Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
ELECCIONS 2019
EF NA RÚA 2019
O COLEXIO
COLEXIARSE
EMPREGO
CONTRATACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
REGULACION
VISIBILIDADE
ASEMBLEAS
ELECCIONS
LEIS & CONSULTAS
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
PORTELO UNICO
ENTREVISTA CON ROBERTO RAMOS (XULLO 2018)

 

Entrevista a ROBERTO RAMOS PIÑEIRO

Colexiado número 9.746  

Lugar de nacemento: Lugo

TraballoDirector xeral de Serviocio/BeOne                   

        

 

 

"Non lles podemos fallar aos máis de 168.00 clientes que temos de media mensual nas instalacións de Serviocio, ese é o noso reto"

  

"Os ximnasios boutique, altamente especializados e con tendencia ao pago por uso, veñen para quedarse"

 

"A loita pola regulación non pode cesar, é a salvagarda da nosa profesión"

 

 

Roberto Ramos é un dos principais referentes no sector das instalacións deportivas do noso país. Director xeral de Serviocio, iniciouse neste mundo cando aínda estaba estudando INEF e nunca deixou a un lado a formación, tal e como recomenda que fagan os nosos titulados.

 

Serviocio cumprirá este ano o seu 25º aniversario. Hoxe é habitual acudir aos centros deportivos, pero hai 25 anos non era fácil ver o “boom” que ían ter este tipo de negocios. Como foi que, sendo estudantes de INEF, se lles ocorreu a vostede e aos seus socios, facer esta aposta?

A verdade é que inicialmente non pensamos que o foco do negocio estivera na xestión de instalacións deportivas, pero coa gran inversión que se fixo nos 90 en instalacións deportivas por parte das administracións públicas, xurdiu un nicho de negocio ao cal unímonos de inmediato.

 

Con cerca de 28 millóns de facturación e máis de 1.200 traballadores dependendo do grupo, non entra ás veces unha sensación de vertixe?

Dá vertixe ás veces, pero máis vertixe dá saber que non lle podemos fallar ós mais de 168.000 clientes que temos de media mensual nas nosas instalacións, e que tendo en conta que de media usan os nosos servizos 1,5 veces á semana, falamos de máis de 3.000.0000 de usos ao ano… iso si dá vertixe… pero tamén é o noso reto.

 

A súa formación inicial é en Ciencias do Deporte (o antigo INEF), como se chega desde aí á xestión?

O meu caso e bastante particular, eu estudie INEF e non me especialicei en xestión senón en rendemento deportivo. Co paso dos anos fun aprendendo a base dunha dedicación plena ao noso negocio. Tamén complementei a miña formación cun Master en Recursos Humanos e innumerables cursos e formacións relacionadas coa xestión deportiva e o mundo empresarial.

 

Cal é a tendencia nos centros deportivos? Que diferenza a Serviocio e como se pode innovar na oferta para ser máis competitivo?

O sector cambiou moito nestes 25 anos, pasamos do ximnasio de barrio de artes marciais e moito ferro ao modelo concesional de centro multideportivo e orientado á familia, polo medio xurdiu o Low cost, os ximnasios 24 horas,….  E agora o último son os ximnasios boutique, altamente especializados e con tendencia ao pago por uso, e parece que veñen para quedarse.

Serviocio/Be One xestiona 35 centros na actualizade, dos cales 32 teñen auga (piscinas e spa), e esa foi sempre a nosa marca diferenciadora, as instalacións de fitness complementadas con instalacións acuáticas son un produto imbatible sobre todo para o noso cliente obxectivo: abonados familiares, tanto por produto como por prezo.

 

Vostede ten a titulación superior en Ciencias do Deporte, que formación se esixe ao persoal que traballa nos centros de Serviocio?

En xeral os nosos directivos e directores son todos licenciados, no caso dos directores no INEF. Tamén hai unha alta porcentaxe de coordinadores técnicos coa nosa titulación.

 

Ten falado nalgunhas entrevistas de que é de esperar que haxa integracións no sector. Cal agarda que sexa o papel do seu grupo?

Pois como non pode ser doutra maneira queremos ser parte activa nese proceso, estamos a poñer as primeiras pedras para que así sexa, tomando posición como un dos operadores de referencia e fortalecéndonos financeiramente para ese proceso que ten que vir.

 

Serviocio ten centros deportivos en diferentes lugares. Aprécianse diferencias nos perfís de clientes ou na demanda segundo a zona?

O nivel de penetración na poboación é moi diferente dependendo da zona, así por exemplo as zonas mais interiores de Galicia teñen niveis moito máis baixos cos da costa. E a nivel nacional vemos zonas como Granada nos que a participación esta moi por encima da media nacional.

En canto o perfil de cliente, a verdade é que en relación ao noso produto a tipoloxía de cliente é moi similar en todos os centros.

 

Ademais da súa titulación, vostede é adestrador de natación e de fisioculturismo e musculación. No medio do traballo de xestión, atopa tempo para seguir a practicar deporte?

Menos do que debería e do que me gustaría. Nadar de vez en cando (para recordar os meus tempos como nadador no Clube Fluvial de Lugo) e tamén xogo ao pádel cando mo permiten as miñas obrigacións.

 

Que recomendacións faría a quen hoxe decide estudar Ciencias do Deporte? Como ve o futuro da profesión?

Pois o animaría a facelo e lle recomendaría unha formación continua e complementaria se quere dedicarse á xestión deportiva, captar coñecemento empresarial tamén doutros sectores e fortalecer as capacidades en xestión de RRHH, temas financeiros, márketing e xestión comercial, para lograr un grado de desempeño alto cando se incorpore ao mundo laboral.

Recoméndolles en particular o Master en Xestión Deportiva que organiza a Universidade Politécnica de Valencia, co cal colaboramos.

 

Que opina da falta dunha regulación profesional, pola que están loitando os colexios profesionais das diferentes comunidades?

 

Creo que é unha loita que non pode cesar, e a salvagarda da nosa profesión sen ningunha dúbida.

1.
 





¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
EMPRESAS COLABORADORAS
 
 
 
ENTIDADES COLABORADORAS
 
 
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg