Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
EF NA RÚA 2019
ELECCIONS 2019
O COLEXIO
COLEXIARSE
EMPREGO
CONTRATACIÓN
FORMACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
REGULACIÓN
ASEMBLEAS
ELECCIONS
LEIS & CONSULTAS
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
PORTELO UNICO
ENTREVISTA A ANA SANTOS SOLLA (FEBREIRO 2017)

ANA SANTOS SOLLA, Representante do Grupo de Traballo do Proxecto Erasmus k2 YES! (Young Europeans in Sports) Erasmus+ en España, que promove actividades deportivas, hábitos saudables en alimentación e técnicas de xestión de estrés, coa participación do IES Valle Inclán de Pontevedra e o Lycée Felix Faure de Beauvais (Francia)

COLEXIADA NÚMERO 12370 

 

"Ao principio os alumnos eran un pouco reticentes, pero agora a maioría dos que veñen apuntáronse a un ximnasio, quedan para ir facer actividades ou camiñar, e se hai algunha carreira solidaria son todos os que queren colaborar indo de voluntarios"

"Na ESO tería que haber unha hora diaria de Educación Física, e en Bacharelato tres horas, mellor lles iría a todos"

 

O proxecto YES! (Young Europeans in Sport) vai máis alá do habitual intercambio de alumnado entre centros de diferentes países. Dous institutos de Pontevedra e da localidade francesa de Beauvais comparten obxectivos para mellorar a condición física, a alimentación e a xestión do estrés do seu alumnado contando con axudas europeas do programa Erasmus+. Ademais de organizar actividades relacionadas con estes temas en cada centro, fanse viaxes nos que os rapaces e rapazas teñen a oportunidade de se relacionar entre si. Ana Santos Solla, profesora no IES Valle Inclán de Pontevedra, fálanos da experiencia e anima a outros compañeiros a desenvolver actividades deste tipo.

 

O primeiro que nos gustaría saber é como xurdiu a idea de poñer en marcha este proxecto entre o IES Valle Inclán de Pontevedra e o Lycée Felix Faure de Beauvais-Francia. Como foi o contacto e de quen partiu a idea? De que idades son os alumnos que participan?

Hai cinco anos veu ao noso instituto unha moza francesa cunha beca Jules Verne (unha estadía dun ano); era Caroline Herth, profesora de Educación Física do Lycée Felix Faure de Beauvais. Traballamos xuntas todo o ano e démonos conta de que aprendemos moitas cousas unha da outra. Cando marchou xa tiñamos claro que queriamos traballar nun proxecto común; durante tres anos fixemos dous proxectos relacionados co acrosport (deporte acrobático) nos que acadamos o selo europeo de calidade Etwinning. En outubro do 2015 ela e dúas profesoras máis propuxéronme participar nun Erasmus K2; o proxecto era moi motivador xa que trataba do deporte, a saúde e a nutrición. Dixen que si e buscamos outro socio. Atopamos un colexio alemán que se sumou á nosa iniciativa e a partir de aí puxémonos a traballar, busquei compañeiros no meu instituto, tarefa nada fácil, pero impliquei á dirección e a dúas profesoras mais.

Presentamos o proxecto en marzo de 2016, buscamos 15 posibles alumnos para os intercâmbios (convocamos a todos os de 4º da ESO e viñeron só 15) e o 31 de agosto soubemos que o proxecto estaba aprobado. Viaxamos a Leipzig (Alemania), que ía ser o noso primeiro intercambio para preparar as actividades. Ao chegar sacamos os billetes, tanto os franceses como nós, para ir a Alemania e de repente os alemáns din que deixan o proxecto por culpa da directora do colexio (era un privado) que non quería unha inspección de contas no caso de que se producira. Total, cartos perdidos da viaxe, cambios no proxecto, reaxuste de todo... pero vontade para seguir adiante. O presuposto continuaba a ser suficiente (estamos a falar de unha subvención total da Unión Europea para viaxes e manutención de 22.000 euros). Os cambios mais significativos son que os rapaces españoles viaxan dúas veces a Francia e os franceses dúas veces a España. As viaxes transnacionais dos profesores quedan nunha soa, xa que conta a que realizamos a Alemania.

A idade de nosos alumnos é de 16 anos, estan en 1º de Bacharelato e, como é un proxecto de dous anos, o que vén estaran en 2º.

 

Que foi o máis difícil?

O que mais nos custou do proxecto foi encontrar un acrónimo que o definira; o último día en París alguén dixo: por que non YES (Young europeans in sports, Xóvenes europeos co deporte)?, e todos estivemos de acordo.

 

Os alumnos franceses xa estiveron en Pontevedra, os vosos foron tamén a Francia? Están previstas máis viaxes durante a duración do programa? Como é o aloxamento durante estes desprazamentos, comparten casa cos alumnos anfitrións?

Os nosos alumnos van viaxar do 23 ao 29 de abril a Beauvais, os franceses volven aquí en outubro de 2017 e nós volvemos marchar a Francia en xaneiro do 2018. O aloxamento é en familia e non tivemos ningun problema.

 

Á vista da publicación que fixéchedes -unha revista na que se contan todas as experiencias desenvolvidas durante a estadía dos alumnos franceses en Pontevedra- parece que a lingua que usades para comunicarvos é o inglés. Como se leva? Os niveis son similares entre os alumnos dun centro e do outro?

Dado que tiñamos un socio alemán no proxecto puxemos que a lingua vehicular ia ser o inglés, logo non puidemos cambiar, pero a verdade é que os rapaces enténdense estupendamente nesa lingua. Creo que as profesoras levámolo peor, pero sempre temos axudas dos nosos compañeiros se precisamos deles para algunha tradución. Os niveis son muy parecidos, eles chatean e wasapean en inglés.

 

Como é o contacto cos profesores franceses para artellar as programacións? As actividades que se organizan, de tipo deportivo, de alimentación, de xestión do estrés, desenvólvense de xeito idéntico nos dous centros? En que consisten, basicamente?

Nós fixemos unha previsión de actividades antes de comezar, tendo claros os obxectivos do proxecto, logo tivemos que ir refinando cada actividade en concreto. No noso centro temos o Club YES, que se xunta todos os venres para realizar actividades tanto físicas como de nutrición, charlas etc... ás que poden asistir os pais. As profesoras reunímonos unha vez ao mês, aínda que e fácil xuntarse cando o precisamos; en Francia tamen se reúnen unha vez á semana e fan atividades. Ás veces collemos ideas deles e outras ao contrario, son elas os que copian. Elas teñen redución horaria polo proxecto e nós non, pero o que nos move é a motivación dos alumnos.

As actividades que organizamos son dúas veces ao mes físicas, unha de xestión do estrés e outra de nutrición o saúde. Aquí temos que contar con amigos e profesionais que nos presten o seu tempo e os seus coñecementos para colaborar conosco, xa que non podemos pagar esas charlas-taller (a subvención é só para viaxe e manutención). Non sempre é doado pero é moi gratificante contar con compañeiros que ensinan ese deporte, unha actividade diferente que ao mellor non é tan coñecida. Tentamos involucrar aos pais invitándoos ás actividades e a resposta foi moi positiva, xa que son eles os que animan aos seus fillos a non faltar nunca ás propostas que facemos. Antes de acabar o curso temos previstas:

-Unha actividade de defensa persoal impartida por policías.

-Un taller de goalball impartido por unha especialista da ONCE.

-Un taller de coidado corporal impartido por unha esteticién.

-Un taller de hixiene bucal impartido por unha periodoncista.

-Un taller de xestión do estrés impartido por unha psicóloga.

Outras moitas témolas na cabeza á espera de atopar alguén que nos axude. En Francia non teñen tantas actividades coma nós, pero é mais por cuestións de “contactos”.

 

Cales consideras que son as principais vantaxes para os alumnos ao participar nun proxecto destas características cun “socio” francés?

Primeiro a riqueza linguistica e cultural, despois que teñen que ir a traballar (non é un intercambio ao uso), teñen que asistir ás clases e compartir moitas horas cos seus correspondants nun idioma que non é nin o seu nin o deles. Teñen que presentar cada día o traballo que fixeron plasmado en resumos que logo aparecen na revista que publicamos.

 

Os alumnos responden ben á pretensión de conciencialos da importancia dun estilo de vida activo e unha alimentación saudable?

Ao principio eran un pouco reticentes, pero agora a maioría dos que veñen apuntáronse a un ximnasio, quedan para ir facer actividades ou camiñar, e se hai algunha carreira solidaria son todos os que queren colaborar indo de voluntarios.

 

Cal é a túa opinión da presenza que ten a Educación Física no horario escolar? Consideras que sería necesario aumentala?

A presenza da Educación física é moi escasa e iso vese cando se fan as actividades no recreo, que non hai ximnasio que chege. Os rapaces necesitan moverse, facer exercicio; eu considero que quitar a Educación Física en 2º de Bacharelato é un erro xa que os alumnos pasan moitas horas sentados, estudando e non poden desfogarse. Os niveis de estrés medran cos anos e sería moi beneficioso, alomenos nesas idades, ter tres horas semanais. Na ESO tería que ser unha hora diaria e en Bacharelato de tres horas, mellor lles iría a todos.

 

  

 





¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
EMPRESAS COLABORADORAS
 
 
 
ENTIDADES COLABORADORAS
 
 
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg