Por definición, os estatutos dun colectivo son o conxunto de disposicións legais que o definen e regulamentan o seu funcionamento, sendo vinculantes para os membros que se someten a eles de forma voluntaria ao ingresar no mesmo. O Decreto 22/2008, do 31 de xaneiro, publicado no DOG Núm. 41 de 27 de febreiro de 2008, recolle a aprobación dos actuais “Estatutos do Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia”. Estatutos en galego - Estatutos en castellano
Ademais, o COLEF Galicia está integrado no Consello Xeral estatal e, en consecuencia, encóntrase sometido tamén ao “Estatuto General de los Ilustres Colegios Oficiales de Licenciados en Educación Física y en Ciencias de la Actividad Física y del Deporte de España y de su Ilustre Consejo General”. Borrador do Estatuto Xeral dos COLEF CAFD de España e do Consello Xeral (aprobado no Pleno de Cáceres de 2009).
|