ACTUALIDADE
O COLEF GALICIA
ACTIVIDADES
EMPREGO
FORMACIÓN
PUBLICACIÓNS
SERVIZOS
REGULACIÓN PROFESIONAL
ANÚNCIATE!
COLÉXIATE!
LIGAZÓNS
CONTACTO
RAZÓNS PARA COLEXIARSE

POR TODAS/OS...

  • Defensa dos intereses profesionais comúns: regulación profesional, loita contra o intrusismo…
  • Defensa dos intereses dos destinatarios dos teus servizos (alumnos e/ou usuarios): de saúde, educación, seguridade… 

POR TI...

POR SER UNHA OBRIGA NO EXERCICIO PRIVADO DA PROFESIÓN...

  • Lei 11/2001, de 18 de setembro, de Colexios Profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia

Artigos vixentes ata o 24 de febreiro de 2010

Artigo 2. Exercicio das profesións.

“3. É requisito indispensable para o exercicio das profesións colexiadas estar incorporado ao colexio correspondente.”

Artigo 3. Profesionais ao servizo da Administración.“Os profesionais titulados vinculados coa administración pública mediante relación de servizos de carácter administrativo ou laboral non necesitarán estar colexiados para o exercicio de funcións puramente administrativas nin para a realización de actividades propias da correspondente profesión por conta da administración á que pertenzan, cando o destinatario inmediato das mesmas sexa esa administración. Si será obrigatoria, en consecuencia, a colexiación para o exercicio da actividades privada.”

Artigos vixentes na actualidade (pendente a aprobación da Lei de Servizos Profesionais)

Redacción segundo a Lei 1/2010, de 11 de febreiro, de modificación de diversas Leis de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior.

Artigo 2.

“3. É requisito para o exercicio das profesións con obrigación legal de colexiación estar inscrito no colexio correspondente.”

Artigo 3. Profesionais ao servizo da administración.

“ 1. Os profesionais titulados vinculados coa administración pública mediante relación de servizos de carácter administrativo ou laboral non precisarán estar colexiados para o exercicio de funcións puramente administrativas nin para a realización de actividades propias da correspondente profesión por conta da administración a que pertenzan.

2. Non obstante, será obrigatoria a colexiación para os profesionais médicos e demais profesionais de ciencias da saúde ao servizo das administracións públicas cuxas funcións comprendan a realización de actos profesionais que teñan como destinatarios inmediatos aos usuarios do Sistema Público de Saúde de Galicia, así como tamén para o exercicio da actividade privada.”

O Tribunal constitucional declara que non é discriminatorio que os profesores de EF de centros privados estean obrigados a colexiarse cando no se esixe esta circunstancia aos que traballan en centros públicos.

“…a obriga de incorporación a un colexio para o exercicio da profesión xustifícase non en atención aos intereses dos profesionais, senón como garantía dos intereses dos seus destinatarios. No caso de quen traballa en centros públicos, esa garantía pode ser asumida pola Administración…”

 





¿Recuperar clave?
 
PATROCINADORES
ENTIDADES PARTICIPADAS
ENTIDADES COLABORADORAS
 
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  R/ Fernando III el Santo, 32 - Baixo. Despacho 11 B
15701 Santiago de Compostela.
Telf.: 981- 553 363 Fax: 981 553 997 colef@colefgalicia.com