Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
EF NA RÚA 2019
ELECCIONS 2019
O COLEXIO
COLEXIARSE
EMPREGO
CONTRATACIÓN
FORMACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
REGULACIÓN
ASEMBLEAS
ELECCIONS
LEIS & CONSULTAS
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
PORTELO UNICO
CONVERSAS CON... DIEGO BOUZA - NOVEMBRO

 

 

DIEGO BOUZA FACHAL, colexiado 52.954.

Cofundador do Centro EZEN Salud y Rendimiento en Narón e A Coruña

"Precísanse recursos humans profesionais e competentes: en tódalas nosas áreas temos profesionais titulados especializados"

"Cada vez hai máis demanda é cada vez hai profesionais máis competentes. Isto vai seguir para adiante e un punto e seguido sería a regulación profesional, porque nos daría máis visibilidade neste sector"

  

Ti es cofundador do centro EZEN Salud y Rendimiento, con outros   titulados en Ciencias da Educación Física e do Deporte e profesionais doutros campos como a nutrición, a fisioterapia e a podoloxía.

Como xurdiu a idea de crear esta empresa e cal foi a súa traxectoria dende a súa creación?

Todo comezou un día cando nos xuntamos os catro socios fundadores e decidimos emprender esta aventura da creación dunha marca de adestramento. Todos somos licenciados en Ciencias da Educación Física e do Deporte, especializados en saúde e rendemento. Ao longo dos anos démonos conta do pouco que se nos valoraba aos licenciados en CAFD no ámbito laboral e cada vez tiñamos máis claro o déficit de base de preparación física que había nos clubes deportivos, no adestramento persoal, nos ximnasios ou nas escolas.

O nome de EZEN ven do lema “Educa e Adestra o teu corpo”, no que xuntamos o proceso individualizado do adestramento persoal cos beneficios do adestramento en grupo, todo baixo unha planificación individualizada e coa supervisión continua dun adestrador.

EZEN naceu en novembro do 2013 nun local moi pequeno en Ferrol e tamén firmando un convenio de colaboración cun ximnasio da zona; en 2014 abrimos un novo local en A Coruña, nos arredores de Juan Flórez. De ahí pasamos ao punto álxido de EZEN coa creación dun centro deportivo multidisciplinar de 1500m2 en Narón, que é referencia en España pola súa orixinalidade e o cambio de percepción de negocio. Traballamos mutidisciplinarmente cun departamento de Nutrición, de Fisioterapia e outro de Podoloxía; ademáis de ter colaboración con médicos e psicólogos.

Non entendemos o noso traballo sen un equipo multidisciplinar das áreas que abarcan as ciencias do exercicio físico e o deporte.

O adestramento para grupos e o adestramento persoal á carta son algunhos dos servizos que ofrecedes. Vos sodes titulados e por tanto tedes os coñecementos precisos para realizar este traballo pero, á marxe disto, en que se diferencia EZEN dun ximnasio tradicional?

A gran diferencia de EZEN con outros centros tradicionais é que EZEN ten moito traballo detrás, cun sistema de adestramento baseado na ciencia, experiencia e no sentido común que se adapta a calquer individuo e para calquer obxectivo (adestramento á carta). Sempre temos un adestrador pendente do usuario, ademais facemos valoracións funcionáis, da composición corporal e da condición física cada catro meses para valorar o nivel dos usuarios e o seu progreso e así adaptar o adestramento. A parte de isto, non é posible adestrar en EZEN sen adestrador persoal, cousa que sucede nun ximnasio tradicional.

Outro dos puntos importantes que nos diferencia doutros negocios do sector é que contamos cun sistema por niveis de adestramento en base á evaluación da condición física, que xunto coas demáis valoracións e os obxectivos descritos na entrevista persoal permítennos planificar o adestramento do usuario.

Cabe destacar que EZEN céntrase no adestramento en grupo reducido de ata catro persoas, heteróxeneo, onde cada un fai o seu adestramento persoal, non é o mesmo traballo para todo o grupo. A clave está na individualización.

Todo o que levamos conseguido e os proxectos futuros son gracias ao traballo coordinado e dinámico do equipo EZEN, que non só comprende aos socios fundadores, senón que facemos partícipes da empresa a todos os traballadores e a todos os departamentos.

O adestramento personal é unha moda pasaxeira ou estamos diante dun fenómeno que chegou para se quedar?

Dende fóra pode interpretarse que o adestramento persoal é una moda, pero a realidade é que cada día máis xente demanda profesionais cualificados no sector, máis xente comeza a facer exercicio, polo que estamos diante dun fenómeno que chegou para se quedar.

Qué recomendación lle darías aos nosos colexiados que teñan pensado emprender ou desenvolverse neste sector?

Detrás da nosa marca de adestramento persoal “EZEN” hai un ano de proxecto previo e un plan de negocio que se vai actualizando para adecuarse ás necesidades do mercado ou ás oportunidades de negocio, polo que para comprender a evolución do sector é necesario mirar fóra de España. Isto sérvenos para que a día de hoxe estemos pasando a barreira dos tres anos con novos proxecto ao fronte sen axudas nin inversión axenas.

Para comprender a base do adestramento persoal EZEN hai que entender que os seguintes puntos son claves no sector:

Recursos humans profesionais e competentes: en tódalas nosas áreas temos profesionais titulados especializados. En EZEN non traballa xente sen titulación universitaria, cremos e defendemos a profesionalización do sector, pero tamén o traballo multidiscplinar con médicos, fisioterapeutas, nutricionistas, podólgos, psicólogos…

Centro de traballo: hai xente que busca cousas diferentes e quere un centro ou espazo familiar, con atención, ameno e diferente para adestrar; non quere acumulación de xente, entrar nun sitio onde non o coñecen ou utilizar unha máquina antes de saber utilizar o seu corpo.

Sistema de traballo: EZEN ten un sistema de traballo baseado na ciencia, na experiencia e no sentido común que permite crear unha planificación específica para cada persoa, seguir a súa evolución e compartir datos directamente entre adestradores e profesionais. Este sistema traballa por niveis, con evaluacións previas e continuas e co obxectivo de conseguir o resultado perseguido polo usuario o antes posible.

Formación continua: todo o equipo de EZEN está en constante actualización con formación complementaria ou formación reglada, como é o meu caso xa que estou a facer o Master de alto rendemento na Universidad Católica San Antonio de Murcia. Ademais de que ao longo do ano facemos formacións internas de empresa a cargo de EZEN. 

Que tipo de clientela acude a EZEN? Son deportistas profesionais, simplemente xente que busca atoparse mellor físicamente, personas que precisan algún tipo de rehabilitación, mozos, maiores ou de toda as idades?

En EZEN temos todo tipo de usuarios: nenos/as, maiores, personas con limitacións, personas que só buscan a mellora da condición física, personas que buscan ocio ou estética, personas con diversas patoloxías que teñen prescripción médica, deportistas de alto rendemento de diversos deportes como o baloncesto, o surf, o futbol, artes marciais… En definitiva, en EZEN adaptámonos a calquera perfil, e calquera persona é benvida.

Contades con sedes en Narón e na Coruña, canta xente traballa na actualidade en EZEN e que planes de futuro tedes?

Agora mesmo temos tres sedes e temos en vista dúas máis. Temos dúas sedes en A Coruña e unha en Narón e estamos á espera de montar un centro referente en Coruña e de firmar un acordo en Murcia para abrir outro centro.

Na empresa agora mesmo hai 15 traballadores: 10 adestradores, incluidos nós os catro, os socios fundadores, máis unha fisioterapeuta, unha nutricionista, unha podóloga,  unha community manager e o persoal de limpeza.

Tedes tamén unha parte formativa no centro. Para que tipo de profesionais está pensada a oferta de cursos?

Ata agora a parte formativa a adicamos a traer ponentes de España de diferentes ámbitos, pero queremos empezar a formar coa marca EZEN porque estamos tendo demanda e podemos aportar experiencia ao sector.

Esta formación é complementaria, non certifica para exercer a profesión. Temos moi clara a necesidade de ter unha base que proveña da formación reglada, pero con isto non basta, hai que ser conscientes de que traballamos nun sector en constante actualización e que precisa dunha formación continua.

Cremos na formación complementaria e a vemos necesaria porque actualiza, especializa e aumenta o coñecemento dun profesional competente, e calquera pode asistir a una formación complementaria, sexa de medicina, xestión, deporte, adestramento… pero hai que deixar claro que estas formacións non dan competencias regladas, e esperamos que España evolucione e por fin saia a regulación profesional no noso sector.

Que poden aportar, na túa opinión, os profesionais deportivos ao campo da saúde en xeral?

Un “educador físico” aporta no ámbito da saúde aquelo para o que é competente, adestrar á xente e cando hai que implicarse en casos patolóxicos sempre ten que haber una supervisión e autorización de profesionais sanitarios e un traballo multidisciplinar.

Eu creo que o debate deste tema é por querer abarcar máis do que se debe, se todos tivésemos claro ata onde chegan as competencias de cada profesional non habería ningún problema na regulación.

Nós traballamos multidisciplinarmente e non temos ningún tipo de problema entre os profesionais porque todos entendemos os labores dos outros profesionais, pero tamén é necesario traballar multidisplinarmente para ver o que cada profesional pode aportar.

E por suposto exclúo rotundamente do ámbito multidisplinar a profesionales que invadan competencias doutros sectores como médicos que adestran personas, fisioterapeutas que son adestradores persoais, licenciados/graduados en INEF que fan dietas ou diagnostican, nutricionistas que prescriben exercicio; e por suposto a calquera que non teña formación reglada.

Cabe desatacar, para aqueles que pensan que a nosa carreira non se debe englobar en ciencias da saúde como antiguamente, que a maior parte da investigación do noso sector está incluída en ciencias experimentais onde se aplica o método científico, e non tanto en ciencias sociais onde se aplica o método observacional. Quizais o problema estea en leis obsoletas que hai que actualizar para poder evolucionar a especificade das carreiras universitarias.

Que opinas da imaxe social que se ten dos profesionais do deporte? Ves algún cambio nos últimos tempos?

Dende o meu punto de vista cada vez hai máis profesionais do deporte, cada vez diversifícase máis o interese dos alumnos/as de ciencias da educación física e do deporte cara ao adestramento e a xente cada vez demanda máis profesionais cualificados.

Estos días saíron as tendencias fitness 2017 e sitúan no cuarto posto a profesionais do fitness, formados, certificados e con experiencia. Isto é moi bo para o sector e proxecta un bo futuro neste campo.

Creo que a imaxe que a sociedade ten dos profesionais do deporte cambiou moito nos últimos anos, e xente que nunca pensou que algún día adestraría, hoxe en día o fai. Xa hai moita evidencia dos beneficios do exercicio, esta información xa chega ás personas e xa hai moitos médicos que recomendan aos seus pacientes facer exercicio con profesionais.

Por outro lado creo que aquí se debe comentar unha cousa que considero importante para seguir mellorando a imaxe social dos profesionais do deporte, e é que un adestrador persoal debe predicar co exemplo, é dicir, se ti “vendes” un produto que é saúde, rendemento, ocio e estética, e queres que a xente invista tempo en ir a adestrar porque ten uns beneficios importantes, tamén tes que coidar a túa alimentación e facer exercicio. Non creo que un adestrador persoal obeso sexa un bo adestrador, porque unha profesión na que traballas con xente precisa máis cousas que só coñecemento: imaxe persoal, boa comunicación, socialización, ser un exemplo a seguir…

Cara onde debería ir a profesión? Que nos agarda, na túa opinión, no futuro?

Creo que coma nós hai xente en España creando cousas semellantes e cada vez máis os ximnasios teñen oferta de adestramento persoal. Cada vez hai máis demanda é cada vez hai profesionais máis competentes. Isto vai seguir para adiante e un punto e seguido sería a regulación profesional, porque nos daría máis visibilidade neste sector e diferenciaría claramente ao profesional cualificado do que non o é.

 A liña de adestramento en España está imposta por ximnasios low cost, onde podes adestrar sen atención a un bo precio; o outro tipo de ximnasios son os high class, con mellor atención, boa maquinaria e gran variedade de servizos. Hai centros de adestramento persoal que se adican só a adestramento persoal, que se adaptan á demanda do cliente; centros de actividades dirixidas grupais como crossfit, pilates, ioga, que adestran da mesma maneira a todo o mundo pero son amenos e teñen dinámica de grupos; e logo están os centros de adeastramento persoal como o noso que se adican só a adestramento persoal e en grupo onde o obxectivo e educar e adestrar o corpo para chegar a conseguir unha autonomía, onde se consegue unha fidelización grande da clientela, que pasa a formar parte dunha marca e síntese pertencente a un grupo. A clave está en “Educar e Adestrar o teu corpo”.



 





¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
EMPRESAS COLABORADORAS
 
 
 
ENTIDADES COLABORADORAS
 
 
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg