Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
EF NA RÚA 2018
O COLEXIO
COLEXIARSE
EMPREGO
CONTRATACIÓN
FORMACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
DEFENSA
REGULACIÓN
ASEMBLEAS
ELECCIONS 2018
LEIS & CONSULTAS
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
PORTELO UNICO
DESCONTOS NAS I XORNADAS SOBRE DEPORTE E BENESTAR (03/05/11)
 

O Multiusos Fontes do Sar e o Complexo Deportivo Santa Isabel organizan para o videiro mes de maio coa colaboración do COLEF Galicia (entre outros), unha serie de charlas teórico-prácticas sobre diversas disciplinas do deporte e o benestar impartidas por profesionais do sector.

Haberá prezos especiais para a colexiación e os participantes recibirán un diploma certificativo da asistencia. 

ImageInformación das xornadas

   Web da organización

 
O COLEF GALICIA ESTARÁ PRESENTE NO CONGRESO DE PONTEVEDRA (03/05/11)
  
  

Finalmente, o COLEF Galicia colaborará tamén no programa do VII Congreso Nacional de CC. do Deporte e EF coa conferencia de Vicente Gambau “Situación actual da regulación profesional no deporte”, o sábado 7 ás 11.00 horas.

Como sabedes, a colexiación conta tamén con interesantes descontos na inscrición para este acontecemento formativo.

  Máis información

 
RENDA 2010: A COLEXIACIÓN DESGRAVA! (26/04/11)
 

Coma todos os anos lembrámosvos que as cotas colexiais poden desgravarse na declaración da rendaSe solicitades o borrador estade atentos xa que habitualmente Facenda non o ten en conta.

Informávosmos tamén de que non é necesaria a presentación de xustificante algún do COLEF Galicia perante a Axencia Tributaria, sendo suficiente con especificar a cantidade correspondente.

 
A REGULACIÓN DAS PROFESIÓNS DO DEPORTE ENTRA NO CONGRESO (19/04/11)
 

O Grupo Parlamentario Socialista e o Grupo Parlamentario Mixto, ao que pertence o BNG, presentaron cadansúa Proposición non de lei instando ao goberno a regular as profesións do deporte. O debate terá lugar na Comisión de Educación e Deporte do Congreso dos Deputados.

  Proposición GP Socialista

ImageProposición GP Mixto

 
APOIO DO COLEF GALICIA ÁS MOBILIZACIÓNS DOS ESTUDANTES EN MADRID (31/03/11)

O COLEF Galicia desexa transmitir o seu total apoio ás mobilizacións que están a protagonizar os estudantes de CAFD en reivindicación da regulación das profesións do deporte, esta semana en Madrid.

Organizadas por ANECAFYDE e coa participación activa do alumnado das facultades do deporte galegas, tanto o encerro de varios días como a marcha realizada onte están a ter unha interesante repercusión mediática. As accións culminarán hoxe coa celebración da Mesa Nacional da Actividade Física e do Deporte na que estaremos representados por Vicente Gambau.

 Facebook e Web de ANECAFYDE

 
SEMINARIO DE SEGURIDADE: ÚLTIMO DÍA DE INSCRICIÓN! (31/03/11)

INSCRÍBETE nesta nova actividade que o COLEF Galicia celebrará os días 1,2,8 e 9 de abril na Facultade de CC. do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña (Oleiros).

Recoñecida polo Ministerio de Educación como formación permanente para o profesorado

Solicitados 2 créditos de libre Elección da UDC

  Máis información

 
LEMBRA! ESTE VENRES 25 ASEMBLEA XERAL (23/03/2011)

O vindeiro venres 25 de marzo ás 16.30 horas (1ª convocatoria) celebraremos a Asemblea Xeral 2011 do COLEF Galicia, na sala de xuntas do Centro Empresarial Compostela.

Podes consultar a orde do día no seguinte documento:

 ImageConvocatoria Asemblea Xeral 2011

 
LANZAMENTO DA CAMPAÑA "ESIXE PROFESIONAIS CUALIFICADOS" (17/03/11)

O COLEF Galicia lanza a campaña "Pola túa saúde e seguridade, esixe profesionais cualificados", co obxectivo de chamar a atención da sociedade sobre as terribles consecuencias que, sobre a saúde e a seguridade da poboación, pode ter a falta de cualificación e control profesional no ámbito da actividade físico-deportiva.

Destacar que a iniciativa conta coa colaboración das facultades galegas do deporte,  AGAXEDE, UFEDEGA, FEGAEX, FEDYS e as asociacións de estudantes de CAFD.

 Máis información           ImageCartel

 
ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NA MESA GALEGA DA ACTIVIDADE FÍSICA E O DEPORTE (15/03/11)

O salón de actos do INEF Galicia quedouse pequeno para acoller esta Mesa de debate organizada por ANECAFYDE e o COLEF Galicia, que contou coa participación das principais entidades sociais e políticas implicadas na regulación profesional do deporte.

Na nota de prensa do acto, ANECAFYDE afirma que a Xornada que celebrará en Madrid o 31 de marzo será a última das súas medidas diplomáticas.

 Nota de prensa           Fotos

 
DEFENSA PROFESIONAL: A DEPUTACIÓN DE LUGO CORRIXE AS BASES DA SÚA BOLSA (15/03/11)

Logo das xestións realizadas polo COLEF Galicia, o Servizo de Cultura e Deportes da Deputación de Lugo, accedeu a incluír o título de CAFD como requisito para acceder á súa Bolsa formativa en xestión de instalacións deportivas.

A corrección dos erros foi publicada no BOP de Lugo nº 59 de 14 de marzo (páxina 8).

  Máis información

 
MESA GALEGA DA ACTIVIDADE FÍSICA E O DEPORTE (10/03/11)

A ANECAFYDE (Asemblea Nacional de Estudantes de CAFD) celebrará esta interesante actividade no salón de actos do INEF Galicia o próximo luns 14 de marzo (12.00 h), coa colaboración do COLEF Galicia. 

A Mesa contará, entre outros, coa participación de representantes dos 3 partidos políticos presentes no Parlamento de Galicia. Exporanse diferentes propostas en materia deportiva e, de xeito especial, debaterase sobre a necesaria regulación das profesións do deporte.

ImageMáis información

 
<< Inicio < Anterior 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 Siguiente > Final >>






¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
ENTIDADES COLABORADORAS
 
 
 
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg