Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
EF NA RÚA
ASEMBLEAS
CONSULTAS
COLEXIARSE
O COLEXIO
EMPREGO
CONTRATACIÓN
FORMACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
DEFENSA
REGULACIÓN
LEXISLACIÓN
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
CONVERSA CON PABLO SANCHEZ (DECEMBRO 2017)

 

Entrevista a PABLO SÁNCHEZ

 

                         

                

 

 

"A Educación Física permite aos nenos e nenas desenvolver destrezas motoras, cognitivas e afectivas esenciais para a vida diaria"

 

Pablo Sánchez presenta o seu libro "La Educación Física, mucho más que gimnasia"

 

A súa revista online mundoentrenamiento.com  recibe máis de 10.000 visitas diarias

 

Pablo Sánchez é un dos nosos colexiados máis activos. A revista online mundoentrenamiento.com é todo un referente en artigos relacionados co deporte sempre desde un punto de vista científico. Agora presenta o libro “La Educación Física, mucho más que gimnasia”, todo un manual para pais, nais, profesores...

 

 

O título do teu libro, “La Educación Física, mucho más que gimnasia”, é toda unha declaración, porque segue a haber quen interpreta que é unha materia “maría” nos centros de ensino. Que lles dirías a quen opina desta forma?

Sen dúbida. Aínda abonda moita xente que segue a pensar que a Educación Física é unha materia pouco relevante no currículum. Pero nada máis lonxe da realidade.

A Educación Física é unha área fundamental para a educación e a formación integral do alumno/a, especialmente se é traballada desde idades temperás, xa que permite aos nenos/as desenvolver destrezas motoras, cognitivas e afectivas esenciais para a vida diaria.

A través da Educación Física os alumnos/as expresan a súa espontaneidade, fomentan a creatividade, ademáis de vivenciar diferentes experiencias mediante o xogo e a recreación.

Coas actividades predeportivas podemos fomentar valores de compañerismo, traballo en equipo, superación, esforzo e un longo etcétera.

Como vemos, a Educación Física é algo máis que mera “Ximnasia”…

 

A que tipo de público vai dirixido o libro e que é o que se vai encontrar o lector?

O libro vai dirixido para todos os públicos. Potenciamente a pais/nais, mestres de Educación Física ou profesionais das Ciencias do Deporte.

Todo o libro ten como base artigos científicos e soporte bibliográfico de apoio.

 

A obesidade e o sobrepeso están considerados xa como unha epidemia pola Organización Mundial da Saúde. Por que cres que non se potencia o suficiente o deporte na escola e hai tantas reticencias a aumentar as horas de Educación Física, aínda que houbo algúns avances nos últimos tempos?

España é un dos países do continente europeo que menos franxa horaria adica á área de Educación Física, segundo un estudo da Eurydice Report. Isto é un problema moi serio.

É certo que hoxe en día a poboación concienciouse sobre este tema, pero en realidade falouse moito e realizouse moi pouco; aínda queda camiño por diante…

Os índices de obesidade e sobrepeso infantil incrementáronse moito nos últimos anos. Isto é algo máis que preocupante. Un estudo de ENKID sitúa o índice nun 26,3%, sen dúbida o máis elevado de todo Europa xunto con países como Grecia ou Malta. A televisión e os videoxogos, están cada vez máis presentes na sociedade e este feito inflúe de forma negativa no estilo de vida dos nenos e nenas.

 

Cada vez hai más estudos que poñen de manifesto a incidencia do deporte en diferentes enfermidades, incluso no benestar psíquico, cres que a poboación é realmente consciente dos beneficios que supón?

Creo que non. A gran maioría da poboación non é realmente consciente. Debemos ver o exercicio como unha ferramenta de prevención, como unha ferramenta que fomenta unha vida saudable.

 

Que papel opinas que terían que xogar os titulados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte no campo da saúde?

Poderiase dicir que este ámbito é o de maior importancia, xa que se está traballando de forma directa con persoas que confían a súa saúde e a poñen nas mans dos seus adestradores persoais ou dos monitores das instalacións deportivas.

Quizais sexa esta a regulación profesional que máis urxe no noso país, xa que mentres iso non ocorra, seguirá existindo un intrusismo profesional que, por unha banda, continuará a desprestixiar aos profesionais do deporte e, por outra, seguirá a poñer en risco a saúde da poboación.

Sen dúbida institucións como o COLEF axudan diariamente a que esto poida ser unha realidade co paso do tempo.

 

A revista online mundoentrenamiento.com  é todo un referente nos temas de deporte, adestramento e saúde amparados con evidencias científicas, como explica a propia web. Que nos podes contar da evolución deste proxecto e cales son as próximas metas?

MundoEntrenamiento.com é unha revista online que brinda artigos amparados na Ciencia por redactores con formación universitaria. O noso principal obxectivo e divulgar as Ciencias do Deporte e a Saúde á poboación de forma contrastada e co máximo rigor.

Actualmente estamos a despuntar en España é Latinoamérica como un dos portais web máis recoñecidos polos lectores, acadando máis de 10.000 visitantes por cada día. 

Temos novos obxectivos con respecto a este proxecto dentro da formación presencial e a distancia, pero sen dúbida o que máis nos compete é manter o crecemento a nivel de lectores.

Queremos seguir con esta tendencia á alza de tráfico web. Gustaríanos chegar cada vez a máis xente e deste xeito achegar a información contrastada sobre adestramento, deporte e saúde á poboación.

 

 

 

 





¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
ENTIDADES COLABORADORAS
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg