Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
EF NA RÚA 2019
O COLEXIO
COLEXIARSE
EMPREGO
CONTRATACIÓN
FORMACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
REGULACIÓN
ASEMBLEAS
ELECCIONS
LEIS & CONSULTAS
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
PORTELO UNICO
EXITO DO DIA DA EF NA RUA

 

RÉCORD DO DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA

Corenta e sete centros escolares e 6.530 alumnos mostraron nos espazos públicos das cidades e vilas galegas a importancia da Educación Física, o dobre que no 2017

A cifra case chegou aos 60.000 estudantes en toda España


          

       

    

 

Este 25 de abril, a celebración do Día da Educación Física na Rúa bateu récords de participación e tamén de repercusión pública. A iniciativa que naceu da man do profesor asturiano Fran Flórez no ano 2011 é hoxe un evento totalmente consolidado que medra cada ano grazas á implicación activa do Consejo COLEF e dos diferentes Colexios Profesionais. Nesta ocasión foron 436 centros os que sacaron ás rúas e espazos públicos a Educación Física, con 59.748 alumnos e alumnas. En Galicia sumáronse á proposta 47 centros con 6.530 estudantes o que supón dobrar a participación rexistrada no ano 2017. 

Con estas cifras non cabe dúbida de que a visibilización dos obxectivos da xornada é tamén moito maior que nas ocasións anteriores. Estes son:

· Mostrar a importancia da Educación Física para o desenvolvemento integral e integrado en todas as idades.

· Dar a coñecer a nova Educación Física: integradora, variada e divertida orientada a transmitir hábitos de vida saudable.

· Fomentar a práctica de actividades físicas variadas e en compañía para o benestar físico, psíquico e social.

· Conciencias dos altos índices de sedentarismo no noso país co consecuente problema de saúde e elevado custo sanitario.

· Mostrar á sociedade parte do traballo realizado nas clases de Educación Física.

· Promover a difusión de actividade física saudable pouco coñecidas.

· Transmitir os valores que a práctica da actividade física axuda a potenciar: esforzo, autosuperación, cooperación, empatía.

· Animar á sociedade para adoptar un estilo de vida activo.

· Promover a necesidade dun aumento de horas de Educación Física no sistema educativo en sintonía coa opinión do ministerio de sanidade, o CSD, a UNESCO e a OMS.

Os centros escolares organizaron actividades nalgúns casos pola súa conta e noutros en colaboración con outros colexios e institutos. Foi salientable a participación acadada en Santiago, onde pasaron pola Praza da Quintana máis de 800 rapaces e rapazas de seis centros, e na Coruña, neste caso con catro colexios e un instituto implicados. Entre as moitas cousas que se fixeron no Día da Educación Física na Rúa houbo desde carreiras ata flashmob, xogos tradicionais, prácticas de resucitación cardiopulmonar e un sinfín de actividades máis.

No COLEF Galicia estivemos moi atentos ás redes sociais, colgando cinco entradas no Facebook e máis de 30 tuits. Tamén estivemos en contacto co Consejo COLEF, ao que facilitamos fotografías das actividades que se ían realizando nos diferentes puntos de Galicia e que utilizaron nas súas propias redes sociais. Os medios de comunicación tamén fixeron a súa parte: Houbo unha decena de informacións e entrevistas previas á data e alomenos 15 máis facéndose eco do seu desenvolvemento. A esta difusión hai que engadir a que se conseguiu a través dos blogs e redes dos propios centros escolares e concellos. O Concello agradece ao profesorado e aos centros participantes a súa boa disposición para colaborar na concienciación da importancia da Educación Física. A relación de colexios e institutos participantes é a seguinte: 

        A Coruña:

CEIP Isaac Díaz Pardo (Culleredo) ; CPR Jorge Juan (Narón); CPI San Sadurniño; CEIP Xesús San Luis Romero (Carballo); IES Alfonso X O Sabio (A Barcala-Cambre); CEIP Víctor López Seoane (A Coruña); CEIP Juan Fernández Latorre (A Coruña); CEIP Curros Enríquez (A Coruña); CEIP San Pedro de Visma (A Coruña); CEIP Vilas Alborada (Santiago); CPR San Francisco Javier (Santiago); CEIP San José de Cluny (Santiago); IES Rosalía de Castro (Santiago); CEIP Raíña Fabiola (Santiago); CPR Nuestra Señora de los Remedios (Santiago); CPR San Pelayo- Emma (Santiago); CPR Valle Inclán 1 (Ferrol, este adiou a celebración polo mal tempo) e IES Miraflores (Oleiros), IES Neira Vilas (Oleiros) e IES María Casares (Oleiros), IES Rego de Trabe (Culleredo), CEIP San Pedro de Visma , CEIP ADR Castelao (Rianxo)

         Lugo:

CPI Dr. López Suárez (Escairón-O Saviñao); CPI Castroverde; CPR Fundación Educativa Torre de Lemos (Monforte); IEs Río Cabe (Monforte); IES Perdouro (Burela); CEIP Monte Baliño (Lugo); CEIP Nº 1 San Cibrao; CEIP Cervo; CEIP Luis Tobío (Viveiro); CEIP Galdo (Viveiro); CEIP Aquilino Iglesias (Abadín); CEIP Virxe do Carme (Burela); CEIP Celeiro e CEIP Gregorio Sanz (Ribadeo).

         Ourense:

CPR Concepción Arenal (Ourense), IES Otero Pedrayo (Ourense); CPR María Auxiliadora (Ourense); IES Blanco Amor (Ourense); CEIP Os Blancos e CEIP Saco e Arce (Toén).

 


         Pontevedra:

IES Francisco Asorey (Cambados); CRA Vilaboa; IES Pintor Colmeiro (Silleda); CEP Sequelo (Marín); IES Manuel García Barros (A Estrada) e CEIP Infante Felipe de Borbón (Salvaterra do Miño), CPI Aurelio Marcelino Rey García, CPR Compañía de María (Cangas).

 





¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
EMPRESAS COLABORADORAS
 
 
 
ENTIDADES COLABORADORAS
 
 
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg