Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
EF NA RÚA
ASEMBLEAS
CONSULTAS
COLEXIARSE
O COLEXIO
EMPREGO
CONTRATACIÓN
FORMACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
DEFENSA
REGULACIÓN
LEXISLACIÓN
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
ELECCIONS GALEGAS 2016

 

PROPOSTAS DOS PARTIDOS POLITICOS

ACTIVIDADE FÍSICA, EDUCACIÓN FÍSICA E DEPORTE

 

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

 - Potenciar o deporte en idade escolar dentro dos centros de ensino impulsando recreos activos e a terceira hora de educación física na educación primaria e secundaria, así como incluír a materia de Educación física no Bacharelato e Ciclos formativos.

- Impulsar a colaboración cos concellos para implantar un modelo que vertebre as actuacións conxuntas en materia deportiva para garantir a existencia de escolas deportivas municipais e a participación dos centros de ensino no deporte en idade escolar.

 - Superar a intermediación provincial, acometendo o traspaso de todas as competencias deportivas (o que implica o traspaso de funcións e servizos) das deputacións provinciais á administración galega.

 - Implantar un plan coordinado de instalacións e infraestruturas deportivas públicas que elimine duplicidade e que teña en conta a demanda real da actividade deportiva.

 - Acometer o traspaso á Galiza da xestión dos fondos públicos e as subvencións en materia de fomento deportivo e infraestrutura deportiva destinados ao noso País, transferindo directamente os fondos do Consello Superior de Deportes, co fin de garantir unha maior eficacia e equidade na súa distribución.

 - Reclamar que as federacións galegas de cada modalidade deportiva sexan as últimas instancias organizativas de cada un dos deportes en Galiza, así como asegurar o seu funcionamento democrático e a racionalización das súas funcións na formación deportiva e no apoio aos novos deportistas.

 - Asegurar a participación das seleccións deportivas galegas en competicións internacionais e a representación das federacións deportivas galegas nos organismos deportivos internacionais de forma directa.

 - Dotarse dun centro de alto rendemento deportivo, que proporcione ao noso país de servizos de tecnificación deportiva avanzada e axustada á realidade galega, evitando en grande medida a emigración de deportistas.

 - Fomentar a creación e o fortalecemento de clubs deportivos galegos profesionais de referencia en modalidades deportivas que contan cunha gran base practicante, que sirvan de estímulo e espello a nen@s que se inician na práctica deportiva.

 - Realizar unha planificación de eventos deportivos na Galiza, coordinando as distintas administracións deportivas, así como promover a participación de deportistas galeg@s en eventos internacionais, especialmente no ámbito lusófono e iberoamericano.

 - Impulsar a igualdade na actividade deportiva, rexeitando a visión androcéntrica que dificulta a participación das mulleres e facendo un especial esforzo na súa incorporación á práctica e á competición deportiva. Apoio público para a visibilización das deportistas profesionais. Impulso ás modalidades de participación mixta.

 - Potenciar e apoiar as prácticas deportivas con implantación social de carácter amateur. Desgravacións fiscais polos custos asumidos por deportistas amateurs e os seus familiares de primeiro grao polos desprazamentos en competicións federadas, coa debida xustificación.

 - Recuperar e fomentar os deportes e xogos tradicionais de Galiza, potenciando as federacións, clubs e competicións nacionais, para alén da súa proxección internacional, asegurando asemade unha difusión adecuada a través dos medios públicos de comunicación social.

 - Apoiar especialmente modalidades deportivas que, sendo de recente incorporación, están a arraigar no noso País e mesmo a propiciar presenza internacional do deporte galego, como é o caso do Fútbol Gaélico.

 - Potenciar a actividade turística ligada ao deporte, particularmente, os practicados ao ar libre (náuticos, de montaña, no rural...), evitando sempre o impacto sobre áreas naturais, especies sensíbeis ou elementos patrimoniais.

 - Facilitar o patrocinio e mecenado da actividade deportiva por parte de empresas galegas, impulsando plans que as aglutinen de forma que a súa colaboración poida chegar a un maior número de deportistas.

 - Implantar un seguro obrigatorio de accidentes en deportes de risco para persoas maiores de 18 anos, garantindo a asistencia sanitaria universal a todas as persoas deportistas menores de 18 anos.

 - Abaratar o custo económico da práctica deportiva, tamén da federada, introducindo progresivamente toda a practica deportiva no ámbito de cobertura da sanidade pública.

 - Implantar programas deportivos, tanto lúdicos como competitivos, para persoas con discapacidade, fomentando a integración en todos os eventos deportivos que se desenvolvan no noso territorio.

 - Apoiar a inserción laboral d@s deportist@s de elite unha vez que se retiran da práctica deportiva de alta competición.

 - Impulsar a inclusión do persoal Graduado en Ciencias da Actividade Física e do deporte no sistema sanitario con funcións de prevención, rehabilitación e readaptación.

 - Modificar a Lei Galega do Deporte incluíndo os anteriores aspectos programáticos así como a regulación de competencias en materia de titulacións mínimas para a xestión e impartición de actividades físico deportivas, impulsando a figura do persoal Graduado na Actividade Física e Deportiva como a necesaria para prescribir exercicio físico a todos os niveis.

 - Dignificación e transformación das actividades de tempo libre, concibíndoas como máis unha forma de educación con enormes potencialidades de formación e mellora social.

 

EN MAREA

 - Fomento do deporte feminino. O deporte feminino debe ter exactamente a mesma entidade que o masculino en todas as disciplinas e niveis. As leis galegas do deporte serán actualizadas, garantindo a igualdade de trato, fomentando a presenza de mulleres nas federacións galegas das distintas disciplinas e dándolle un trato máis xusto dentro dos informativos das canles públicas de radio e televisión.

 - Deporte como elemento de inclusión. A elaboración de equipos nos distintos deportes é un elemento que pode servir tamén para a socialización e para a inclusión social de colectivos sociais desfavorecidos. Fomentaremos a creación de equipos de todo tipo de disciplinas entre os colectivos en risco de exclusión, eliminando as trabas económicas ou administrativas que lles impiden realizar este tipo de actividades en pé de igualdade.

 - Promoción dos deportes minorizados. A falta de infraestruturas e de soporte económico provocan que determinadas disciplinas deportivas queden marxinadas pese a contar con numerosas persoas interesadas neles. A Secretaría Xeral do Deporte levará a cabo un inventario daquelas disciplinas deportivas que se practican en Galicia sen contar con federación propia co obxectivo de facilitar a súa práctica e dándolle soporte económico aos Concellos que faciliten infraestruturas para a súa práctica.

 - Transferencia das competencias en materia deportiva. Esixirémoslle ao Consello Superior de Deportes a transferencia das competencias en materia de distribución de axudas e subvencións de fomento da actividade e da infraestrutura deportiva. Garantiremos unha mellor distribución territorial e disciplinar desas axudas.

 - Aumento das horas lectivas curriculares de educación física. A práctica do deporte e da actividade física é un elemento fundamental da formación das persoas e do fomento de hábitos de vida saudables. Reforzaremos dentro dos programas educativos nas etapas do ensino obrigatorio a materia de Educación Física, dotándoa de máis horas lectivas e convocando un maior número de prazas de docentes desa materia.

 

 PARTIDO POPULAR

 - Crearemos a Rede Deporte Galego: Impulsaremos a creación de foros e axendas de traballo que, de forma periódica e por sectores, posibiliten encontros para a posta en común de coñecemento e experiencias, garantindo un tecido colaborativo forte e competitivo. Nestes foros abarcarase dende os sectores tradicionais do deporte (axentes ou eventos deportivos, entre outros) pasando por outros mais novidosos como o da investigación, desenvolvemento e innovación, ou do turismo.

 - Promoveremos a cooperación a través de convenios con outras institucións para promover conxuntamente as in fraestruturas xa existentes. Nomeadamente, coa Deputación de Ourense para a potenciación da zona acuática da cidade deportiva de Monterrei no concello de Pereiro de Aguiar, co fin de que sexa o gran parque acuático da provincia; a cidade deportiva provincial de San Cibrao das Viñas; ou a construción dun ximnasio no Centro de Entrenamento de Remo de Laias-Arnoia.

 - Elaboraremos plans específicos de formación, investigación e estudo a través da Escola Galega do Deporte, en colaboración coas Universidades galegas, federacións e outros axentes afectados.

 - Xeneralizaremos a práctica de actividade física como ferramenta de saúde e de calidade de vida da poboación.

 - Impulsaremos a prescrición da actividade física en colaboración cos colectivos profesionais afectados.

 - Afondaremos nas accións do plan dirixidas á consolidación da práctica deportiva e de actividade física entre os escolares, consolidando e avanzando en programas implementados dentro e fora do horario escolar, e recoñecendo o traballo e labor realizados por centros educativos e profesorado.

 - Avanzaremos na identificación dos recursos existentes na Comunidade Autónoma para a práctica deportiva e de actividade física, a través do programa Galicia Activa, con especial mención á colaboración cos concellos.

 - Crearemos o selo de calidade “Galicia Saudable” que certifique, dende os parámetros o do programa e en cada un dos distintos sectores, un compromiso de calidade cos usuarios/destinatarios do produto ou servizo deportivo ofertado.

 - Desenvolvemento das restantes funcionalidades do feito deportivo ligadas á economía e ás funcións educativa e social. Continuaremos aproveitando as sinerxías do deporte como factor e fonte de crecemento económico e emprego, motor da innovación e elemento clave de educación.

 - Apoiando a celebración de eventos deportivos, xeradores de impactos no sector turístico.

 - Apostando polos programas deportivos de vertente educacional, como por exemplo no ámbito do XOGADE.

 - Apostando polo patrimonio lúdico galego, impulsando a presenza dos xogos e deportes populares e tradicionais na sociedade (con especial atención ao ámbito escolar), a través, entre outras accións, dun catálogo de recursos a disposición da cidadanía, da formación do profesorado e técnicos, e da divulgación deste patrimonio.

 - Consolidación do deporte competitivo con especial incidencia nos axentes deportivos e no fomento do deporte de base, do deporte feminino e do deporte adaptado: o deporte de competición continuará a ser obxecto prioritario de atención, dende a base ao alto nivel, en relación a todos e cada un dos axentes deportivos intervintes, e con especial atención ao deporte en idade escolar, deporte feminino e o deporte adaptado.

 - Deporte de base: afondaremos no programa XOGADE, mantendo o seguro deportivo gratuíto 6-16 e ampliando a oferta de actividades a través de, entre outras actuacións, a potenciación da práctica multideportiva 6-8, marcadamente lúdica e non competitiva.

 - Crearemos o Programa de Atención ao Deportista que porá a súa disposición un catálogo de servizos que lle faciliten a súa dedicación deportiva así como a transición unha vez finalice esta. Avogaremos así polas carreiras duais, é dicir, porque os nosos talentos deportivo reciban unha formación académica ou profesional paralela ao seu adestramento intensivo, a fin de que poidan desenvolver unha dobre carreira.

 - Estableceremos o Programa Tokio 2020 que, da man das federacións deportivas correspondentes, garanta un traballo continuado de preparación durante todo o ciclo olímpico e que frutifique na mellor das presenzas galegas nos próximos xogos olímpicos e xogos paralímpicos.

 - Afondaremos na excelencia dos nosos centros deportivos (CGTD-Pontevedra, Complexo Náutico e Campo de Regatas de Verducido-David Cal, Centro de Vela-Vilagarcía, e a pista de atletismo hidráulica cuberta-Ourense), optimizando unha xestión da alta competición cada vez mais aberta á base.

 - Na senda da recuperación das grandes infraestruturas deportivas iniciadas coa construción da pista cuberta de atletismo en Ourense, acometerase a construción dun pavillón de ximnasia en Pontevedra. Esta nova instalación contará con espazos de adestramento, de competición e salas auxiliares, asegurándose a compatibilidade dos espazos con outras modalidades deportivas. Dará servizo aos clubes da cidade de Pontevedra e ligarase ás instalacións do Centro de Tecnificación Deportiva, posibilitando a incorporación da ximnasia como nova aposta de especialización técnico-deportiva para o novo ciclo olímpico que se inicia.

 - Clubs, federacións, agrupacións deportivas escolares e deportistas, continuarán a ser os interlocutores esenciais no desenvolvemento das actuacións deportivas: convocatorias de axudas, contratos de patrocinio, becas ou convenios de colaboración, serán os instrumentos que seguirán sendo utilizados para a maior e mellor cobertura das actuacións dos respectivos axentes, con especial atención ao incremento da actividade competitiva, da presenza galega nas competicións supraautonómicas, o crecemento do deporte feminino e á consolidación do deporte adaptado.

 - Así mesmo, e logo da priorización da actividade dos últimos anos, poñeremos en marcha novas liñas de fomento como, entre outras, as dirixidas á adquisición de material deportivo.

 

PARTIDO SOCIALISTA DE GALICIA

 - Garantir as condicións precisas para que a práctica da actividade física e o deporte estea presente en todos os niveis do ensino, para inculcar hábitos deportivos saudables que inflúan no estilo de vida cidadá, desde as idades máis temperás, favorecendo o desenvolvemento do deporte escolar e o deporte universitario.

 - Establecer  mecanismos  imprescindibles  de  coordinación,  cooperación  e  colaboración da Xunta de Galicia coas entidades locais galegas e, no seu caso, co sector privado, co fin de mellorar a xestión pública do deporte.

 - Favorecer a adaptación das estruturas organizativas do sistema deportivo e as súas formas de xestión á realidade social e económica actual.

 - Impulsar  unha  infraestrutura  deportiva  sostible  e  viable,  a  partir  das  necesidades reais do sistema deportivo de Galicia, que comprende tamén o emprego de espazos naturais e urbanos.

 - Afondar na democratización das organizacións deportivas públicas e privadas de carácter non-lucrativo, previndo a máxima participación e transparencia.

 - Continuar o desenvolvemento da universalización da práctica da actividade física e deportiva, con especial atención aos segmentos sociais máis desfavorecidos ou en ámbitos necesitados de máis promoción e, en todo caso, mellorando a calidade da prestación do servizo.

 - Reducir e eliminar a medio prazo as asimetrías en relación ao xénero, tanto na práctica deportiva das mulleres como no ámbito da xestión e dirección do deporte.

 - A regulación e ordenación do deporte galego require que as normas sectoriais  de aplicación (sanitarias, de turismo, medio ambientais etc.) deben elaborarse tendo en conta a súa influencia no sector do deporte. Porén, convocarase unha Comisión  Xurídica  Intersectorial,  na  que  participen  os  departamentos  autonómicos,  cuxas  normas  sectoriais  afectan  e  condicionan  o  desenvolvemento  do  deporte  e,  no seu caso, as entidades deportivas e outras administracións deportivas públicas.

 - O  Comité  Galego  do  Deporte  Universitario,  esbozado  na  vixente  Lei  Galega  do  Deporte,  debe  crearse  como  órgano  colexiado  de  asistencia  e  asesoramento  á  administración  deportiva  de  acordo  coas  universidades  galegas  e  favorecendo  a  participación das entidades e institucións que teñan competencia na materia.

 - A educación a través do deporte en idade escolar estará baixo o control e seguimento do Comité Galego de Deporte Escolar, onde estarán representados todos os estamentos afectados. Velará para que os plans, programas e actividades constitúan unha práctica deportiva ordenada que garanta o acceso á competición nas mellores condicións técnicas, pedagóxicas, psicolóxicas e saudables.

 - A  posta  en  marcha,  en  colaboración  coas  entidades  locais, dun  servizo  estable  e  permanente  de  asistencia  e  asesoramento  ás  entidades  e  asociacións  deportivas e que se presentará tamén aos pequenos e medianos municipios.

 - Debe revisarse o actual réxime xurídico das federacións deportivas galegas, cunha delimitación máis precisa de cales son as funcións públicas que teñen delegadas,  ademais  de  establecer  as  garantías  dun  funcionamento  verdadeiramente  democrático e transparente na súa xestión.

 - O modelo federado debe ampliarse cunha forma asociativa, recoñecida no modelo deportivo estatal como Agrupación de Clubs, para tutelar modalidades minoritarias ou no proceso de consolidación.

 - Na historia de Galicia pódese atopar unha diversidade de xogos e deportes autóctonos que para a súa promoción e desenvolvemento requiren do recoñecemento dunha federación ou asociación galega de xogos e deportes autóctonos ou tradicionais,  que  non  debe  ser  impedimento  para  que  algúns  poidan  ser  oficialmente recoñecidos como modalidade deportiva, autorizando a creación dunha federación propia, como no caso da chave.

 - A vertebración do “Deporte para Todos” no ámbito galego, mediante asociacións de segundo e terceiro grao en distintos ámbitos territoriais (autonómico, comarcal e local), con funcións similares ás que teñen os entes de promoción deportiva de ámbito estatal, para aglutinar as entidades e os clubs que promoven ou organizan actividades de carácter lúdico, formativo ou social, sen menoscabo de que poidan tamén participar no deporte federado.

 - O  proceso  de  tecnificación  deberá  promover  unha  estrutura  descentralizada, mediante a creación de centros de tecnificación próximos ao lugar de convivencia do deportista sempre que sexa factible, en colaboración coas entidades locais e as federacións deportivas.

 - Porase en marcha unha oficina de apoio e asesoramento ao deportista galego de alto nivel, coa participación das universidades e as federacións deportivas galegas,  cuxa  finalidade  será  a  mellora  das  condicións  de  adestramento  e  a  súa  compatibilidade  cos  estudo  ou  co  traballo,  ademais  de  prever  medidas  eaccións  para o seu futuro profesional.

 - O  plan  de  cualificación  precisa para o deporte debe  asentarse  nun  grande  acordo  coas  universidades  e  as  federacións deportivas galegas, para un aproveitamento eficiente dos recursos dispoñibles  e  poder  impulsar  e  potenciar  a  formación,  investigación  e  documentación  no sector do deporte.

 - O persoal responsable da dirección e o persoal técnico das instalacións deportivas de uso público, de titularidade pública e privada, en garantía da seguridade, responsabilidade e calidade da prestación dos servizos deportivos, deberá estar en posesión das titulacións que se determinen para os distintos desempeños profesionais.

 - O seguimento e control efectivo desta esixencia de cualificación realizarase mediante o Rexistro de Profesionais do Deporte de Galicia, para garantir unha práctica deportiva segura, saudable e de calidade.

 - Impulso de programas no ámbito do Deporte para Todos, en coordinación coas Entidades Locais, Federacións e Asociacións deportivas e, no seu caso, cos establecementos privados de prestación de servizos deportivos.

 - Promoverase un Plan especial dirixido aos maiores que contribúa a unha mellor calidade de vida e que se desenvolverá  nos  denominados  “círculos  de  exercicio  saudable”,  en  coordinación  coas  entidades locais, a administración sanitaria e as entidades sociais.

 - O  desenvolvemento  do  Deporte  para  Todos,  ademais,  require  duns  programas  singulares nos ámbitos escolar, universitario, laboral, de discapacidade e da muller.

 - Promoveremos, en colaboración coa Consellería de Educación, o plan do deporte e actividade física na escola para que en 8 anos o 90% dos escolares practique deporte.

 

 

 

 





¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
ENTIDADES COLABORADORAS
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg