Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
EF NA RÚA
ASEMBLEAS
CONSULTAS
COLEXIARSE
O COLEXIO
EMPREGO
CONTRATACIÓN
FORMACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
DEFENSA
REGULACIÓN
LEXISLACIÓN
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
CONVERSA CON ALEJANDRO POMBO (SETEMBRO 2017)

 

Entrevista a ALEJANDRO POMBO RAMOS

Colexiado número 11.561

Lugar de traballo: Xestor deportivo do Centro Náutico e a Piscina de Outes 

                         

               

 

 

"Facemos moito máis que prescribir exercicio saudable con garantías profesionais, coidamos as contornas e soportes da actividade física" 

Desde a súa experiencia como xestor deportivo, bota en falta a formación continuada para estar ao día en financiamento, lexislación ou eficiencia enerxética, entre outras materias 

 

Os deportes náuticos son o teu desde sempre. Cóntanos un pouco da túa traxectoria profesional.

Son licenciado en Actividades Físicas e Deportivas pola Universidade de A Coruña, dende o ano 2001. Xa como estudiante formeime en actividades no medio natural e en concreto no medio acuático: cursos de escalada, vela, windsurf, titulación de monitor de tempo libre,... ademais fun cursando materias optativas como desprazamento acuático, vela e a sua didáctica ata rematar coa mestría en vela.

 

Por outro lado, en terceiro de carreira, chegado o remate do curso atopei no taboleiro da cafetería da Facultade unha proposta de "traballo" para os estudiantes do INEF: buscaban monitores de vela, en réxime de voluntariado, para  traballares na campaña de verán da Dirección Xeral de Xuventude. Así, xunto con varios compañeiros e compañeiras, botei a traballar bastante e dormir menos na procura de que o pasasen ben ao tempo que eu facía o mesmo. Foron oito anos con diferentes graos de responsabilidade (monitor, coordinador, xerente), ligado a diferentes campañas de xuventude. Nos albergues xuvenís desfrutei da recreación nas travesías e da cooperación, valores moi interesantes para achegar á miña vida.

 

Ao tempo traballei no RCN de A Coruña (catro anos a tempo parcial) como monitor e adestrador de vela, máis tarde no RCN de Vigo como coordinador da escola (catro anos a tempo completo); aquí, en Vigo, realmente atopei o deporte da vela.

 

Nun pequeno período traballei nunha xestora de instalacións, puxemos en funcionamento a piscina municipal de Ortigueira (2006-2007). Moitas horas nun espazo curto pero intenso.

 

Continuei a formarme cun ciclo de grao superior de Navegación, Transporte Marítimo e Pesca (dous anos en Vigo), actualizando as titulacións federativas e pasándoas ás vías de educación e do CSD no centro de tecnificación de Vilagarcía.

 

Nun pequeno momento de cordura cursei Maxisterio nunha universidade privada, experiencia da que tirei moito proveito, pois puiden sumar un folio máis á documentación do meu curriculum.

No ano 2012 saíu a praza de monitor de vela no Concello de Outes a partir dun proxecto europeo (Fondo Europeo para o Desenvolvemento das Zonas Pesqueiras, a través do Grupo de Acción Costeira nª 3) e con achegas da Deputación da Coruña. Así gañei o concurso da praza que ocupo na administración local, que tres anos despois tiven que completar coa responsabilidade da piscina municipal.

 

Cando saíu a praza coincidiume moi ocupado, xusto no momento no que procuraba traballo catro horas ao día diante dunha pantalla: navegando. Foron varias as canles polas que circulou a información, entre elas o COLEF.


Despois deste periplo dirixes o centro náutico e a piscina de Outes. Que servizos se prestan aos usuarios?

A xestión das dúas instalacións é directa dende o Concello e no caso da piscina todo o persoal foi subrogado da antiga empresa xestora; levámos pois só dúas tempadas.

Os servizos prestados nas dúas instalacións diferéncianse moito, pois no complexo da piscina municipal (PM) a oferta é común a outras instalación similares doutros concellos (pista de pádel descuberta, sala de actividades dirixidas, sala de cardio e outra de forza) cunha oferta típica: cursos de natación, actividades de recreación, ... Podemos englobalo nunha piscina e ximnasio municipal ao uso.

 

O meu labor nesta instalación é a coordinación do persoal de atención ao público (monitores, socorristas, recepcionistas), control dos procesos administrativos (remesa bancaria, devolucións de recibos, organización de cursos e actividades), mantemento de instalación, equipamento e actividades físicas, atención e control de proveedores ou actualización de requisitos da lexislación vixente, que están en continua evolución, como, por exemplo, a recente orde referida ao equipamento de desfibrilación semiautomática. Como última tarefa teño encomendada a resolución de problemas co público, na procura de solucións, que é o que me absorbe máis tempo xunto co mantemento da instalación.

 

No centro náutico é moi difrente pois só somos dous traballadores (unha compañeira limpadora e máis eu) e o servizo prestado é anovador no ámbito dun Concello, onde están máis acostumados a pavillóns, campos de fútbol ou piscinas. A instalación é accesoria á actividade, pois consiste nuns vestiarios, unha aula, un pañol (zona de estiba do material náutico), unha zona de varada e un pantalán que permite o acceso ao mar. Onde realmente se produce a actividade deportiva, física ou formativa é a Ría de Muros-Noia.

 

As opcións que ofrece o Concello no centro náutico son catro:

          cursos de vela: windsurf e barco

          aluguer de material

          varada de material propio: kayak de mar e windsurf

          saídas con patrón coas embarcacións a vela

 

O meu labor diario varía en función de se tes atención ao público ou non. No caso de ter público é o propio dun monitor que realiza unha actividade no medio natural: preparar embarcacións, os contidos a tratar, coñecer ao grupo, ou ao usuario ou usuaria. Ademais é fundamental coñecer a previsión meteorolóxica e as condicións marítimo-fluviais e preparar as condicións de seguridade: a embarcación auxiliar de salvamento, axudas na flotación, uso de traxes de neopreno, revisión de licenzas federativas ou os seguros dos participantes

 

No verán a intensidade do traballo é moito maior e dispoño dun compañeiro ou compañeira, con contratos de dous meses de duración. A formación que se lle esixe é a de monitor de vela.

 

Cando non teño atención ao público o tempo vaise en tarefas administrativas, planificación e programación de cursos, e sobre todo no mantemento de material náutico e da instalación: dende controis antilexionella ata contraincendios, revisión elevador, Ocu de cadros electricos, etc.

 

O centro náutico tamén colabora con outras entidades...

 Si, dende o centro náutico colaboramos con asociacións de veciños e culturais en actividades que realizan no centro cívico da parroquia de o Freixo, onde está situada a instalación, pois o edificio emprégase para ditas actividades. E outras realizámolas no mar.

 

Asimesmo estamos en dúas federacións galegas, a de vela e Culturmar (polo patrimonio marítimo e fluvial). Ademais, xunto co Real Club Náutico de Portosín, participamos no programa “Xogade”, da Dirección Xeral do Deporte. Estas tarefas de organización e programación cos clubs e administración corren do meu tempo fóra do verán.

 

Os nenos e nenas están entre os destinatarios das actividades que se organizan no centro náutico. Que idades son as máis axeitadas para aprender a navegar e a practicar windsurf e que poden aportar estes deportes aos máis novos?

As actividades que programamos dende o centro náutico van dirixidas a rapaces dende os sete anos, no caso da vela, e a partir dos dez no windsurf. Os requisitos son saber nadar con soltura alomenos un par de largos de piscina.

 

A idade adecuada para a iniciación nesta disciplina é a partir dos de dez anos, sempre que o desenvolvemento psicomotor sexa o apropiado para poder entender o funcionamento dunha vela con respecto ao vento e atoparse no medio da ría sen contacto físico con outros rapaces, aillado na súa táboa.  Normalmente entre os doce e os catorce anos a maioría son quen de iniciarse e perfeccionarse no windsurf.

 

Con esta disciplina deportiva adquiren reforzo e confianza en eles mesmos, ademais dun gran dominio do esquema corporal e a propiocepción, xa que se fundamenta nunha postura a partir da cal manexas a táboa aproveitando a enerxía do vento. A coordinación intersegmentaria e global é notoria. Todo o corpo forma parte do movemento: elasticidade, habilidade e forza-resistencia.

 

O coñecemento sobor do medio, as rías ou praias é alto: correntes, marea, aproveitamento do vento, deslizamento sobre unha onda, etc. O coidado do material é a súa responsabilidade diaria, axustes, medición do material, uso de ferramentas básicas.

 

O desenvolvemento económico levounos a dispoñer, a prezos asequibles, de equipamento propio como traxes de neopreno que facilitan moito gozar co deporte, incluso no outono e a primaveira. Sen esta prenda non é posible entender o windsurf. Dende o Concello procuramos darlle continuidade a navegación, máis alá do curso de iniciación ou perfeccionamento, pois habilitamos o servizo de varada, buscando material adecuado en tendas especializadas ou apps de segunda man, facilitando o servizo de acceso ao mar e a seguridade, con embarcacións a motor preparadas para acompañar ou darlle soporte de seguridade. Todo dende o porto de O Freixo, sen necesidade de gardalo na casa con todo o que conleva (entre outras cousas unha familia sumamente implicada).

 

Organizamos cursos durante o verán e os fins de semana de primaveira e outono. Facilitamos a varada do material e saídas onde a relación interxeneracional dase con fluidez, ademais da coeducación.

 

De que persoal dispoñen o centro e a piscina?

Na piscina as miñas compañeiras e compañeiros, cinco, teñen unha formación moi diferenciada, dende unha licenciada ata titulacións de monitor deportivo, pasando polos ciclos formativos.

 

No centro náutico tiven catro compañeiros ou compañeiras nos seis veráns que levo na instalación, dende monitores sen experiencia, case todos, ata un caso moi particular de alguén que se formou en Inglaterra con moita experiencia, unha excepción.

 

A profesionalización e especialización son clave na prestación dos servizos deportivos. Como pensas que pode evolucionar este sector?

Vexo con pouca claridade a profesionalización laboral pois o diñeiro recibido polo traballo feito ten que posibilitar o desenvolvemento persoal, e iso non se está a producir. Sacar adiante os proxectos persoais a partir dun vínculo laboral que esixe unha constante formación, que non adoita ser proporcionada polos empregadores, esa cultura de formación bótase en falta, dificulta a profesionalización.

 

Dende a miña perspectiva, o valor máis importante é a capacidade de adaptación laboral, claramente a competencia que maior esforzo e motivación me esixe: xerar unha especialización a partir dunha necesidade que como individuo atopas no que vas facendo. A xestión dunha instalación depende da estrutura que a xestione, unha empresa teno moi claro e os concellos están caendo na conta da súa necesidade. As esixencias técnicas que en ningún caso ofrece unha formación universitaria son moitas e o COLEF debería tirar desta necesidade, a municipalización dos servizos deportivos, xa que os concellos galegos creceron moito na oferta e recursos deportivos e necesitan formar estruturas funcionais cos seus traballadores.

 

O COLEF vén de publicar un estudo sobre a situación profesional dos titulados en CCAFD en Galicia. Como a ves ti desde a túa experiencia persoal?

No meu traballo, o de xestor municipal, encontraste cun montón de compañeiros e compañeiras que veñen traballado ailladamente. Nos vindeiros anos os Concellos terán que organizar os servizos deportivos, os concelleiros vense moi superados pola oferta en actividade física e deportiva e o que conleva (a eficiencia enerxéticas das instalacións, lexislación aplicable, búsqueda de financiamento). Todo esto recae actualmente no xestor municipal, con achegas de departamentos de oficinas técnicas ou economía.

As empresas xestoras teñen pouco marxe de actuación en instalacións deficitarias no sostemento económico, e a realidade leva ao rescate de xestión das instalacións. O abandono por parte das empresas, ou o peche dalgunhas durante algún período de tempo, remata con que a responsabilidade vén enriba do xestor municipal, fonte de moito traballo para o noso colectivo.

 

O Colexio debería aportar formación no ámbito de obtención de financiamento ou na atención á lexislación vixente en instalacións de mantemento cada vez máis complexo. Coido que nestes eidos non temos avanzado como colectivo: a evolución das instalacións deportivas e a sua renovación esixen unha formación permanente. Facemos moito máis que prescribir exercicio saudable de garantías profesionais, coidamos os entornos e soportes físicos da actividade física.

 

Como ves nun horizonte próximo a regulación profesional?

A regulación laboral é necesaria, a administración local, fonte de moito traballo, debe ter claros os niveis de formación e as responsabilidades e ofrecer salarios que permitan sentirse valorados.

No caso concreto de actividades puntuais os monitores deportivos, que traballan por unhas pelas, cronifícanse, rematando un conserxe de pavillón ou campo de fútbol con capacidade de decisión na xestión. Por outro lado, os salarios non permiten contar con profesionais máis formados.

 

No tocante ao COLEF boto en falta que aporte formación e recursos como charlas ou monográficos onde se aborden temas como o uso de plataformas económicas de cobro, eficiencia enerxética, a lexislación aplicable á reforma ou construción dunha instalación, necesidades para a organización de eventos deportivos, aproveitamento de recursos ambientais como a auga nunha instalación ou a propia regulación laboral.

 

Ti eres colexiado do COLEF. Que vantaxes pensas que ofrece o Colexio e que liñas de traballo pensas que debería abordar?

As vantaxes que ofrece o COLEF, dende a diferenciación con respecto a un sindicato, correduría de seguros ou defensa xurídica, é o caracter do colectivo onde te sintes escoitado e te pode aportar solucións, contacto con outros licenciados, información e formación especializada nas nosas necesidades e unha ponte de comunicación coa administración e a sociedade nos nosos intereses e inquedanzas.

O COLEF débese abrir ao concepto actual de graduado e non centrarse na idea clásica de  traballador en educación, xa que son moitos os ámbitos que hoxe en día recollen os nosos labores profesionais.

 





¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
ENTIDADES COLABORADORAS
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg