Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
EF NA RÚA 2019
ELECCIONS 2019
O COLEXIO
COLEXIARSE
EMPREGO
CONTRATACIÓN
FORMACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
REGULACIÓN
ASEMBLEAS
ELECCIONS
LEIS & CONSULTAS
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
PORTELO UNICO
CONVERSA CON NURIA FREIRE (XANEIRO 2018)

 

Entrevista a NURIA FREIRE

Colexiada número 11742

                         

                

 

 

"O beneficio máis importante do exercicio nos pacientes de cancro é que eles ven como repercute positivamente na súa saúde física e mental"

 

 

"A miña recomendación éacudir a un profesional especializado en exercicio e cancro, se non pode ser así en calquera caso moverse é vida"

 

 

 

Nuria Freire é unha das dúas colexiadas do COLEF que participarán os días 2 e 3 de febreiro no II Encontro Ibérico de Oncología, no hotel Talaso Atlántico de Oia (Pontevedra). Licenciada en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, ten un posgrao en Exercicio e Cancro e sobre este tema falará o venres 2 a partir das 12 do mediodía. Nesta conversa destaca o papel da actividade física tanto na prevención como durante a enfermidade e unha vez superada.

 

-O papel do exercicio na prevención de moitas doenzas é unha evidencia científica, como tamén o son, grazas a moitos estudos, os beneficios que a actividade física ten en pacientes con diferentes doenzas. Ti tes estudado o caso dos enfermos de cáncer. En termos xerais, como axuda a súa práctica?

Dende o punto de vista da prevención reduce e/ou retrasa a aparición do cancro. Durante o proceso mantén e/ou reduce os niveis de porcentaxe graxa, preserva o tecido muscular e os niveis de forza, reduce a perda de tecido óseo, mellora a capacidade cardiorrespiratoria, reduce a fatiga e atenúa os efectos secundarios a nivel psicolóxico. Unha vez pasado o proceso o exercicio axuda a mellorar a composición corporal, a recuperar e optimizar os sistemas endocrino, neurolóxico, muscular, cognitivo e psicosocial, reduce ou retrasa o risco de recaída así como axuda a soportar a ansiedade que produce unha posible aparición de recidiva.

 

 -Hai algún tipo de cáncer no que sexa máis indicado ca outros ou onde os seus beneficios sexan máis evidentes?

Eu teño traballado con persoas con varios tipos de cancro, maiormente con mulleres con cancro de mama, pero tamén algún de próstata, colon, pulmón, páncreas…  O exercicio está indicado para as persoas, eu sempre digo que traballo con, por e para as persoas, cada unha coa súa individualidade e non hai un caso igual ca outro; co cal a prescrición individualizada é por persoa, non tanto por tipo de cancro (evidentemente a ter en conta para a dose efectiva). Os beneficios véxoos en todos e cada un dos casos que tratamos; e o máis importante, que o ven eles/as repercutindo positivamente na súa saúde física e mental.

 

-No congreso de Oia falarás da incorporación do exercicio físico á atención ao enfermo de cáncer. Cal é, na túa opinión, o protocolo que se debe seguir para prescribir o exercicio físico?

O modelo ideal sería un traballo en equipo dentro do sistema, onde todos os entes que rodean ao/á paciente poideramos ter contacto para poder actuar coa máxima eficacia. Certo é que aínda queda lonxe o día no que esto chegue a ser posible, pero pouco a pouco son moitos os grupos que están facendo visible a evidencia dos beneficios do exercicio. De todas maneiras é difícil loitar contra un sistema ás veces moi cerrado ao cambio.

O protocolo que nós utilizabamos no Balneario de Guitiriz estaba próximo ao modelo ideal, na miña opinión (sempre tendo en conta o espazo onde o realizabamos). Salvador Ramos foi pioneiro poñendo en marcha o Programa de Procesos Integrais para Persoas con Cancro, equipo ao que  me unín como Responsable da Unidade de Exercicio Físico:

O/a paciente chega ao balneario e pasa consulta médica; unha vez feita, facemos una reunión conxunta a Unidade de Exercicio Físico e a de Fisioterapia onde se poñen enriba da mesa os datos importantes para exercer a nosa práctica. A continuación, no meu caso, fago unha entrevista persoal e unha valoración postural, da condición física, datos antropométricos, bioimpedancia, etc. En función disto preparo unha programación do exercicio físico que se modifica constantemente en función dos resultados obtidos e do/da paciente. Tiñamos reunións con carácter semanal para obter retroalimentación e calquera dúbida intentar resolvela de maneira grupal e, de ser o caso, con outros profesionais cos que estamos en contacto directo como son enfermeiros/as, oncólogos/as, nutricionistas... Na miña opinión éste é un modelo a seguir.

 

-Cada vez hai máis exemplos de grupos de terapia para pacientes con cáncer nos que se realizan actividades deportivas. Que formación concreta cres que deben ter as persoas que conducen estas actividades? Pensas que o exercicio debería ser pautado desde o servizo oncolóxico ou non necesariamente?

Penso que as persoas que conducen esas actividades teñen que ser profesionais do Exercicio Físico; é vital que dominen todo o relacionado co exercicio. E despois que se formen neste caso na patoloxía do cancro. Nós non imos, nin pretendemos, ser oncólogos/as, pero sí que temos que ser conscientes de que o noso traballo cambia vidas, daquela temos que estar actualizados/as coas últimas publicacións acerca do tema, porque o que hoxe é a panacea, mañá non o é. Abogo pola formación continua.

Con respecto á segunda pregunta a realidade é que o referente para a/o paciente é o seu/súa oncólogo/a, é o motor que vai guiar os seus actos durante todo o proceso, co cal creo que o servizo médico debería de ter a información necesaria para poder transmitir ao/á doente o importante que é o movemento. E partindo disto, poder derivar a profesionais do exercicio.

 

-O componente psicolóxico da práctica deportiva en xeral (reforzo da autoestima, socialización cando se trata de deporte en grupo, etc.) ten unha especial importancia no caso destes pacientes. Aconsellas a práctica en grupos de persoas na mesma situación ou a inclusión noutros heteroxéneos onde non todos sexan pacientes oncolóxicos?

Nun primeiro momento e en base á miña experiencia recomendo un traballo individualizado. Sentarse a falar coa persoa, saber as súas inquedanzas, os seus temores, os seus obxectivos, facer unha valoración persoalizada. No meu caso é tan persoal que acabo facéndome amiga deles/as, e incluso os días que non temos clase presencial falamos por teléfono, mándolles modificacións on line, por whatsapp… O resultado é excelente.  Isto non quita de que ás veces si que teño derivado a algún/a a clases grupais porque así o considerei mellor, polaimportancia da socialización, do coñecemento doutras persoas, etc. Tamén depende moito do/da propio/a paciente, do dominio que adquiriron da práctica correcta, do estadio da enfermidade…

 

-Que recomendación darías a quen se enfronta a un proceso deste tipo en relación coa práctica deportiva?

Que faga exercicio físico. Algo é mellor que nada. Sempre se pode facer algo, sempre! Escusas escoitei de todo tipo, pero finalmente con bos argumentos é difícil de rebatir, porque se son hoxe 5 minutos é algo, é mellor que nada, cientificamente probado. Se poden acudir a un/unha profesional do exercicio especializado en cancro sería o ideal. Pero se non pode ser así, moverse é vida. Eu teño como lema sempre, non só para supervivintes de cancro: “Faino por ti, faino pola túa saúde”.

 

-Que pensas que pode aportar o congreso no que participas en Oia?

 

Salvador Ramos, director médico do Talaso Atlántico, é unha persoa moi dinámica e proactiva e realiza congresos, charlas, Escolas de Saúde, etc. sempre con parte teórica e parte práctica e con profesionais de moi alto nivel; adicado sempre a todo tipo de público: dende profesionais da Sanidade, persoas que padeceron ou padecen cancro ou outro tipo de patoloxías, asociacións de pacientes, público en xeral… Daquela, como dixen anteriormente, o que vai aportar é información e formación, e iso fainos mellores no noso traballo.

 





¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
EMPRESAS COLABORADORAS
 
 
 
ENTIDADES COLABORADORAS
 
 
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg