO DEPORTE SOLIDARIO

Os precolexiados Rebeca Otero e Daniel Peral están hoxe (9 de xuño) no stand do COLEF Galicia en Área Central (Santiago) para colaborar no Día do Deporte Solidario e vos informar de todas as dúbidas que teñades e aconsellarvos en relación coa práctica deportiva. Estes dous voluntarios realizan tamén obradoiros de valoración dinanométrica.

Non deixedes de pasar por alí! A xornada, ademais de divertida, ten como obxectivo recadar fondos para a Asociación Compostelana de Esclerose Múltiple. Esta cuarta edición do Día do Deporte Solidario organízase coincidindo co 25º aniversario de Área Central.

 
CONTRATACION PERSOAL TECNICO-DEPORTIVO 2018: DEPUTACION A CORUNA

A Deputación da Coruña ven de publicar no BOP de 5 de xuño a concesión definitiva de subvención para a contratación de persoal técnico-deportivo durante o ano 2018 por unha contía de 979. 925,40 €. O COLEF Galicia vaise por en contacto con cada un dos concellos para recordarlle a obriga de publicar as bases de contratación coa referencia á titulación deportiva oficial de Licenciado/Graduado en CCAFD.

A Baña, A Capela, A Laracha, Pobra do Caramiñal, As Pontes, As Somozas, Abegondo, Ames, Aranga, Ares, Arteixo, Betanzos, Boimorto, Boiro, Boqueixón, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Camariñas, Cambre, Carballo, Cariño, Carnota, Carral, Cedeira, Cee, Cerceda, Corcubión, Culleredo, Curtis, Dodro, Dumbría, Ferrol, Fisterra, Frades, Irixoa, Laxe, Lousame, Malpica, Mañón, Mazaricos, Melide, Mesía, Moeche, Monfero, Mugardos, Muros, Muxía, Neda, Oleiros, Ordes, Oroso, Ortigueira, Outes, Paderne, Padrón, Ponteceso, Pontedeume, Porto do Son, Rianxo, Riveira, Rois, Sada, San Sadurniño, Santa Comba, Santiso, Sobrado dos Monxes, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Valdoviño, Vedra, Vilarmaior, Vimianzo, Zas, O Pino.

        
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Final >>






¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
EMPRESAS COLABORADORAS
 
 
 
ENTIDADES COLABORADORAS
 
 
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg