|
DENOMINACIÓN Ilustre Colexio Oficial de Licenciadas/os en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia (COLEF Galicia). FORMA XURÍDICA Como colexio profesional é unha entidade sen ánimo de lucro, entendida como unha corporación de dereito público amparada pola lei e recoñecida polo Estado e pola Comunidade Autónoma de Galicia, con personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins, exercendo as súas competencias no ámbito territorial de Galicia. SEDE Dirección: Edificio FEUGA. Despacho 20. Lope Gómez de Marzoa s/n. 15705 Santiago de Compostela Tfno.: 981 553 363 Internet:
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla
- www.colefgalicia.com LEXISLACIÓN DE REFERENCIA Real decreto 1913/1983, do 25 de maio, sobre constitución, por segregación, do Colexio Oficial de Profesores de Educación Física de Galicia.
Lei 11/2001, do 18 de setembro, de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia.
Decreto 22/2008, do 31 de xaneiro, polo que se aproban os estatutos do Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia.
Lei 1/2010, do 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior (Estracto da modificación da Lei 11/2001 de colexios profesionais de Galicia).
|