Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
ELECCIONS 2019
EF NA RÚA 2019
O COLEXIO
COLEXIARSE
EMPREGO
CONTRATACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
REGULACION
VISIBILIDADE
ASEMBLEAS
ELECCIONS
LEIS & CONSULTAS
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
PORTELO UNICO
CONVERSA CON RUBEN PEREZ CABANAS - MAIO 2017

 

 

RUBÉN PÉREZ CABANAS é un dos colexiados do COLEF Galicia que adica o seu traballo a investigar sobre a relación entre Educación Física e saúde, especialmente no caso dos nenos e nenas con enfermidades raras.

 

"As comunidade virtual EDMODO é un lugar onde avanzar na formación sobre enfermidades raras para atender mellor as necesidades dos alumnos"

"A falta de recursos nos centros leva a que non se poidan adaptar as tarefas aos nenos/as con ER e provoca un proceso de exclusión"

"Ademais de mellorar a súa calidade de vida, a Educación Física é unha ferramenta de inclusión e normalización destes alumnos nos centros educativos" 

 

Colexiado número: 57.019

Lugar de traballo: Adestrador persoal. A Coruña.

 

O XIII Congreso sobre Ciencias do Deporte e Saúde organizado en Pontevedra por Sportis Formación a finais de abril tivo entre os seus participantes ao colexiado Rubén Pérez Cabanas. O seu relatorio sobre enfermidades raras e Educación Física aportou varias claves para aproveitar esta materia na mellora da calide de vida dos nenos e nenas que padecen estas doenzas.

 

Fálanos, en primeiro lugar, do traballo que realizas actualmente e do teu curriculum.

O proxecto actual de investigación no que estou a traballar en colaboración coa Universidade das Illas Baleares ten como obxectivo ofrecer solucións tecnolóxicas e formativas para mellorar a atención educativa do alumnado con Enfermidades Raras (ER) ou minoritarias (EM) na área da Educación Física.

A través da creación dunha Comunidade Virtual facendo uso da ferramenta EDMODO (Comunidad Virtual Educación Física y Enfermedades Minoritarias), preténdese crear un espazo onde sexa posible compartir experiencias, elaborar protocolos de actuación ante diferentes ER, ofrecer información relativa ás mesmas, incorporar materiais de interese que poidan ser prácticos para os profesionais da EF… En definitiva, é un lugar onde poder mellorar a formación acerca das ER e, dese xeito, poder atender dunha forma apropiada e específica as súas necesidades.

 

Con respecto as aspectos máis salientables do meu curriculum, son licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte (UDC, 2008); Máster en Actividade Física e Saúde (UDC, 2012); Máster en Tecnoloxía Educativa: e-learning e xestión do coñecemento (UIB, 2017) e Técnico Deportivo Superior Fútbol (Cruceiro Baleares, 2013).

 

O papel que deben xogar os profesionais do deporte nos temas de saúde é unha das liñas de traballo do COLEF. O teu labor sobre enfermidades raras e Educación Física vai nesa liña. Que te levou a investigar sobre este tema?

Dende o meu punto de vista, os profesionais da EF debemos ser un pilar fundamental dentro do ámbito da saúde, xa que temos una profesión na que entre moitos outros obxectivos temos o de “mellorar a calidade de vida das persoas”.

 

Dende sempre mostrei una especial predisposición a traballar con colectivos con discapacidade; de aí o meu interese nesta investigación concreta. No ano 2012, xunto con outros excelentes profesionais formei parte como voluntario dun programa deportivo da Asociación Down Coruña. Actualmente atópome en conversas coa Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC) para poder levar a cabo diversas accións, actividades…

 

No teu traballo dis que a Educación Física vese como un problema para os nenos e nenas que padecen este tipo de enfermidades e que debera ser ao contrario. Falas da falta de medios materiais. Que carencias fundamentais teñen, para ti, os colexios e institutos para atender as especificidades dos nenos con este tipo de doenzas?

É de todos sabido que hoxe en día os centros educativos públicos carecen en moitas ocasións de recursos materiais que permitan, por exemplo, adaptar certas tarefas ás necesidades reais dos alumnos que padecen unha ER e isto provoca, se non é ben manexado polo docente, un proceso de exclusión de ese alumno, non conseguindo o proceso de inclusión e normalización ao que todo o alumnado ten dereito.

 

Tamén hai falta de preparación entre o profesorado. Ti recomendas a comunidade virtual sobre enfermidades raras dentro da plataforma educativa EDMODO. Que van encontrar aquí quen queira formar parte dela? 

Se antes falabamos de falta de recursos materiais, é importante dicir que nos resultados derivados do presente proxecto de investigación, ponse de manifesto que un 70% do profesorado non ten suficiente formación acerca das ER e un 95% cre que facer formacións específicas faríalle mellorar como docente para poder atender as necesidades dos alumnos cunha ER. Dicir que, aínda que estes resultados gardan relación coa situación nas Illas Baleares, son claramente exportables ao resto do territorio.

Na comunidade intentaremos compartir experiencias e toda aquela documentación que permita aos profesionais da EF formarse neste campo tan complexo e amplo, xa que falamos de case 7.000 ER distintas cada unha das cales solicita un tratamento diferente. 

 

E, con carácter xeral, que beneficios pode aportar a Educación Física a un neno/a cunha enfermidade rara?

Sobre todo mellorar a súa calidade de vida, asemade de ser a materia fundamental na que se impulsar para obter a inclusión e normalización dentro do centro educativo que debe posteriormente establecerse na sociedade.

 

Actualmente aproximadamente un 43% das ER non teñen un diagnóstico ou tratamento axeitado. Por que non deberíamos formar parte como axentes implicados no seu tratamento?

 

Na túa opinión, que papel teñen que xogar os profesionais deportivos no campo da saúde en xeral?

Cada vez temos máis consciencia da importancia da actividade física para saúde. A nosa presenza coma “Educadores físicos” debe medrar e formar parte das institucións.

 

Que opinas da imaxe social que teñen os profesionais do deporte? Cres que está a cambiar nos últimos tempos?

Creo que estamos a mellorar en moitos aspectos, quizá a imaxe social é un deles. Coñezo a moitos profesionais con inquietudes e proxectos fantásticos, necesitamos o apoio da administración e a colaboroción entre todo o colectivo, para en moitos casos podelos levar a cabo.

 

E, para rematar, que pensas da falta de regulación profesional? 

É un acto de responsabilidade que calquera licenciado ou graduado se colexie. Quizais e o medio para crecer e mellorar como colectivo. 

 

 

 

 

 

 





¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
EMPRESAS COLABORADORAS
 
 
 
ENTIDADES COLABORADORAS
 
 
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg