Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
EF NA RÚA 2018
O COLEXIO
COLEXIARSE
EMPREGO
CONTRATACIÓN
FORMACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
DEFENSA
REGULACIÓN
ASEMBLEAS
ELECCIONS 2018
LEIS & CONSULTAS
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
PORTELO UNICO
ENTREVISTA A MANUELA VAZQUEZ COTO - NOVEMBRO 2016

 

 

MANUELA VÁZQUEZ COTO é a nova colaboradora de Formación do COLEF Galicia

 

"Unha lei das profesións do deporte, debidamente formulada evitaría déficits de seguridade e calidade nos servizos deportivos"

"Un dos temas que máis me preocupan é a discriminación que padecemos as mulleres neste campo"

 

Colexiada número: 12855

Lugar de nacemento: Rianxo (A Coruña)

 

Cal é, até o de agora, a túa traxectoria profesional?

A parte de licenciada en Ciencias da Actividade Física e do Deporte son diplomada en Maxisterio na especialidade en Educación Física e tamén técnica superior en Actividades Físicas e Deportivas.

A miña experiencia laboral estivo centrada principalmente até o de agora no meu traballo como monitora e coordinadora dos servizos e actividades que oferta unha ANPA, e como colaboradora nas actividades que xiran en torno aos xogos populares que se fan dende o MELGA. Cando rematei a carreira tamén traballei un tempo, antes de empezar coa tese, nun centro deportivo.

 

Que foi o que te levou a presentarte como colaboradora do programa formativo do COLEF? Que é o que te atrae da experiencia?

Presenteime polas miñas inquedanzas de adquirir novos coñecementos, novas experiencias, de abrir novas portas, descubrir novos ámbitos de actuación... Grata sorpresa cando me dixeron que fora a seleccionada, o certo é que non mo esperaba.

O que me atrae de todo isto é a posibilidade de aprender, de enriquecerme en algo no que non teño experiencia e polo tanto engrosar un pouquiño máis o meu currículo. Traballar man a man cun grupo de persoas cuns intereses en común de seguro que dará bos froitos.

 

Como valoras o labor do COLEF e que pensas que aporta aos colexiados tanto no ámbito da formación como no resto?

O COLEF aporta moito ás persoas que conformamos este colectivo pois a parte de ofrecernos formación ao longo do ano tamén nos brinda outros servizos moi interesantes e algúns deles primordiais como o seguro de responsabilidade civil. Ademais, vela pola defensa da nosa profesión presentando recursos para que as ofertas de emprego se correspondan coa titulación esixida. 

 

Falabas antes de que estás preparando a túa tese doutoral. Sobre que trata?

A miña tese de doutoramento versa sobre un xogo popular-tradicional chamado “A Bugalliña”. Nela o que pretendo facer é unha análise etnomotriz e feminista desta práctica lúdica que actualmente está vixente na parroquia de Santo Estevo (Carballeda de Avia, Ourense) grazas ás oito mulleres que aínda manteñen vivo este xogo domingo tras domingo.

 

Cara onde queres dirixir o teu futuro profesional?

Agora mesmo estou desexando rematar e defender a miña tese. No momento en que me libere centrareime máis no meu futuro profesional. Antes tiña moi claro que quería ser docente de Educación Física na etapa de Primaria pero a estas alturas a verdade é que esa ilusión xa non é tal. Gústame a docencia pero prefiro os colectivos que xa teñen un interese real sobre a actividade física e o deporte.

Tamén hei de dicir que grazas a Implicadas No Desenvolvemento puiden e podo organizar varios eventos deportivos como a carreira Corre con Implicadas, a andaina solidaria “Dá o paso” e unha masterclass de zumba e bodycombat “Bate no corazón”. Con isto dinme conta que o ámbito da xestión deportiva, principalmente a organización de eventos, agrádame profundamente.

 

Cales pensas que son os principais retos para as profesións do deporte neste momento? Como ves a situación actual? Es optimista con respecto ao futuro?

Un dos principais retos penso que é a regulación da nosa profesión para evitar o intrusismo profesional e polo tanto que persoas non formadas neste ámbito poidan desempeñar a súa labor no noso eido ou acadar postos que non lles corresponden xa que carecen da titulación pertinente. Considero que dispor dunha lei que regula as profesións do deporte debidamente formulada evitaría entre outras cousas déficits claros na seguridade e calidade de calquera dos servizos deportivos existentes.

Considérome optimista e penso que imos dando pasos importantes aínda que sexan poucos e distanciados no tempo. Xa hai comunidades que tiveron importantes avances, a noticia máis recente chéganos dende a comunidade de Madrid sobre a lei que acabo de mencionar pero dende logo aínda nos queda moito camiño por percorrer.

Un dos temas que máis me preocupan é a discriminación que as mulleres padecemos neste campo. A desigualdade no deporte é un feito, vémolo cada día e dáse en todos os seus ámbitos: escasas referencias femininas, desigualdades salariais, pouca visibilidade por parte dos mass media, abusos físicos e maltratos psicolóxicos, infrarepresentación entre o persoal técnico e postos en equipos directivos de federacións, clubs..., dificultades para atopar infraestrucuturas e apoios económicos....

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 





¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
ENTIDADES COLABORADORAS
 
 
 
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg