Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
ELECCIONS 2019
EF NA RÚA 2019
O COLEXIO
COLEXIARSE
EMPREGO
CONTRATACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
REGULACION
VISIBILIDADE
ASEMBLEAS
ELECCIONS
LEIS & CONSULTAS
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
PORTELO UNICO
CONVERSA CON RUBEN GERPE (XULLO 2017)

 

 

Entrevista a RUBÉN GERPE

Colexiado número 12.258

Lugar de nacemento: A Coruña

Lugar de traballo: sr sinerxía Arteixo

 

"En sr sinerxía buscamos mellorar a calidade de vida do individuo, tratando de instaurar mecanismos que permitan camiñar cara a un estilo de vida saudable"

"Penso que estamos ao mesmo nivel que médicos, fisioterapeutas, psicólogos, nutricionistas... todos, desde diferentes perspectivas e parcelas, incidimos na mellora da saúde da poboación"  

"Recomendo a colexiación: dispor dun seguro de responsabilidade civil como o que ofrece o Colexio paréceme moi importante e interesante" 

 

Estás a poñer en marcha con Sergio Pousada un novo proxecto: un centro de adestramento individual e para grupos que ofrece tamén servizos de fisioterapia. Como xurdiu a idea?

Estamos diante dun proxecto con máis de oito meses de planificación. Non é algo que xurdira dun día para outro. Os últimos cinco anos, na miña anterior etapa laboral, coincidín con Sergio nunha estrutura de traballo semellante. Son diferentes os factores que influíron na decisión de ir formalizando esta idea. Algún  destes foron as escasas posibilidades de progreso que se proxectaban; outro factor era que comenzabamos a detectar que se podía mellorar a calidade do servicio introducindo pequenas modificacións; e sobre todo,  que puidesemos ser nós os que tomásemos as nosas propias decisións.

Que se pode atopar de diferente en sr sinerxía en relación con outros centros?

Principalmente buscamos mellorar a calidade de vida do individuo, tratando de instaurar mecanismos que permitan camiñar cara a un estilo de vida saudable.  Satisfacer as necesidades dos nosos clientes a través dun servicio cunha elevada calidade profesional, sen perder de vista o trato familiar e individualizado é o que pretendemos.

Nalgúns foros parece que hai unha certa “guerra” entre titulados en CCAFD e fisioterapeutas, pero no voso caso ides da man nun mesmo proxecto. Tedes ben delimitados os campos de actuación de cada un?

Levar cinco anos xuntos fai que sepamos diferenciar claramente as parcelas nas que nos movemos cada un. Non parte de nós, senon que parte do cliente. Tendo en conta a problemática do individuo, valoramos as diferentes actuacións a levar a cabo para contribuír a solucionar/minimizar o problema. 

Parece claro que apostades pola multidisciplinariedade. Gustaríavos contar con profesionais dalgunha outra rama para completar o voso centro ou credes que de momento cubrides o espectro de traballos que queredes tocar?

Somos conscientes do valor que teñen diferentes profesionais no ámbito da saúde. A medicina, a podoloxía, a psicoloxía, a nutrición, etc. son materias coas que nos gustaría contar nun futuro.

A profesionalización e especialización parece ser o futuro fronte aos ximnasios “tradicionais”. Como pensas que pode evolucionar este sector?

Penso que nos ultimos anos estase a dar un cambio nas políticas do sector. A cantidade en lugar da calidade era o que predominaba. Pero estase a dar un proceso de cambio, no que as grandes empresas apostan por servicios máis profesionais e dirixidos aos seus usuarios. Búscase a calidade do servicio que penso que é tan importante como a cantidade.

Facer deporte é traballar pola saúde. Que papel pensas que poden xogar os titulados en CCAFD neste terreo?

Deporte e saúde son termos que na maior parte das veces van da man. Sempre que o deporte que se practique estea baixo os estándares saudábles, vai permitir aos titulados en CCAFD desenvolver a súa labor profesional. Porque penso que estamos ao mesmo nivel que médicos, fisioterapeutas, psicólogos, nutricionistas, etc. Todos, desde diferentes perspectivas e parcelas, incidimos da mellora da saúde da poboación.

Ti eres colexiado do COLEF Galicia. Que vantaxes pensas que ofrece o Colexio e que liñas de traballo pensas que debería abordar?

A todo aquel titulado en CCAFD que aínda non sexa colexiado, animaríao a facerse membro do Colexio. Permite estar informado, tanto da actualidade da nosa profesión como de cursos de formación, congresos, ofertas de emprego, asesoramento laboral. No meu caso, como autónomo, dispor dun seguro de responsabilidade civil como o que ofrece o Colexio paréceme moi importante e interesante.

Como ves nun horizonte próximo a regulación profesional?

Creo que nos últimos anos apostouse por unha defensa máis activa da nosa profesión. Segue a ser un camiño difícil, pero considero que é o que se debe seguir para conseguir a regulación.

 

 

 





¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
EMPRESAS COLABORADORAS
 
 
 
ENTIDADES COLABORADORAS
 
 
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg