Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
EF NA RÚA 2018
O COLEXIO
COLEXIARSE
EMPREGO
CONTRATACIÓN
FORMACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
DEFENSA
REGULACIÓN
ASEMBLEAS
ELECCIONS 2018
LEIS & CONSULTAS
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
PORTELO UNICO
Becas 2018

 

1.    Obxecto do convocatoria

 

O COLEF Galicia promove a concesión de 2 becas de investigación para a realización de 2 estudos monográficos durante 2018 sobre temáticas que afectan á profesión e á cidadanía.

 

2.  Candidatos

 

A estas becas poderán acceder colexiados/as e estudantes de Grao en CCAFD pre-colexiados.  

 

3.    Axudas económicas 

 

BECA A: 1 beca dunha contía máxima de 1.000 € para un estudo sobre o cumprimento en instalacións públicas da Lei do Deporte de Galicia (artigo 83) nas 7 grandes cidades galegas no que se refire á presencia de soportes informativos sobre o profesionais do deporte e a súa cualificación, que cubrirá os gastos de busca de información, desprazamentos e redacción dos documentos necesarios.

 

BECA B: 1 beca dunha contía máxima de 500 € para un estudo sobre a calidade e legalidade da formación continuada na educación física e o deporte, fundamentalmente aquela que se atopa publicitada a través de internet e confunde ao consumidor sobre o seu carácter oficial e legalidade, e que cubrirá os gastos de busca de información e redacción dos documentos necesarios.

 

4. Lugar, prazo e forma de presentación de candidaturas

 

A inscrición realizarase telemáticamente e a documentación irá dirixida por correo electrónico á Xunta de Goberno do COLEF Galicia, na dirección Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla , coa referencia “BECAS COLEF GALICIA 2018-19” .

 

O prazo de inscrición será do 25 de maio ao 30 de xuño de 2018, ambos inclusive.

A documentación necesaria é a seguinte:

 

Trámite 1: Formulario de datos persoais on-line. Entrar aquí

Trámite 2: Enviar por correo electrónico. Entrar aquí

 

·         Proxecto de estudo detallado (Anexo 1)

·         Currículum Vitae abreviado (Anexo 2)

 

5. Comisión de avaliación

 

A comisión de avaliación estará composta por: 1 presidente (con voto de calidade), 2 vogais e 1 secretario, elixidos por sorteo entre os membros da Xunta de Goberno, todos con voz e con voto. Este órgano quedará facultado para resolver cantas dúbidas e incidencias poidan xurdir no desenvolvemento do proceso selectivo.

 

6.     Criterios de adxudicación

 

a)    Criterios científicos e formais (anexo 1):

 

·         Tamaño e características da mostra: 20%

·         Metodoloxía de estudo: 20%

·         Tratamento de datos: 15%

·         Temporalización: 10%

·         Fontes bibliográficas actualizadas: 5%

 

 

b)    Formación e experiencia do candidato (Anexo 2):

 

·         Formación relacionada (Cursos de especialización...): 10%

·         Experiencia (estudos científicos, participación en equipos de investigación e innovación, premios, becas...): 20%

 

7.   Criterios de adxudicación

 

A adxudicación realizarase nun prazo máximo de 14 días dende o remate do prazo de inscrición e será publicada na páxina web do COLEF Galicia.

 

A/O candidata/o mellor valorada/o para cada estudo deberá asinar a aceptación da beca de investigación, coa cesión dos dereitos de publicación ao COLEF Galicia e asemade outras cláusulas legais que correspondan.

 

8. Criterios de elaboración dos estudos

 

A data límite de entrega dos estudos será de 4 meses para o estudo sobre o cumprimento en instalacións públicas da Lei do Deporte de Galicia (BECA A) e de 3 meses para o estudo sobre a calidade e legalidade da formación continuada na educación física e o deporte (BECA B). Será preciso remitir os avances do mesmo cada mes. A progresión dos traballos será supervisada por 2 membros da Xunta de Goberno do COLEF Galicia. A entrega do estudo realizarase en formato dixital.

 

9. Lugar, prazo e forma de presentación de candidaturas

 

A inscrición, xunto coa documentación preceptiva, serán dirixidas á Xunta de Goberno do COLEF Galicia, presentaranse por correo electrónico á dirección Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla , coa referencia “BECAS COLEF GALICIA 2018-19”

 


10. Resolución

 

Comunicarase a candidato/a mellor valorado, para a celebración da beca de investigación, coas cláusulas legais que correspondan, quedando disposta unha listaxe de agarda por posibles renuncias.

 

Santiago de Compostela, a 21 de maio de 2018 

 

 





¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
ENTIDADES COLABORADORAS
 
 
 
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg