Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
ELECCIONS 2019
EF NA RÚA 2019
O COLEXIO
COLEXIARSE
EMPREGO
CONTRATACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
REGULACION
VISIBILIDADE
ASEMBLEAS
ELECCIONS
LEIS & CONSULTAS
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
PORTELO UNICO
CONVERSA CON PABLO ALEN FEAL (ABRIL 2017)

 

 

PABLO ALÉN FEAL é profesor do ciclo formativo superior de Técnico de Animación de Actividades Físicas e Deportivas (TAFAD) e organizador do Día da Educación Física na Rúa en Santiago de Compostela, que reunijrá o 25 de abril a máis de 500 alumnos na praza da Quintana.

 

"As dúas horas de Educación Física á semana son insuficientes, porque o 80% do alumnado só fai actividade física nestas clases"

"Un dos obxectivos deste día da EF na r úa é mostrar como nas nosas clases os alumnos se fan competentes en primeiros auxilios, aprenden a respirar e relaxarse, a alimentarse, hábitos de hixiene e saúde, postura corporal..." 

 

Colexiado número: 13.795

Lugar de traballo: IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela

 

O vindeiro 25 de abril celébrase o Día da Educación Física na Rua, unha iniciativa que comezou o profesor asturiano Francisco Flórez no ano 2011 co obxectivo de mostra como se traballa nas clases de Educación Física. Seis anos despois, o movemento vai crecendo, coordinado polo Consejo COLEF e os diferentes Colexios Profesionais autonómicos. En Galicia hai inscritos, ata o momento, 16 centros escolares con máis de 1.500 alumnos de diferentes puntos de Galicia, e especial representación dos de Santiago. Xunto ao IES Rosalía de Castro, que foi o promotor da iniciativa na cidade, estarán o día 25 na praza da Quintana o CEIP Raíña Fabiola, o CPR Vilas Alborada, o CPR San Pelayo e o IES Xelmírez 1. Pablo Alén Feal é o colexiado que se ocupa da coordinación de toda esta xornada na capital galega, como o fan noutros lugares outros membros do COLEF (Domingo Sampedro, no IES Fernando Blanco de CEE); Luis Carlos Parada, do IES Río Cabe de Monforte de Lemos e Nuria Fernández Valencia, do IES As Lagoas de Ourense). A finalidade é sacar a materia de Educación Física á rúa para facer visible a súa importancia.

 

Este ano o Día da Educación Física na Rúa promete ser especialmente animado en Compostela. Como foi a túa implicación no proxecto e como comezaches a traballar nel?

Decidín incluír a preparación do Día da Educación Física na Rúa no módulo de Proxecto Integrado no 2º curso de TAFAD. Estivemos traballando ao longo do curso en proxectos individuais de longa duración e comezamos a elaboración deste proxecto máis curto da Educación Física na Rúa na primeira semana de marzo.

 

O día 25 de abril haberá máis de 500 estudantes de diferentes centros da cidade na praza da Quintana (ou no campo de fútbol de Santa Isabel en Galeras en caso de choiva). Que actividades haberá e como se organizarán?

Hai cinco actividades propostas: bailes de salón, desafíos físicos cooperativos, abdominais hipopresivos, mannequín challenge e reanimacións cardiopulmonares (RCP). A parte de estas actividades propostas haberá actuacións dos centros, como por exemplo o IES Antón Fraguas que farán unha roda cubana, actuación de hip hop e percusión corporal.

 

Os teus alumnos de TAFAD terán un protagonismo especial na iniciativa. En que se concreta?

Participarán os alumnos de 1º e de 2º. Os alumnos de 2º, que actualmente están facendo as prácticas, comezaron o proxecto traballando no deseño e a organización do mesmo. Foron por case todos os centros da cidade de Santiago de Compostela presentando o proxecto aos profesores de Educación Física e tamén buscando patrocinios para esta data. A implicación dos alumnos de 2º no proxecto é tal que algúns virán o día 25 á Praza da Quintana a levar a cabo as tarefas encomendadas, algún incluso veñen doutras localidades fora de Santiago onde están a facer as prácticas. Os alumnos de 1º curso dirixirán varias actividades das mencionadas anteriormente, farán de speaker, acompañarán os grupos na entrada e saída da praza e nas transicións entre estacións.

 

Ademais do COLEF Galicia, que outros apoios ten o Día da Educación Física na Rúa en Santiago?

Os alumnos conseguiron diversas axudas como por exemplo de Gadis, Intersport Amancio, club de Triatlon Arcade Inforhouse, academia Nortesport e logo tamén o Departamento de Deportes do Concello de Santiago, departamento de Educación Física do IES Rosalía de Castro e por suposto tódolos centros, profesores e alumnado que participarán no evento.

 

Está claro que concienciar da importancia do exercicio e de levar unha vida activa é un dos obxectivos desta celebración, pero tamén o é mostrar como se traballa nas clases de Educación Física. Cres que esta asignatura está suficientemente valorada nos planes de estudo?

É preciso un cambio de perspectiva da nosa materia por parte da comunidade educativa e da sociedade. A educación física xa non é a ximnasia de fai anos. É unha asignatura xove, que está abrindo a mirada a novos contidos e experiencias. Precisamente ese é un dos obxetivos deste día da EF na rúa, mostrar como nas nosas clases os alumnos se fan competentes en primeiros auxilios, aprenden a respirar e relaxarse, a alimentarse, hábitos de hixiene e saúde, postura corporal,… Sen dúbida son tarefas que realizamos case todos os días dende que nos levantamos, cen por cen competenciais.

É unha das razóns que nos fan pensar que as 2 clases semanais das que dispoñemos fanse insuficientes. A propia LOMCE reflexa o estudio Eurodyce no que se afirma que o 80% do alumnado só fai actividade física nas horas de Educación Física pero segue manténdose a carga lectiva actual. Dentro deste lei, para enmendalo, fíxose unha disposición adicional (a cuarta) que di que as Administación educativas fomentarán a práctica diaria de actividade física e deporte entre os alumnos durante a xornada escolar, que polo momento é papel mollado. Somos un dos países europeos con menos carga lectiva en Educación Física.

Gerardo Villa, premio Nacional da Medicina do Deporte asegura que a escasa actividade física e deportiva escolar xenera, máis que a alimentación, sobrepeso e obesidade. Polo tanto, nós e a Administración témolo claro, o único que queda é actuar.

 

Ademais de Santiago, hai outras vilas galegas nas que os mestres e profesores están tamén involucrados no Día da Educación Física, pero que lle dirías aos dos centros que aínda non se sumaron á celebración desta data? 

Que todos debemos apoiar esta causa común, mostrando ao exterior realmente como é a nosa materia e pelexar polo aumento da carga lectiva, que tanto ben fará ao noso alumnado.

 

Como ves a situación actual e as perspectivas de futuro das profesións do deporte, tanto do grao superior como do técnico en animación de actividades físicas e deportivas?

A enquisa de hábitos deportivos do 2015 do CSD aporta datos de un aumento considerable da práctica semanal deportiva. Pásase dun 37% no ano 2010 a un 46,2% no ano 2015. Esto vai repercutir positivamente nos novos titulados ao igual que o probable aumento lectivo que terá a nosa materia fará que aumenten os profesores especialistas de Educación Física, tanto en Primaria como en Secundaria.

 

Que problemas fundamentais cres que ten que enfrontar a profesión e que medidas consideras que podería adoptar o COLEF Galicia para tratar de darlles solución?

Principalmente controlar a regulación profesional no noso ámbito, e só hai que ver a páxina web do COLEF para darse conta de que o están a facer moi ben.

No ámbito educativo ábrense novos frontes como pelexar por levar a cabo a hora diaria de actividade física e deporte durante a xornada escolar -como di a lei, nos seríamos os encargados de levala a cabo- ben nos recreos ou como actividades extraescolares, coa redución horaria correspondente ou a contratación de novos profesores.

 





¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
EMPRESAS COLABORADORAS
 
 
 
ENTIDADES COLABORADORAS
 
 
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg