Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
ELECCIONS 2019
EF NA RÚA 2019
O COLEXIO
COLEXIARSE
EMPREGO
CONTRATACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
REGULACION
VISIBILIDADE
ASEMBLEAS
ELECCIONS
LEIS & CONSULTAS
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
PORTELO UNICO
28.10.08. - INFORME DA CNC SOBRE O SECTOR DE SERVIZOS PROFESIONAIS E COLEXIOS PROFESIONAIS.
A Comisión Nacional da Competencia (CNC) fixo público un informe que analiza os principais problemas para a competencia detectados no ámbito dos servizos profesionais. O informe encádrase dentro da función de promoción de competencia que reforzou a Lei 15/2007, de 3 de xullo, de Defensa da Competencia.

O sector dos servizos profesionais ten un peso relevante na economía polo seu papel como subministrador tanto de bens finais como de inputs para outros bens e servizos. O Valor Engadido Bruto a prezos de mercado xerado polas profesións colexiadas supón aproximadamente o 8,95% do PIB. Por iso o seu correcto funcionamento e, en concreto, a existencia dunha regulación adecuada do sector resultan de vital importancia. En particular, as diversas normas que regulan o acceso e o exercicio ás profesións deben evitar a introdución de reservas de actividade e restricións á competencia innecesarias ou desproporcionadas que impidan extraer todo o seu potencial para o crecemento e o emprego.

A CNC considera, doutra banda, que a transposición da Directiva de Servizos proporciona o marco ideal para acometer unha ambiciosa revisión e mellora da normativa reguladora das profesións tituladas e as profesións colexiadas.

Estas son algunhas das principais recomendacións que recolle o Informe:
- A reforma do marco normativo dos servizos profesionais debe incluír a regulación dos Colexios Profesionais, pero tamén ir máis aló e abarcar toda regulación de acceso ou de exercicio dunha profesión e, en particular, aquelas que crean reservas de actividade ou exclusividade, que deberán sempre xustificar a súa necesidade e proporcionalidade, así como o interese xeral perseguido.
- É necesario romper coa unión automática dunha profesión e un título. Sen prexuízo de que nalgúns casos o interese xeral poida xustificar que unha determinada profesión só sexa exercida polos posuidores dunha titulación concreta, non debe ser ese o caso xeral, senón a excepción, de tal forma que se permita que profesionais con titulacións diversas poidan competir nun mesmo mercado.
- É preciso crebar a asociación automática de profesión titulada con Colexio Profesional. Os motivos que xustifican a esixencia de titulación non deben ser automaticamente trasladables á esixencia de colegiación. Unha cousa é restrinxir a entrada a un mercado (e limitar a competencia) alegando razóns de interese público que obrigan a que o profesional posúa uns determinados coñecementos, e outra cousa é obrigar a que, ademais de ter unha titulación, o profesional estea inscrito nun Colexio Profesional.
- É necesario redefinir e acoutar os fins e funcións dos Colexios Profesionais, adoptando un enfoque desde o punto de vista dos consumidores e non dos profesionais.
- Adicionalmente, é preciso que a Administración teña un maior papel na ordenación dunha profesión, en particular, a través da posibilidade de iniciar de oficio a revisión dos Estatutos Xerais e a través do control previo dos Códigos internos colexiais.
- Así mesmo, existen múltiples regulacións na normativa colexial vixente que non parecen xustificadas polo obxectivo de interese xeral ou defensa dos consumidores, entre outras a posibilidade de que os Colexios Profesionais establezan baremos de honorarios orientativos ou a posibilidade de que introduzan restricións á publicidade máis aló das contempladas na Lei Xeral de Publicidade. Así mesmo é necesario revisar outros aspectos por exemplo o obxecto, contido, obrigatoriedade, responsabilidade colexial e prezo dos visados.

 





¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
EMPRESAS COLABORADORAS
 
 
 
ENTIDADES COLABORADORAS
 
 
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg