Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
EF NA RÚA 2019
ELECCIONS 2019
O COLEXIO
COLEXIARSE
EMPREGO
CONTRATACIÓN
FORMACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
REGULACIÓN
ASEMBLEAS
ELECCIONS
LEIS & CONSULTAS
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
PORTELO UNICO
ENTREVISTA: DELEGADOS ALUMNOS PONTEVEDRA

DELEGACIÓN DE ALUMN@S DE PONTEVEDRA

ENTREVISTA A JAVIER PRIETO E CARLOS LAGO

 

 

Nesta ocasión tocoulle ó turno ós máis noviños de ser entrevistados  por e-móvete. A revista do COLEF Galicia tivo ocasión de conversar un pouco con dous dos membros máis activos da Delegación de Alumn@s Facultade de Ciencias de la Educación e o Deporte de Pontevedra.

       

 

Estivemos con: Javier Prieto Troncoso (precolexiado) e Carlos Lago Fuentes (colexiado nº 54.124), Representantes de Alumn@s da Facultade de Ciencias da Educación e o Deporte de Pontevedra.

 

Javier Prieto Troncoso  é estudante de 2º Ciclo en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Pontevedra; Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla .

Carlos lago Fuentes é Graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Preparador físico Poio Pescamar FS de Fútbol Sala Feminino. Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla

 


 

¿Que vos impulsou a formar parte activa da delegación de alumnos?

Javier: En concreto, a ponencia dun membro da Delegación deume o empuxón final que necesitaba, e a verdade, non me arrepinto.

Carlos: Démonos conta que tiñamos que meternos para poder facer forza polos dereitos do alumnado.

 

¿Que accións destacariades da vosa laboura ata agora dende que estades ao frente da Delagación?

Javier: A Delegación participa en numerosas actividades positivas para o alumnado, como charlas de formación e orientación. Ademáis, pertencemos á ANECAFYDE (Asamblea Nacional de Estudiantes de Ciencias da Actividade Física e o Deporte), dende a cal coordínanse diferentes accións para o fomento da comunicación e a colaboración entre Facultades ata a Regulación Profesional.

Carlos: Tras moitos anos de protesta, o ano pasado conseguimos que a Facultade contase cun técnico de material e instalacións deportivas, encargado de xestionar eficientemente todo o material que temos na Facultade.

 

¿E as futuras accións ou proxectos?

Carlos: Estamos organizando unha xornada formativa en Marzo na que queremos traer a representantes da ANECAFYDE, do COLEF, e profesionais das nosas saídas laborais para ofrecerlle ao alumnado unha perspectiva da realidade do noso sector e as posibilidades que teñen ó rematar o Grao.

 

¿Cales foron os motivos polos que te pre-colexiaste?

Javier: Porque é algo indispensable, así de sinxelo...a máis colexiados, máis capacidade de acción terá o COLEF nas diversas liñas de actuación que ten abertas.  

 

Quero que sexades honestos, ¿Como vedes o futuro do futuro graduado CAFYD...?

 Javier: Duro. Actualmente, vémonos coa obriga de convivir co intrusismo laboral e co feito de que moitos profesionais doutras titulacions asuman competencias que son nosas.

Carlos: A día de hoxe, calquera persoa pode traballar no noso lugar, agás como docente de Educación física e, neste caso, fai anos que non saen prazas públicas. Isto está provocando que moitos profesionais teñan que saír, xa non fora de Galicia, senón fora de España.

 

¿Que puntos son os que fallan?

Javier: En moitas ocasións outras titulacións intentan constantemente asumir competencias que son nosas. Outras veces, nas labores que poderían e deberían ter un enfoque multidisciplinar de colaboración entre diferentes profesionais, déixasenos de lado.

Carlos: En primeiro lugar a falta de regulación profesional, fai que calquera poda traballar no ámbito deportivo.

 

A entrevista publicarase no número 8 da Revista Móvete.

 

 





¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
EMPRESAS COLABORADORAS
 
 
 
ENTIDADES COLABORADORAS
 
 
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg