Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
EF NA RÚA 2019
O COLEXIO
COLEXIARSE
EMPREGO
CONTRATACIÓN
FORMACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
REGULACIÓN
ASEMBLEAS
ELECCIONS
LEIS & CONSULTAS
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
PORTELO UNICO
CONVERSA CON DIEGO VILAS CASAL

 

Entrevista a DIEGO VILAS CASAL

Colexiado número 56.399 

Xerente interino do COLEF Galicia 

        

 

 

"Podemos acabar co intrusismo facendo ben o noso traballo e diferenciándonos dunha maneira moi sinxela, co noso número de colexiado "

  

"Como xerente espero aprender moito, axudar e empaparme do Colexio 

 

 


Diego Vilas Casal vén de ser seleccionado polo COLEF Galicia para a praza de xerente do Colexio con carácter interino. Graduado en Ciencias da Educación Física e o Deporte pola UDC e titulado tamén en Maxisterio, na rama de Educación Física, ten unha importante experiencia en moitas facetas, desde prescritor de exercicio físico para persoas maiores ata traballo con rapaces e rapazas a través de diferentes escolas deportivas, monitor de tempo libre e aventura, director do Campus de Verán da Fundación USC Deportiva e ponente e director en diferentes obradoiros e cursos relacionados co deporte.

 

Que obxectivos te marcas para esta nova etapa da túa carreira, como xerente interino do COLEF?

Para min é un reto persoal e profesional moi importante, no que manter a liña de traballo realizada por Roberto durante os últimos anos; aportando a miña experiencia como colexiado no mundo laboral a todos/as os que formamos parte do COLEF Galicia e co obxectivo de seguir medrando en colexiados/as que sumen á nosa profesión e nos fagan máis grandes e visibles como colectivo profesional que ten moito que aportar á sociedade en todas as súas ramas de traballo.

Agora mesmo estou asentándome no posto e poñéndome ó día o máis rápido e efectivo posible para non dar demora as necesidades do colexio e por ende dos seus colexiados/as que son os que representamos e damos axuda e cobertura en todo o que necesiten. 

 

 

Cales son as mensaxes que queres transmitir aos colexiados e aos titulados en CCAFDE en relación coa situación da profesión?

A miña experiencia no sector a nivel público, privado e autónomo fixéronme ver que non é fácil como están as cousas para a noso colectivo, pero que si somos os licenciados/as, graduados/as e colexiados/as os que temos a chave para facer unha sociedade máis saudable, activa, positiva e mellor dende os nosos coñecementos. Co noso traballo aportamos un ben social que todos/as temos que ter en valor e que é necesario, somos necesarios como profesionais e somos os que estamos capacitados para levalo a cabo.

Temos a capacidade de poder acabar co intrusismo que estamos a vivir facendo ben o noso traballo e diferenciándonos dos que non son profesionais dunha maneira moi sinxela, co noso número de colexiado, o número que nos presenta e representa ante calquera persoa e garante que temos a formación necesaria para o desempeño da profesión, que protexe ó cliente/a do intrusismo e lle da cobertura profesional ao propio colexiado/a ante a súa praxis, non esquecendo que é obrigatorio por lei estar colexiado para poder exercer.

As razóns para colexiarse quedan claras aquí: http://www.colefgalicia.com/contenidos/index.php?option=com_content&task=view&id=13&Itemid=153

Estamos a vivir nun momento no que a nosa profesión ten que se posicionar e reivindicar, deixando claro que somos necesarios para todos/as e que estamos para axudar; que as novas xeracións sexan conscientes da importancia que ten defender o seu labor na sociedade tendo por diante a figura do colexiado/a como un signo de identidade e identificación que o vai a axudar, representar e valorar ante calquera institución, poboación ou axente que intente atentar contra a dignidade do seu traballo e da súa labor.

Temos que ser conscientes da necesidade de ser máis, de sumar máis , de que nos escoitemos e apoiemos entre todos para que todo o colectivo de licenciados/as, graduados/as decida o seu futuro entre todos/as. Non se trata de cuestións individuais, se non de cuestións unificadas que a todos nos poden repercutir dalgunha maneira ao longo da nosa vida laboral e profesional.

Temos que ser conscientes da inversión de tempo, cartos, esforzo que lle adicamos ao longo da nosa carreira profesional (dende que empezamos os estudos na  facultade) ao que nos gusta e no que cremos, e darlle valor , todo o que sexa necesario para nos posicionar onde nos merecemos e onde temos que estar nin máis nin menos.

Espero dar  resposta e representación axeitada ós colexiados/as e estar á altura das circunstancias e do posto de xerente. Aprender, aprender moito e axudar e empaparme do colexio, dos seus colexiados/as, da xunta de goberno e de todos/as dos que formamos parte de esta profesión que facemos con paixón e cariño para toda a sociedade.

E que ninguén se esqueza que o número de colexiado é a mellor carta de presentación que se pode ter.

 

 

 





¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
EMPRESAS COLABORADORAS
 
 
 
ENTIDADES COLABORADORAS
 
 
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg