Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
EF NA RÚA 2019
ELECCIONS 2019
O COLEXIO
COLEXIARSE
EMPREGO
CONTRATACIÓN
FORMACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
REGULACIÓN
ASEMBLEAS
ELECCIONS
LEIS & CONSULTAS
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
PORTELO UNICO
ENTREVISTA A QPRO GYM (FEBREIRO 2017)

 

 

QPRO GYM (Juan Fernández, Miguel Barros, Miguel Alonso e Noelia Rivadulla)

 

"Cando se traballa ben, con profesionais recoñecidos, titulados e con confianza recíproca é moi fácil. A multidisciplinariedade non divide, suma"

 "Cando un graduado sae da facultade ten que asumir a responsabilidade de defender a profesión que representa"

  “A mellor formación, a competitividade, farán do noso un sector máis forte e con maior impacto económico. Este crecemento laboral e mercantil forzan unha nova lexislación"

 

Colexiados número: 53.136 (Juan Fernández); 58.313 (Miguel Barros); 54.585 (Miguel Alonso) e 56.597 (Noelia Ribadulla)

Sede da empresa: Moaña

Vós sodes catro titulados en Ciencias da Educación Física e o Deporte e decidíchedes, contando con profesionais doutras áreas, crear QPRO Gym. Como xurdiu a idea de constituír esta empresa e cal foi a súa traxectoria dende a súa creación?

É a evolución do traballo que comezou un dos asociados, Juan Fernández (Col. Nº53.136), cando chegou a Moaña en 2002 como adestrador nunha sala de musculación. Grazas ao labor duro e rigoroso conseguiu enxalzar a función do adestrador titulado en CCAFD, loitando contra os tópicos e a falta de profesionalidade habitual do sector. Xerminou así entre a poboación local a nosa filosofía de traballo, destacando a importancia da realizar actividade física baixo a prescrición dun titulado CCAFD.

Tras un par de anos traballando xuntos Juan Fernández e Miguel Barros (Col. Nº 58.313), en 2012, condicionados polo contexto económico, decidimos emprender pola nosa conta creando unha sociedade dedicada á xestión e prescrición de exercicio, co nome comercial de QPRO gym. Máis adiante tivemos a sorte de contar con Miguel Alonso (Col. Nº 54.585) e Noelia Rivadulla (Col. Nº 56.597), fundamentais neste proxecto.

 

O adestramento persoal ou funcional, a preparación para oposicións, a recuperación post-parto son algún dos servizos que ofrecedes. Vos sodes titulados e polo tanto tedes os coñecementos precisos para realizar este traballo pero, á marxe disto, en que se diferencia o voso dun ximnasio tradicional?

Unha das bondades que ofertan todos os ximnasios (incluídos os modelos low cost) é o “trato personalizado”, concepto ambiguo con gran poder comercial pero en termos de prescrición de exercicio algo realmente difícil de atopar.

Nós garantimos que o usuario será atendido por un titulado en CCAFD e que, ademais, será este profesional o que planifique e prescriba completamente o adestramento, tanto aspectos cualitativos como cuantitativos, volume, intensidade, tipo de exercicio etc. Ademais da parte máis visible, que é a explicación e corrección das tarefas.

Para este labor de prescrición o adestrador entrevista ao usuario, elabora unha planificación adaptada, específica e persoal, que se vai completando en sesións e microciclos, sempre baixo a tutela do titulado en CCADF, e que se renova antes de ser rematada. Parece a descrición do servizo dun ximnasio calquera, só que nós o facemos de verdade, có 100% dos usuarios, dende o primeiro ata o último, a un alto nivel de especificidade e calidade, aí a diferenza.

 

O adestramento personal é unha moda pasaxeira ou estamos diante dun fenómeno que chegou para se quedar?

A necesidade e demanda de exercicio físico está aumentando, especialmente por parte dun público que necesita acadar obxectivos, tanto de saúde como de rendemento. Nos casos máis urxentes ou transcendentais atopamos realmente a utilidade de este servizo, se ben no noso caso a planificación dun adestramento estándar xa é moi específica. A través dun adestramento persoal podemos abordar a nosa intervención dende una posición mais próxima, as sesións aprovéitanse máis, xérase maior empatía, maior adherencia e se pode progresar mais rápido. Se ben é certo que sería o ideal, non todas as economías poden asumilo.

 

Que tipo de clientela acude a QPRO Gym? Son deportistas profesionais, simplemente xente que busca atoparse mellor fisicamente, persoas que precisan algún tipo de rehabilitación, mozos, maiores ou de toda as idades?

Traballamos con persoas dende 15 ata máis de 80 anos, temos todos os perfís, pero existen certas relacións entre necesidades/obxectivos e sexo/idade; por exemplo son frecuentes os adolescentes que precisan mellorar a composición corporal ou as mulleres de máis de 60 anos con sarcopenia.

Os deportistas de rendemento, profesionais e afeccionados, demandan máis planificacións e programas de readaptación. Por outra parte, a maior porcentaxe de usuarios, os non profesionais, teñen obxectivos basicamente relacionados coa saúde. Traballamos con eles para evitar efectos derivados do sedentarismo e para mellorar a súa condición física. Máis da metade precisan atención constante durante toda a sesión, e frecuentemente sofren algún tipo de patoloxía leve.

 

Vos traballades con fisioterapeutas, psicólogos e dietistas nunha clara aposta pola multidisciplinariedade.  É fácil delimitar os campos de actuacións de cada quen?

Cando se traballa ben, con profesionais recoñecidos, titulados e con confianza recíproca é moi fácil. A relación multidisciplinar é lóxica e natural. Basicamente somos especialistas en aplicar exercicio fisco, se precisamos outro tipo de coñecemento, contactamos co mellor especialista en ese ámbito, non só por ética profesional, tamén porque queremos ofrecerlles aos nosos usuarios os mellores recursos. A multidisciplinariedade non divide, suma.

 

Que poden aportar, na vosa opinión, os profesionais deportivos ao campo da saúde en xeral?

Estamos convencidos que teriamos que ser recoñecidos como profesionais da saúde. O exercicio físico prescrito de forma adecuada, seleccionando, dosificando e controlando o tipo de exercicio, é unha ferramenta fundamental na prevención, tratamento e recuperación. Sen dúbida os titulados en CCAFD debemos ser os encargados de facer prescrición de exercicio.

 

Que recomendación lle dariades aos nosos colexiados que teñan pensado emprender ou desenvolverse neste sector?

Unha boa análise da previa, un bo asesoramento financieiro e legal, deseñar un bo plan executivo e intentar controlar todo o controlable non asegura nada, pero cremos deber ser a base sobre a que emprender. Despois, no referente á actividade física hai que marcar a diferencia, especialmente con respecto aos non profesionais que invaden este sector.

 

Cales son os obxectivos que tedes para QPRO Gym a corto e medio prazo?

Manter o alto nivel que ofrecemos aos nosos socios é una meta diaria, ademais de traballar para mellorar no proceso e reforzar a filosofía de traballo á que somos fieis. Igual de importante é manter as condicións dos nosos adestradores, se queremos ter aos mellores titulados en CCAFD temos que valoralos como tal.

Mellorar e renovar o equipamento e as instalacións son os nosos seguintes obxectivos. Ofrecer un material coidado e permanentemente disposto para o adestramento é determinante no funcionamento do noso servizo e na satisfacción dos usuarios.

 

Que opinades da imaxe social que se ten dos profesionais do deporte? Vedes algún cambio nos últimos tempos?

Percibimos unha gran evolución dende o inicio da década dos 2000. Tomando como referencia os ximnasios, era frecuente atoparse con autodenominados monitores; competidores retirados ou usuarios con antigüidade. Máis lento do que debería, esta circunstancia esta cambiando. Non obstante a imaxe social do titulado en CCAFD non está no lugar que lle corresponde, facendo autocrítica, en parte, pola nosa culpa. Cando un graduado sae da facultade ten que asumir a responsabilidade de defender a profesión que representa. Se queremos que se nos distinga temos que ser distinguidos.

 

Cara onde debería ir a profesión? Que nos agarda, na vosa opinión, no futuro? Todos sodes colexiados, cal é o papel fundamental que credes que ten que xogar o COLEF?

Parece que o futuro vai cara a profesionalización e a especialización. A mellor formación, a competitividade, farán do noso un sector máis forte e con maior impacto económico. Este crecemento laboral e mercantil forzan unha nova lexislación: regular o ámbito profesional, dar garantías ós usuarios etc. son necesidades urxentes para a nosa profesión.

O COLEF debe ser a primeira forza que loite polos nosos dereitos, constituíndo un ente con peso igual que outros colexios profesionais. Para isto e moi importante que todos os titulados en CCAFD nos concienciemos da importancia de estar colexiados.

 





¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
EMPRESAS COLABORADORAS
 
 
 
ENTIDADES COLABORADORAS
 
 
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg