Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
ELECCIONS 2019
EF NA RÚA 2019
O COLEXIO
COLEXIARSE
EMPREGO
CONTRATACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
REGULACION
VISIBILIDADE
ASEMBLEAS
ELECCIONS
LEIS & CONSULTAS
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
PORTELO UNICO
CONVERSAS CON ALBERTO MOURINO - OUTUBRO

 

 


 

ALBERTO MOURIÑO CABALEIRO, colexiado 55.229. Cofundador do Centro da Saúde e do Movemento de Lalín

 

"Aplicar un IVE do 21% ao exercicio físico é un atranco para a prevención de enfermidades"

 "A 'moda' da actividade física ten que abandonar o plano estético e integrarse no da saúde"

 

Empezaches a túa formación no eido do deporte, como evolucionaches hacia o campo da saúde?

Estudei Maxisterio por Educación Física e a continuación a Licenciatura de Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Unha vez rematada a formación universitaria fixen o master en Alto Rendemento Deportivo do COE á vez que realizaba formacións en Mecánica do Exercicio polo Resistance Institute. Actualmente continúo en formación intentando orientala hacia a fisioloxía do exercicio e hacia a psicoloxía para ser capaz de comprender e axudar a xente a que cambien o seu estilo de vida.

 

O papel que deben xogar os profesionais do deporte nos temas de saúde é unha das liñas de traballo do COLEF. Como xurdiu o Centro da Saúde e do Movemento?

Hai dous anos, un amigo fisioterapeuta e máis eu decidimos abrir unha clínica. CSM pretendía ser un proxecto novo e diferente, queriamos ofrecer algo distinto ao que había no mercado, pero orientado á saúde. Despois de moito tempo falando e dándolle voltas decidímonos a dar o paso. Nun principio o meu campo estaba máis enfocado ao rendemento e fases finais de recuperacións deportivas, pero co paso do tempo detectamos que cada vez máis xente chegaba a nós con distintas patoloxías que precisaban un tratamento cun enfoque diferente. Foi entón cando constatamos que unha porcentaxe moi elevada viña onde nós para facer exercicio pero non por unha cuestión de ocio, senón por unha cuestión de saúde para tratar así a súa enfermidade.

 

Cal é a túa función no centro clínico no que traballas e como se artella a colaboración co resto dos profesionais?

A misión do noso centro é unir a saúde e o movemento, xa que as dúas cousas non poden existir por separado. As persoas chegan a nós cun diágnostico médico que nos serve de punto de partida para deseñar especificamente un tratamento. No meu caso está enfocado á fisioloxía do exercicio para tratar esa doenza conseguindo uns maiores beneficios. Ás veces, antes de comezar a facer exercicio necesitan pasar por algo intermedio, polas mans do meu compañeiro, que tamén nos marca pautas e límites.

A colaboración resulta sinxela porque traballamos man a man, sumamos esforzos e formación para ofrecer unha atención e un servizo o máis completo posible. Estamos en continua comunicación para deste xeito coñecer o estado do paciente en todo momento.

  

Como acollen os pacientes as túas recomendacións? Que relación estableces con eles?

Todas as recomendacións que facemos aos nosos pacientes parten de dous principios: o primeiro a claridade, empregando unha linguaxe compresible e accesible para calquera persoa, independientemente da súa idade. O segundo é a investigación científica, baseándonos en proxectos e procesos xa testados. Agora ben, pensamos que a clave para poder conectar co paciente pasa por explicarlle de maneira sinxela procesos fisiolóxicos complexos, para que confíen no que están a  facer e sobre todo saiban por que nos estamos a decantar por esa terapia.

 

Unha das túas preocupacións é a diferenza entre o IVE que soportan os servizos de fisioterapia e os deportivos. Que propostas fas neste sentido e como cres que repercutiría a rebaixa?

A saúde pública é a disciplina encargada da protección e da mellora da saúde da poboación xeral, e o seu obxectivo é controlar e erradicar enfermedades. Nesta definición, obtida da RAE, un aspecto importante da saúde pasa pola prevención e, por conseguinte, pola practica de exercicio físico. Numerosas investigacións constatan que é a ferramenta máis potente para a prevención de doenzas de todo tipo: cardiovasculares, cancro, cerebrais, psicolóxicas, lesións, etc. Non hai unha soa enfermidade que non se poida previr ou tratar con exercicio físico.

Resúltame moi difícil entender que se realmente todo o mundo coñece os beneficios do exercicio físico se lle aplique un imposto do 21%, porque esto non é un incentivo senón máis ben un impedimento. Ao repercutir directamente no prezo, en lugar de incentivar a prevención están a engadir un atranco. Estamos provocando que realizar exercicio físico se convirta nunha actividade a cal non todos poden acceder.

 

Que poden aportar os profesionais deportivos ao campo da saúde en xeral?

Alén do xa comentado anteriormente, nós, os profesionais deportivos, podemos contribuír a mellorar a saúde desde a prevención de enfermidades e lesións, e achegar o noso gran de area para que mellore a calidade de vida dos que practican deporte. Ademáis temos a posibilidade de estar máis tempo cos pacientes e así podemos persuadilos de levar un estilo de vida máis saúdable. Temos un traballo moi importante xa que nas nosas mans está a posibilidade de reducir o sedentarismo, con todo o que conleva.

 

Que opinas da imaxe social que teñen os profesionais do deporte? Ves algún cambio nos últimos tempos?

Falando coa xente penso que non temos unha boa imaxe social, pero dende o meu punto de vista ven dada pola nosa culpa. Moitos dos licenciado en CAFD non teñen a vocación de adestrador, recuperador ou mesmo profesor, senón que fan a carreira pola súa afección persoal á práctica deportiva. Iso tradúcese moitas veces, e as estatísticas corrobórano, en que boa parte dos titulados acaban exercendo profesionalmente en ámbitos que non teñen que ver necesariamente co deporte. Incrementr o nivel da carreira universitaría suporía un cabio polo que só estarían dispostos a pasar os alumnos aos que realmente os motiva a saúde. Por exemplo, ninguén fai unha carreira tan esixente como pode ser Medicina se realmente non ten claro o que quere do seu futuro profesional.

Penso que un profesional no ámbito da saúde e do exercicio físico, que é o que me corresponde, debe coñecer a fisioloxía e a  fisioloxía do exercicio, para deste xeito saber como poder abordar unha enfermidade. Tratar a un paciente sen explicarlle con exactitude o que acontece no corpo cando non practica exercicio significa perder unha ferramenta importante de persuasión. Moita xente non realiza exercicio por falta de información.

Actualmente hai unha ampla oferta formativa moi interesante, de xeito complementario á oferta académica (e maioritariamente de ámbito privado) para completar a formación universitaria. En paralelo, proliferan os blogs de carácter divulgativo nos que está todo referenciado con investigacións poden ser unha boa ferramenta para contribuír a un mellor entendemento da nosa profesión, sobre todo no marco dunha mellora no ámbito da calidade de vida da cidadanía.

 

Cara onde debería ir a profesión? Que nos agarda, na túa opinión, no futuro?

 

Temos unha das profesións máis demandadas porque parece que coidarse "está de moda". Con todo, o noso obxectivo é conseguir que a percepción desta "moda" abandone o plano estético e se integre no da saúde. A mensaxe que deberíamos trasladar á cidadanía pasa polo feito de que a boa alimentación, a práctica regular de exercicio e manter uns hábitos saudables contribúe a unha óptima calidade de vida, e que nós temos moito que ver nese proceso.

 





¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
EMPRESAS COLABORADORAS
 
 
 
ENTIDADES COLABORADORAS
 
 
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg