Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
ELECCIONS 2019
EF NA RÚA 2019
O COLEXIO
COLEXIARSE
EMPREGO
CONTRATACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
REGULACION
VISIBILIDADE
ASEMBLEAS
ELECCIONS
LEIS & CONSULTAS
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
PORTELO UNICO
ENTREVISTA A TAMARA RIAL - SETEMBRO 2016

 O método basease nos exercicios hipopresivos

 TAMARA RIAL REBULLIDO, responsable do International Hypopressive & Physical Therapy Institute

"A medicina que conta con máis evidencia de resultados na saúde é o exercicio"

 

A colexiada viguesa Tamara Rial Rebullido xestiona con outros dous colexiados -Piti Pinsach e Camilo Villanueva- o International Hypopressive & Physical Therapy Institute. A empresa ten un método de adestramento rexistrado baseado nos exercicios hipopresivos que está a medrar por todo o mundo. Que é o método hipopresivo e como chegaches a centrar a túa carreira profesional nel?

 

Efectivamente centrei a miña carreira profesional no desenvolvemento e estudo dos exercicios hipopresivos, e isto derivou no sistema de adestramento Low Pressure Fitness (LPF). LPF e un método baseado nos exercicios hipopresivos, que á súa vez baseanse nunha respiración característica do ioga e na reeducación postural global, na neurodinamia, na terapia respiratoria e na neuroeducación.

 

Sempre estiven interesada na actividade física para a saúde da muller, polo que quería estudar os hipopresivos aplicados a este campo. Eran os anos 2008-2009 e estes exercicios eran aínda moi descoñecidos en xeral en máis como programa de adestramento.  Despois de facer a tesina e a tesis doctoral sobre este tema comecei a impartir formación a profesionais da saúde e do exercicio sobre hipopresivos. Hai dous anos naceu o proxecto LPF, tras moito tempo de dedicación meu e dos meus amigos á formación e desenvolvemento deste sistema de adestramento no fitness, na prevención e na saúde. Actualmente está a medrar por todo o mundo a pesar de que moitos compañeiros de profesión e expertos da actividade física ou da saúde en vez de apoiarnos e alegrarse de que colexiados galegos divulgen o papel que os  profesionais do exercicio podemos aportar aos profesionais da saúde e á calidade de vida das persoas, non só non nos apoian senón que se decican a nos criticar.

 

Como foron os comezos e que dificultades principais atopaches?   

Os comezos foron difíciles, pois non contábamos con financiación algunha. Empezamos día a día facendo o que mellor sabiamos facer: traballar no que é a nosa paixón e profesión. Pouco a pouco fomos medrando, pero seguimos sen ter ningunha inversión. Tampouco fixemos a día de hoxe gasto algún en marketing ou comunicación pois non hai cartos para iso. Como dicía antes, as principais dificultades son as dos propios compañeiros de profesión, que tentan destruír o éxito dos demais a través da crítica do noso traballo. O primeiro problema que atopamos foi que ademais se fixeron varios intentos de difamación persoais e profesionais e mesmo tentou rexistrarse, sen éxito, a palabra “hipopresivo”. Esta palabra, por ter carácter descritivo, non se pode rexistrar, e o mesmo sucede con sentadilla, ioga, flexión, mesa… Aínda existen persoas que pensan que hipopresivo ou hipopresivos e un termo rexistrado e polo tanto non se pode utilizar. Grazas ao noso traballo de anos hoxe en día todos o profesionais poden ensinar exercicios hipopresivos, usalos e anuncialos. En moitos ximnasios, estudos, centros deportivos e centros de fisioterapia hai clases de hipopresivos. Isto débese ao noso labor de defensa da figura do profesional do exercicio físico como especialista en exercicio hipopresivo e do seu dereito a utilizar este tipo de exercicios e a anunciar as súas clases ou cursos como “hipopresivos”.  Ás veces os fisioterapeutas trasladan críticas ao Colexio de Fisioterapia, pois non ven con bos ollos que os graduados/licenciados impartan exercicio hipopresivo. Esta é outra das loitas que seguimos para defender a nosa profesión e o noso papel de especialistas e prescritores de exercicio físico, chámese hipopresivo, pilates, ioga, carreira, etc.

 

Aínda que estas técnicas son coñecidas desde a antigüidade, non é ata comezos deste século que comezan a aplicarse ao mundo do fitness. Ti fuches a primeira persoa en desenvolver un protocolo de adestramento baseado nos principios da hipopresión. Que tipos de exercicios se realizan no Low Pressure Fitness e que teñen en común?

A base do programa de fitness de baixa presión ou hipopresión son dous puntos principais: a baixa presión psicolóxica e a baixa presión física. Para diminuír a presión física utilizamos posturas de baixo impacto e de descarga da columna, posturas baseadas na reeducación postural global e no ioga. Ademáis úsanse respiracións que son tamén de baixa presión.

Dende o punto de vista psicolóxico utilízanse exercicios respiratorios e patróns de respiración e de movemento que axudan a diminuír a actividade do sistema nervioso. Recorremos a movementos moi lentos, moi secuenciados, unha forma de ensino baseada na neuro-educación e moita relaxación a través da meditación e a través da respiración.

Hoxe están de moda os programas de fitness de alta intensidade. Low Pressure Fitness é como o contrario, o fitness de baixa intensidade. Serve como complemento para o balance entre as actividades de alta intensidade ou como punto de partida para as persoas que non poden realizar actividade física intensa ou que prefieren unha actividade lixeira para o seu corpo e a súa mente.

 

As aplicacións recentes do método hipopresivo centráronse na recuperación postparto e na rehabilitación uroxinecolóxica, pero tamén é útil na dor de espalda e mesmo serve para diminuír a cintura. Como axuda este sistema en estes e outros casos?

Si, as aplicacións do hipopresivo centráronse na rehabilitación e prevención do chan pélvico pola acción indirecta da reeducación da postura e da respiración no solo pélvico. Desta misma maneira, cando se adestra a postura e os seus músculos e tamén a respiración, diferentes sistemas do organismo relacionados tanto directa como indirectamente melloran a súa funcionalidade. Este é o caso da diminución da dor de espalda (polo adestramento postural e da musculatura abdominal) e tamén o caso da mellora da cualidade de vida, porque se traballa tanto a respiración como a relaxación e tamén os principais musculos do corpo. Cando te atopas mellor fisicamente ou solucionas algún problema físico ou de dor a túa calidade de vida tamén mellora. Ademais, hai que facer fincapé en que grazas á divulgación dos hipopresivos pola nosa parte comezou a falarse de temas relacionados coa saúde íntima da muller o do solo pélvico, tanto para mulleres en xeral como para profesionais. O chan pélvico non é que estea de moda, debería ter sido un tema de fácil acceso para todas e todos dende sempre.

 

Que ten que facer unha persoa que queira realizar estes exercicios, onde se pode dirixir e canto tempo ten que lles dedicar?

Calqueira persoa que queira practicar Low Pressure Fitness ou hipopresivos terá que se poñer nas mans dun profesional titulado, como un licenciado/graduado en Ciencias da Educación Física e do Deporte. Se esta persoa quere practicar para tratarse dunha patoloxía, recomendamos traballar de forma conxunta cun terapeuta e co profesional do exercicio. Abundan os tutoriais en internet, pero existe risco de facer os exercicios mal e hai contraindicacións que só un profesional cualificado saberá atopar e adaptar. Na nosa web www.lowpressurefitness.com temos un directorio de profesionais da saúde e do exercicio certificados para atopar a persoa máis indicada preto da túa localidade.

 

Hoxe Low Pressure Fitness é todo un modelo de negocio con delegacións en varios países. Como foi a expansión, onde tedes presencia na actualidade e cales son as perspectivas de futuro?

A expansión foi progresiva, aínda que tamén rápida xa que en dous anos xa temos delegacións en 16 países. Este mes pasado conseguimos estar presentes nos cinco continentes, pois Suráfrica xa conta con delegación e era o continente que faltaba. Novas incorporacións destes meses foron Colombia, Suráfrica e Escocia. Xa contamos con Canadá, Arxentina, Brasil, Chile, Uruguai, México, US, Australia, Indonesia, etc. No futuro esperamos abrir en UK e países de Centro América como Costa Rica ou Panamá. A comercialización internacional é moi difícil e estamos aprendendo moito, pero tamén cometendo moitos erros pois todo vai tan rápido que ás veces non temos tempo para atender todas as demandas. Ademais hai que darlle tempo ao resto de países para espallar un programa que non é tan coñecido alí como en España. E tamén temos o mesmo problema de sempre, que non temos inversión económica externa e hai moi poucos cartos para reinvertir en internacional, polo que o avance é máis orgánico, como aconteceu en España.

 

Tedes detrás un importante equipo. Canta xente está na actualidade vinculada a o voso proxecto?

Temos un equipo de grandes profesionais, pero realmente de grandes corazóns. Todo o equipo é como unha familia, son persoas excepcionais que traballan máis que nós e teñen ainda máis paixón polo proxecto. Esa é a razón do noso crecemento, a paixón que todo o equipo lle pon. Somos máis de dez persoas e agardamos ser máis axiña.

 

Dedicades tamén un esforzo importante á formación de novos profesionais e organizades os cursos por niveis. A quen están orientados cada un deles?

Si, entre as nosas actividades está a formación de profesionais en Low Pressure Fitness. Está organizada en dous niveis: o básico (1, 2 e 3) e o especialista (4, 5 e 6). Os interesados poden certificarse no nivel básico e despois no nivel especialista. Esta formación está orientada para profesionais da saúde, o deporte e o exercicio.

 

No voso caso partíchedes dunha base xa coñecida, como o método hipopresivo, para darlle unha orientación concreta e innovar ata rexistrar o voso propio sistema. Cres que no mundo do deporte queda aínda espazo para a investigación e a innovación?

Si, cremos que queda moito espazo para a investigación e a innovación. O mundo evoluciona e tamén as necesidades das persoas, por iso debemos innovar nas novas estratexias que se demandan. No noso caso temos como obxectivo  mellorar a saúde e divulgar unha nova forma de exercicio para todo o mundo. A figura do licenciado/gradudado en CAFYD é moi nova aínda, por iso creo que a medida que a profesión creza, tamén o fará a nosa presencia social e as nosas achegas.

 

Low Pressure Fitness é un claro exemplo de que deporte e saúde camiñan da man. Cal é, na túa opinión, o papel que os profesionais do deporte teñen que xogar no mundo da saúde?

Low Pressure Fitness é o perfecto exemplo de cómo os profesionais do deporte temos moito que dicir na saúde. De feito nós somos os que tratamos a población con saúde. Se estás enfermo vas o hospital, non sei como se lles poden chamar centros de saúde. Os centros de saúde son os centros de exercicio, ximnasios, parques… etc. Nós somos os profesionais da saúde máis claros, pois a medicina que conta con maior evidencia de resultados na saúde é o exercicio. Temos unha medicina poderosa pero a sociedade fainos sentir ninguén, pequenos,os do chándal, os de ximnasia. Se non cres na túa capacidade como profesional, como vas cambiar ao resto?

 

Un dos principais problemas que afrontan as profesións do deporte é o intrusismo. Como é a túa experiencia persoal neste caso?

A miña experiencia é positiva pois nunca sufrín ningún caso de intrusismo a nivel persoal, pero aínda así creo que a base do problema non é o intrusismo senón a falta de regulación profesional. Mentres non se regule a profesión e se cambien as leis o resto das persoas están no seu libre dereito de exercer o que a lei lles permite, outra cousa é a ética ou a moral. Vexo moitos fisioterapeutas facer de adestradores persoais e peluqueiras sacar un curso de zumba e dar clase. Isto é moi cuestionable e daría para moito debate, pero non se pode facer nada ata que non se regule. Disto encárganse o colexio e a loita de todos nós, e se hai que ir e interpoñer recursos como fixemos nós para defender o nosos dereitos e deberes pois hai que facelo. Quedando na casa ou protestando nas redes sociais como fan moitos non se conseguen os cambios.

 

O equipo directivo de Low Pressure Fitness está formado  por tres colexiados, que mensaxe lle trasladarías a todos aqueles compañeiros que aínda non o están? Como ves o noso futuro profesional?

Retomando a cuestión da anterior pregunta… o futuro profesional depende de nós mesmos e se realmente cremos que agardando, os cambios virán por si mesmos vamos apañados. Hai entidades como o Colexio e outras como AGAXEDE que defenden a profesión do exercicio e o deporte. Se non te asocias ou colexias pouco poderán facer. Son as asociacións que representan a nosa profesión en Galicia, que dependen de nós e nós delas de forma recíproca.

 

Os exercicios posturales combínanse coa respiración

 





¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
EMPRESAS COLABORADORAS
 
 
 
ENTIDADES COLABORADORAS
 
 
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg