|
O CONCELLO DE MELIDE CORRIXE A PRAZA DE TÉCNICO DE DEPORTES (30/07/10) |
 | En resposta ao recurso presentado polo COLEF Galicia á praza de Técnico de Deportes (oferta de emprego 2009), a Xunta de Goberno do Concello de Melide adoptou os seguintes acordos: Modificar a oferta de xeito que o grupo profesional da citada praza pase do II (diplomado) ao I (licenciado). Modificar a RPT do concello no mesmo sentido.
Dende o COLEF Galicia felicitamos ao Concello de Melide pola acertada decisión, esperando que cunda o exemplo en todas as administracións.
|
|