Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
EF NA RÚA 2019
ELECCIONS 2019
O COLEXIO
COLEXIARSE
EMPREGO
CONTRATACIÓN
FORMACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
REGULACIÓN
ASEMBLEAS
ELECCIONS
LEIS & CONSULTAS
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
PORTELO UNICO
CONVERSA CON MONICA RODRIGUEZ (FEBREIRO 2018)

 

Entrevista a MÓNICA RODRÍGUEZ

Colexiada número 13754

Lugar de traballo almaZEN de Yoga (Santiago)

                         

                

 

 

"Ninguén leva o seu coche a un taller se o mecánico aprendeu por youtube, pois co corpo aínda con máis motivo, de coche podes cambiar, pero de corpo non" 

 

"Hai varias cousas que axudan moitísimo a levar a enfermidade e a unha mellora da supervivencia: a alimentación, as actividades de relaxación e a actividade física. O ioga inclúe as dúas últimas"

 

 A nosa colexiada Mónica Rodríguez estará este sábado no II Encontro Ibérico de Oncoloxía para demostrar os beneficios do ioga nas persoas que padecen cáncer. A partir das 11.30 impartirá un obradoiro práctico no hotel Talaso Atlántico de Oia (Pontevedra) onde se desenvolve este interesante congreso.

 

-O teu traballo céntrase no mundo do ioga e tes estudado os seus beneficios, e os da actividade física en xeral, en casos como os dos pacientes de cáncer. Poderías resumirnos as conclusións que sacaches dese traballo?

As miñas conclusións son que se reduce a sintomatoloxía e a merma nas capacidades que ten lugar nos usuarios de este grupo, tanto a nivel físico como psicolóxico. A nivel de forza, flexibilidade  e capacidade aeróbica melloran. A súa densidade ósea tamén mellora, ao igual que aumenta a sua capacidade respiratoria. Traballamos moito a nivel glandular e o sistema endocrino tamén se ve influenciado. Evitase a sarcopenia ou pérdida de masa muscular, a nivel neurolóxico redúcese a neuropatía periférica, que tamén é un efecto secundario do tratamento. a nivel cognitivo redúcese o quimiobrain. Tamén baixan as recidivas e os niveis de ansiedade e  estrés.

En xeral mellora a capacidade física e psicolóxica para levar mellor o tratamento, e tamén se atenúan os efectos secundarios.  

 

-No congreso de Oia vas facer un obradoiro de ioga. Recoméndase para todo tipo de pacientes oncolóxicos ou hai algúns en particular no que esta actividade sexa máis beneficiosa que noutros?

Eu traballo dividindo os alumnos en dous grupos: O primeiro está enfocado a aqueles alumnos que están pasando por todo o proceso de quimio, radio, cirurxía, etc. A sesión para eles é reconstituínte, está enfocada para traballar a recuperación, a relaxación… Como traballei con cancro de mama céntrome en abrir a zona para desinflamala, evitar adherencias, enfriala e evitar acortamentos.

Osegundo grupo é para aqueles que xa superaron todo o proceso e queren recuperar a mobilidade, a forza e a confianza (gústame moito facer posturas que empoderen ás mulleres... elas mesmas sorpréndense do que poden facer, e sen ter ningún contacto anterior co ioga nin nada parecido).

De todas formas á hora de meterse en un grupo elixían elas no que se encontraban máis cómodas, e algunha das alumnas gustaba tanto de vir que quería facer os dous traballos, e por min non houbo ningún problema… canto máis ioga fagan mellor se atoparán.

 

-Cal é, na túa opinión, o protocolo que se debe seguir para prescribir o exercicio físico ou o ioga en particular nestes casos?

A hora de prescribir exercicio deberíase facer unha evaluación previa para, en función dos resultados obtidos, elaborar un programa cuns obxectivos específicos para cada doente segundo as súas características. Paréceme moi importante preguntar ao alumno se ten algún obxectivo persoal. Os programas deberían ser sempre individualizados, e debería de haber un seguemento e evaluación. Isto sería o ideal.

 

-Cada vez hai máis exemplos de grupos de terapia para pacientes con cáncer nos que se realizan actividades deportivas. Que formación concreta cres que deben ter as persoas que conducen estas actividades?

Penso que en calquera ámbito canto máis preparado esté o profesional mellor,pero máis no físico, e sobre todo se hai unha patoloxía. Eu nunca poría o meu corpo ou a miña saúde nas mans de calquera. Unha formación apoiando á persoa que vai a traballar contigo é cando menos un seguro. Ninguén leva o seu coche a un taller se o mecánico aprendeu por youtube, pois co corpo aínda con máis motivo, de coche podes cambiar pero de corpo non.

 

-O compoñente psicolóxico da práctica deportiva en xeral (reforzo da autoestima, socialización cando se trata dunha actividade en grupo, etc.) ten unha especial importancia no caso destes pacientes e o ioga asóciase tradicionalmente á relaxación. Aconsellas a práctica en grupos de persoas na mesma situación ou a inclusión noutros heteroxéneos onde non todos sexan pacientes oncolóxicos?

Das dúas formas, o caso é que o doente se mova, porque se vai beneficiar. Tiven alumnos que non querían que ninguén soubera que estaba neste proceso porque lles apetecía levar na intimidade este tema, e viñan a grupos de clase cos alumnos non enfermos. Pero hai outros alumnos que preferían este grupo porque se cadra estaban mais cómodos, porque, por exemplo, podían quitar a peluca con máis comodidade. Ás veces nestes grupos específicos formábanse charlas, pero eu aí non entro, así o que quería participaba e o que non quería falar do seu proceso marchaba. Iso son aspectos que xorden do traballo en grupo, e eu respecto a vontade de cada persoa.

 

 -Que recomendación darías a quen se enfronta a un proceso deste tipo en relación coa práctica deportiva? No teu centro de ioga hai persoas nesta situación?

 Que non deixen de moverse, hai evidencia científica de sobra de que a práctica deportiva minimiza moito os efectos secundarios, axuda a levar mellor o proceso e hai mais supervivencia. Se non se pode continuar coa práctica á que estabas habituado porque fas un deporte con certo risco, o ioga é xenial. Hai moitos tipos de ioga, máis activos, mais relaxados, iso é unha cousa do ioga moi boa, que é moi variado en intensidade.  Tamén que se queres practicar pola tua conta é moi sinxelo, non precisas de tempo nin infraestruturas específicas, podes facelo na túa casa, cinco minutos ou dúas horas. Moverse en xeral é moi bo, eu recomendo moito a marcha nórdica tamén.

No meu centro de ioga ademais de un grupo específico de usuarios de oncoloxía (aos que lles imparto clase de forma gratuíta ) tiven alumnos que pasaron por ese proceso e estaban noutros grupos e seguen a facer a sua actividade normal, sempre cos axustes necesarios.

 

-Que pensas que pode aportar o congreso no que participas en Oia?

Este congreso é para dar a coñecer a pacientes e persoal sanitario e doutros campos relacionados coa doenza que hai varias cousas que axudan moitísimo a levar a enfermidade e a unha mellora da supervivencia: a alimentación, as actividades de relaxación e a actividade física. O ioga inclúe as dúas últimas.

Por desgraza as previsións son que moita xente vai a pasar por esta enfermidade,  e xa se están cumprindo as do 2020. Pouco a pouco, grazas a congresos coma este, a comunidade médica e a sociedade en xeral van coñecendo máis cales son as ferramentas que están nas mans do doente para axudalo neste proceso. A xente do noso ámbito laboral ten unha moi grande e é moi importante que o saiban. Somos un dos principais piares na mellora da calidade de vida e na supervivencia destes doentes.

 

 

 





¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
EMPRESAS COLABORADORAS
 
 
 
ENTIDADES COLABORADORAS
 
 
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg