Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
EF NA RÚA 2019
ELECCIONS 2019
O COLEXIO
COLEXIARSE
EMPREGO
CONTRATACIÓN
FORMACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
REGULACIÓN
ASEMBLEAS
ELECCIONS
LEIS & CONSULTAS
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
PORTELO UNICO
CONVERSAS CON... MIGUEL MIGUEZ - XULLO 2016

CAMIÑO A RIO 2016: MIGUEL MÍGUEZ - PREPARADOR FÍSICO DE DEPORTISTAS 

      Miguel Míguez con Miguel Alvariño no centro de adestramento

Aparte de ser unha excelente ocasión para conversar cun xoven profesional, esta entrevista é tamén un recoñecemento a todos/as aqueles/as colexiados/as que estiveron traballadno nalgún momento ou o seguen facendo, na preparación de deportistas olímpicos e paralímpicos.

Estivemos con Miguel Míguez Meijomil, colexiado 13.843, natural de Santiago de Compostela, que actualmente traballa nas instalacións deportivas municipais de As Somozas, e tamén como preparador físico de Miguel Alvariño García, recentemente seleccionado para participar nos Xogos Olímpicos de Río 2016 na especialidade de tiro con arco recurvo.

Así para ir arrancando, fálanos un pouco da túa traxectoria…

Pois nada máis rematar a Licenciatura en CC. Actividade Física e do Deporte, comecei a traballar como monitor de Xerontoximansia. Neste ámbito estiven varios anos. Logo tiven a sorte de formar parte do equipo profesional do COLEF Galicia, como técnico de xestión.

Tamén traballei como socorrista en praias varios veráns, ata que cheguei a Paderne, onde estiven traballando como Técnico de Deportes do Concello. Cando estaba en Paderne, xurdiu a posibilidade dun proxecto novo e interesante en As Somozas, por parte da empresa Sava Servicios Deportivos. En As Somozas estou como coordinador, ao fronte dun complexo deportivo que xestiona Sava Servicios Deportivos. O complexo conta con ximnasio, piscina e pista polideportiva.

Alén de realizar as funcións de coordinador, compatibilízoas coa preparación física de Miguel Alvariño García, un arqueiro que recentemente foi seleccionado para participar este ano nas Olimpiadas de Río.

Detrás dun profesional comprometido hai un camiño, ¿cales foron os motivos para elexir a túa actual faceta profesional, e como foi a túa preparación?

A base de traballo, e realizando cursos, seminarios e mesmo documentándome mediante libros. A verdade é que os ámbitos da xestión e o rendemento non eran as saídas que máis me ilusionaban, pero agora que me atopo nesta situación e co paso dos anos, a miña perspectiva cambiou. Cada vez gústanme máis. A primeira supón moita responsabilidade, e a segunda moita dedicación.

No caso do rendemento, non o elexín, a verdade é que foi o destino, eu estaba traballando no complexo deportivo, e Miguel Alvariño, comezou a adestrar alí, e nese intre comezou todo.

Na preparación dun deportista olímpico, ¿en que consiste específicamente a túa función?

A miña función baséase en que o deportista se atope nun bo estado de forma a nivel físico, e iso lle permita centrarse na técnica e poder competir e entrenar con maior comodidade.

O día a día fala tamén do xeito de ser profesional, ¿cal é a túa metodoloxía?

A miña metodoloxía fundaméntase no traballo diario, en función dunha planificación e periodización previas do mesmo. Teño que ter en conta moitos factores, as concentracións, as competicións autonómicas, nacionais e internacionais, e as viaxes longas, que tamén inflúen no rendemento.

Non dispoño de moito tempo para dedicarlle ao deportista, pois o deporte de alto rendemento supón moito traballo e dedicación en varias facetas. Ao longo do día Miguel Alvariño está moi ocupado adestrando a súa técnica no campo de tiro do Club Sílex (As Pontes), con Manuel Buitrón, despois adestra comigo, e logo vai ao instituto, onde cursa o ciclo medio de electromecánica. Ás veces visita ao psicólogo Jaime Montero, e á fisioterapeuta Erika González.

Os que te coñecemos, sabemos que eres una persoa optimista, ¿como tratas de resolver os principais problemas cos que te atopas para poder seguir adiante?

Pois a verdade é que o principal problema para adestrar é o calendario, xa que estou a expensas dos días que teño para poder facelo con Miguel Alvariño, fundamentalmente polas modificacións nas datas das concentracións. Pola súa parte non hai queixa, posto que é un deportista moi disciplinado e traballa duro sen protestar, sabe que é necesario para o seu deporte.

Pasado, presente, e… ¿cales son as túas expectativas a curto e medio prazo?

A curto prazo, era conseguir que Miguel Alvariño participara nos Xogos Olímpicos de Río 2016, e ese primeiro obxectivo xa está cumprido. Agora o noso propósito é que Miguel consiga medalla, a poder ser a de ouro. A longo prazo, un posible obxectivo sería participar nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020.

En canto á profesión, e se falamos da nosa imaxe social, ¿notas algún cambio na forma de percibir ao profesional do deporte?

Hai uns anos, a verdade é que éramos “os do INEF”, agora a xente e os deportistas empezan a cambiar esa visión, e xa identifican máis a nosa formación, e a necesidade de contar con profesionais do deporte para certas prácticas, que antes as realizaba calquera.

En tempos de crise o control é máis compricado, pero na túa opinión ¿que sería preciso facer frente ao intrusismo profesional, á información non contrastada, e á formación enganosa?

Concienciar á xente con algo moi sinxelo. Se van ao médico, non queren que os atenda un xeólogo; se solicitan un avogado, non van a querer que os atenda un filólogo; pois da mesma maneira, se solicitan servizos relacionados co deporte, terán que entender que os profesionais do deporte. Somos os que temos que realizar ese traballo, e non xente que non ten a formación axeitada, ou só fixo uns cursos dunhas horas.

Teñen que reflexionar e pensar, que non pode ser a mesma formación ao longo de 5 anos (licenciatura) ou de 4 (grao), ou mesmo 2 anos (ciclo superior) que a de cursos dunhas horas.

En canto ao control, pediría ás institucións que modifiquen a Lei do Deporte de Galicia, e inclúan medidas e sancións exemplares para o exercicio da nosa profesión por parte daqueles que non teñen unha formación mínima (TAFAD, CAFYD), para ser profesionais do deporte.

Por outra parte, cada día son maiores os contactos interdisciplinares, e no teu caso formas parte fun equipo de traballo. Coméntanos cal é o xeito de encamiñar positivamente as reticencias que poden surxir.

Considero que un bo equipo, fará máis que unha persoa traballando de forma illada. Neste caso, o adestrador encárgase da parte técnica, o psicólogo da mental,eu do aspecto físico, todo é necesario. Ademais, Miguel Alvariño realiza uns controis periódicos de saúde co médico, e masaxes ou tratamentos complementarios coas fisioterapeutas.

Cada profesional ten a súa parte, pero todos somos importantes, e estando en contacto permanente é como se evitan problemas, e se leva a cabo unha boa preparación do deportista.

A unión fai a forza, ¿que mensaxe lle trasladarías a todos aqueles compañeiros que non están colexiados? ¿que agardas do noso futuro profesional nos vindeiros anos?

Pois quero dicirlles aos nosos compañeiros/as que 1.000 conseguen máis cousas que 10, e que para pedir cousas hai que sumar e unirse. Temos que ser un equipo, de forma individual non se vai a conseguir nada. Asemade, o COLEF Galicia é unha entidade que vela polos intereses da nosa profesión, defende ao noso colectivo, e temos que apoialo. Se nós non somos corporativistas, non podemos perdirlle aos de fóra que o sexan.

De cara ao futuro, son optimista. Considero que hai unha cultura do deporte crecente, con apoio por parte doutros profesionais, e con cambio na mentalidade da xente hacia o noso colectivo. Por iso creo que vamos a ter un mellor futuro profesional.

Moitas grazas Miguel polo teu tempo, e moita sorte tanto na vindeira cita olímpica, como en todo o que te propoñas de aquí en diante.

 

 





¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
EMPRESAS COLABORADORAS
 
 
 
ENTIDADES COLABORADORAS
 
 
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg