Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
EF NA RÚA 2018
O COLEXIO
COLEXIARSE
EMPREGO
CONTRATACIÓN
FORMACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
DEFENSA
REGULACIÓN
ASEMBLEAS
ELECCIONS 2018
LEIS & CONSULTAS
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
PORTELO UNICO
AGAXEDE PREMIA AO COLEF COMO MELLOR ENTIDADE PUBLICA

Os colexiados e colexiadas do COLEF Galicia temos que nos felicitar. A Asociación de Xestores Deportivos de Galicia acaba de conceder ao Colexio o de mellor entidade pública dentro dos VIII Premios Galicia á Xestión Deportiva de AGAXEDE, que distinguen a quen teña destacado pola súa contribución ao desenvolvemento e excelencia da xestión deportiva na comunidade autónoma. Como mellor xestor deportivo foi elixido José Manuel Amado Abelenda e tamén foron premiados o Concello de Betanzos, Pull&Bear, Fight Factory Gym, PLAAM Plataforma Tecnológica S.L., a Asociación Escalada Sostenible, o equipo Liga Genuine do R.C. Deportivo de A Coruña, o Club Patinaje Artístico Maxia, Emilio Beceiro Mosquera e Antonio Diz López. Parabéns a todos e todas e a seguir traballando polo deporte! +info

 
CONVERSAS CON...ARANTXA TOME (OUTUBRO 2017)


Arantxa Tomé Antelo é a promotora do centro de adestramento persoal e nutrición 2STEPS, en Santiago. É o primeiro paso que dá esta colexiada no seu obxectivo de crear unha marca propia aplicando a súa metodoloxía persoal para se convertir nun referente nestes campos.

Esta titulada anima aos seus compañeiros, e en especial compañeiras porque aínda hai poucas mulleres que o fagan, a emprender coa súa propia idea de negocio, xa que na súa opinión o deporte é unha profesión en auxe. E tamén é unha firme defensora da colexiación obrigatoria, para acabar co intrusismo que sofren os profesionais. Desexámoslle moita sorte! Acceder á conversa 

 
O CONSEJO COLEF POSICIONASE SOBRE OS E-SPORTS

O noso colexiado Álex Fernández Fernández, que é ademais vocal de Atención e Participación Cidadá do Consejo COLEF, estivo hai uns días no programa Al límite de Radio Marca para explicar a posición da entidade con respecto aos e-sports. Álex Fernández insistiu en que este tipo de actividade non pode ser incluída na normativa legal deportiva, senón que debería ter o seu marco xurídico propio. Como o resto dos contertulios do programa, Álex Fernández destacou a necesidade de que os nenos e nenas practiquen actividade física, algo ao que non contribúen os e-sports. O noso colexiado animou a educarse no deporte e eliminar os malos hábitos que conducen ao sedentarismo. Aquí tedes o enlace  á entrevista e o comunicado  do Consejo COLEF.

 
GUIA DE PERITOS XUDICIAIS 2018 (03/11/2017)

Se queres participar na "Guía de peritos xudiciais de Galicia 2018" da Unión Profesional de Galicia, onde están representados os profesionais do deporte a través do COLEF Galicia, podes facelo enviando unha autorización asinada antes do 20 de novembro o enderezo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla Se xa o tes feito doutros anos, non é necesario a non ser que queiras modificar os teus datos. 

 

 
BENVIDA AOS NOVOS COLEXIADOS OUTUBRO 2017
59761   ADRIÁN MATO ROZAS   59700   JOSÉ CRUJEIRAS PAZ
59747   PABLO GARCÍA FORMOSO   59690   RODRIGO BLANCO PIÑEIRO
59737   PABLO FERNÁNDEZ PEREIRA   59683   BRAIS MARIÑO COSTAS
59720   JORGE RODRÍGUEZ NOVOA   59652   ANTÓN GAMALLO FERNÁNDEZ
59721   ADRIÁN TERRÓN VÁZQUEZ          
 
19 DE OCTUBRE, DIA DO CANCRO DE MAMA


No Día Mundial contra o Cancro de Mama, o Consejo COLEF e o COLEF Galicia queren lembrar a importancia da actividade física na prevención desta doenza. Segundo os estudos realizados, case o 80% dos factores que desencadean a enfermidade relaciónanse cos hábitos de vida, polo que practicar exercicio con regularidade pode contribuír a evitar a súa aparición.

Por outra banda, as persoas que padecen este cancro teñen a miúdo fatiga e un deterioro da condición física. O deporte é un bo aliado dos tratamentos para axudar ás mulleres a manterse independentes e seguir coa súa vida diaria. Insistimos na necesidade de que este exercicio que axudará a paliar as consecuencias da enfermidade sexa sempre supervisado por titulados en CCAFD colexiados, en coordinación co médico/oncólogo.

 
ENTREVISTAS AO PRESIDENTE DO COLEF GALICIA


O COLEF Galicia ten varias liñas de traballo, pero na defensa da profesión hai algunhas fundamentais, como son a loita contra o intrusismo -e a necesaria regulación para evitala- e o papel que teñen que xogar os profesionais do deporte tanto na adopción de medidas para rebaixar a taxa de sobrepeso e obesidade infantil como á hora de axudar ás persoas que queiran realizar exercicio físico de certa intensidade a planificalo para preservar a súa saúde.

Estes temas e outros máis foron abordados estes días nunhas entrevistas ao presidente, Henrique Xoán Rodríguez Pantín, nos suplementos dominicais dos periódicos El Ideal Gallego e Diario de Ferrol e nunha entrevista na emisora coruñesa da Cadena COPE que podedes escoitar, entres os minutos 41:41 e 55:09 nesta ligazón  

 
A EDUCACION FISICA COMO EIXE DE CONVIVENCIA INTERCULTURAL


O Campus Vida da Facultade de Ciencias da Educación da USC acollerá os vindeiros días 3 e 4 de novembro o XI Seminario Nacional "Atención Educativa ao Alumnado Inmigrante", centrado na Educación Física e o Deporte como eixe de convivencia intercultural. As inscricións, cun límite de 75 prazas, pódense realizar en www.usc.es/esculca

O seminario está pensado para ampliar e fortalecer as canles de colaboración entre investigadores e profesionais da educación que traballan con estes temas e para poñer en valor proxectos educativos vinculados á xestión da diversidade cultural desde o ámbito da Educación Física en Galicia, entre outros fines. Haberá relatorios, mesas redondas e obradoiros nos que se afondará nas perspectivas, estratexias e recursos para utilizar o Deporte e a EF como fórmula de integración do alumnado inmigrante. Podedes consultar o programa e obter máis información aquí .

 
BENVIDA AOS NOVOS COLEXIADOS E COLEXIADAS XULLO-SETEMBRO 2017
MARCOS REY CALVETE
59602
 DANIEL     MARTÍNEZ ALDAO59423
ANA
ALONSO FRAGUA
59603
 ISMAEL     NOVO SOUTO
59412
PAULA
VARELA CAÍNZOS
59556
 FRANCISCO     PÉREZ PERNAS
59417
DIEGO
FERNÁNEZ LÓPEZ
59533
 MARÍA JOSÉ
     ABUÍN YAÑÉZ
59388
ROBERTO
VALEIRO MATO
59534
 GEMA     GÓNZÁLEZ GÓMEZ
59392
TAMARAPÉREZ MACÍA
59495
 PALOMA     VILAR IGLESIAS
59384
FABIO
LIMA CORREA59496
 IAGO     MARTÍNEZ MIGUEL
59315
DAVID
RODRÍGUEZ REY
59498
 DIEGO JOSÉ
     GARCÍA CASCO
59287
ADRIÁN
GONZÁLEZ CONDE
59486
 MARIEL       VERA
59251
JACOBVENTOSO LEIRO
59445
 Mª CARMEN
     CASTRO GONZÁLEZ
13215
LUIS
VALLE SEOANE
59446
 DIEGO
     LOZANO CARRO
52402
JOSÉ JAVIER
SUEIRO MOJÓN
59451
 CÉSAR 
     CERDEIRA PAZ
59224
 
I CONGRESO DE EDUCACION FISICA, NEUROMOTRICIDAD Y APRENDIZAJE


A promoción dunha estratexia de fomento da actividade físico-deportiva e loita contra o sedentarismo, en especial nos centros educativos, é un dos obxectivos do I Congreso de Educación Física, Neuromotricidad y Aprendizaje que terá lugar en Guadalajara do 11 ao 13 de decembro. O prazo de inscrición amplíase ata o 1 de decembro e hai que se apuntar a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.

Entre os ponentes que falarán da relación entre a actividade física e e as redes funcionais neuronais están responsables de varias universidades españolas e o secretario de Estado para o Deporte, José Ramón Lete, presentará neste congreso o plan estatal para o fomento da actividade física. Podedes consultar o programa e obter máis información aquí

 
O COLEF GALICIA INSTA A IMPULSAR A REGULACION

Hai uns días aprobouse no Congreso unha proposición non de lei para instar ao Goberno a comezar a traballar nun marco regulador das profesións do deporte. Esta vella demanda do noso colectivo profesional, que xa foi prometida en varias ocasións no pasado, parece que agora avanza con vento a favor, empuxada por todos os grupos políticos representados no Congreso dos Diputados. Evidentemente, non podemos pensar que xa está todo feito. Queda moito camiño por percorrer, pero, coa axuda de todas as persoas e todas as institucións do noso campo profesional, exercendo cada quen o labor que lle corresponde coa máxima profesionalidade, poderemos chegar á meta. 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Final >>






¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
ENTIDADES COLABORADORAS
 
 
 
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg