Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
EF NA RÚA
ASEMBLEAS
CONSULTAS
COLEXIARSE
O COLEXIO
EMPREGO
CONTRATACIÓN
FORMACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
DEFENSA
REGULACIÓN
LEXISLACIÓN
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
NOVA PLATAFORMA DE COLEXIACION ONLINE

Esta semana comezará a funcionar unha nova versión da plataforma de colexiación online, á que o COLEF Galicia espera migrar todos os datos ao longo dos vindeiros días. Coa nova versión mellorarase a fiabilidade e o funcionamento interno. Aínda que a nosa organización ten un formulario de inscrición propio, os datos vólcanse despois a esta plataforma conxunta, que outros colexios usan directamente. Esa é a nosa intención tamén nun futuro próximo.

 
CONVERSAS CON... ALBERTO MOURINO: OUTUBRO 2016

Alberto Mouriño Cabaleiro partíu dunha formación deportiva para enfocar o seu traballo cara á saúde. Xunto cun fisioterapeuta é o responsable do Centro da Saúde e do Movemento de Lalín, onde cada día traballan para demostrar o importante que é o exercicio físico non só para tratar enfermidades senón tamén para a prevención.

Unha das preocupacións deste colexiado é o IVE que soportan as actividades físicas, o que supón, insiste, un atranco para a utilización do exercicio como forma de vida saudable.

Alberto destaca tamén que "cuidarse está de moda", pero advirte que a actividade física ten que ir máis alá dunha concepción estética para integrarse na saúde.

Accede a toda a conversa

 
COLABORACION COA FACULTADE DE PONTEVEDRA

O COLEF e a Delegación de Alumnos da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra reuníronse esta semana para avanzar na materialización dun acordo de colaboración anual entre ámbalas dúas institucións. Xurxo Pena e Roberto Silva, en representación do COLEF, entrevistáronse con Javier Prieto e Sergio Celada, da Delegación de Alumnos, para planificar cuestións relacionadas con asesoramento, saídas profesionais, cursos, visibilidade na Facultade, etc.

 
XXI CARREIRA ALTERNATIVA
 

Festa do deporte alternativo. Faina andando, correndo, en patíns, en cadeira de rodas....Saída e chegada na Praza de María Pita o vindeiro domingo 23 de outubro as 11:00 horas. Organizada por AGAXEDE, a favor das persoas con dano cerebral adquirido. +información  

 
ANDAINA SOLIDARIA APSOU

O vindeiro sábado 22 de outubro a Asociación de Personas Sordas de Ourense, realizará unha Andaina Solidaria organizada pola Delegada de Cultura. O punto de encontro será ás dez e media da mañá no Concello de Ourense. A partir de aí empezará a andaina pola casco antigo ata A Valenzá pola ruta do "Camiño Mollado". Serán un total de 10 km aproximadamente. +información 

 
IV ANDAINA SOLIDARIA DE IMPLICADAS NO DESENVOLVEMENTO POLA RIBEIRA SACRA

¿Queres pasar a fin de semana na Ribeira Sacra? Sábado 22 e domingo 23 de outubro. Anímate!

Implicadas/os No Desenvolvemento pon en marcha a súa IV Andaina solidaria "Dá o paso"

Anótate antes do 20 de outubro Mais información.

 
SELECCION DE COLABORADOR/A PARA O PROGRAMA FORMATIVO 2017 (07/10/2016)

O COLEF Galicia selecciona entre a colexiación un/ha colaborador/a voluntario para axudar no Programa Formativo do COLEF Galicia 2016-2017, participando no deseño e coordinación das súas actividades e recursos, xunto coa equipa de traballo. O COLEF Galicia compensará os gastos de desprazamento, dietas, e reunións. Prazo: ata 28/10/2016.

 
CONVOCATORIA DE ESTUDO SOBRE PROFESIONAIS DO DEPORTE NOS CONCELLOS (05/10/2016)

O COLEF Galicia solicita a presentación de propostas para a realización dun estudo sobre os perfil dos técnicos deportivos municipais, que alcance aos 313 concellos galegos. Prazo de presentación das proposicións ata o 28 de outubro.

 

 
NOVO CONVENIO DE ASESORIA XURIDICA (05/10/2016)

Vense de asinar o novo convenio de colaboración entre COLEF Galicia e Rivas & Montero Bufete de Abogados, despacho especializado na prestación de servizos de asesoría e asistencia xurídica, e de maneira especial en casos referentes á defensa profesional.

Para todos os colexiados, recordar que a primeira consulta xurídica é gratuita, e aquelas outras actuacións que se realicen no exercicio da defensa xurídica terán un desconto do 30% a aplicar aos honorarios do despacho.

 
XORNADA A SAUDE EN TODAS AS POLITICAS (04/10/16)

A xornada "A saúde en todas as políticas" reuniu en Santiago un destacado plantel de expertos e moito público interesado en debatir sobre como actuar nos diferentes ámbitos para mellorar a saúde da poboación. O deporte estivo moi presente. O noso colexiado Marcos Docampo contou a súa experiencia como técnico municipal en Arteixo e varios profesionais da sanidade defenderon tamén a importancia do deporte e a actividade física en relación coa saúde.

 
REUNION DO CONSEJO COLEF (29/09/16)

O presidente do COLEF Galicia, Henrique Xoán Rodríguez Pantín, estará esta fin de semana en Madrid para participar nunha reunión do Consejo Colef co resto de presidentes autonómicos.

No encontro trataranse moitos dos temas que nos afectan, como a apertura do colexio a outros perfís profesionais, entre eles os técnicos de animación de actividades físicas e deportivas. 

As estratexias a seguir no ámbito da saúde ou as liñas de participación no Foro Profesional de Ciencias do Deporte son outras das cuestións que se abordarán na xuntanza. Seguiremos informándovos 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Final >>






¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
ENTIDADES COLABORADORAS
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg