CONVENIO COA FUNDACIÓN FEDYS (17/08/10) |
| Os presidentes da Fundación Fedys e o COLEF Galicia, Francisco Javier González Pérez "Fran" e Vicente Gambau i Pinasa, respectivamente, asinaron a finais do pasado mes de xullo un convenio de colaboración onde se definen fins e obxectivos comúns de ambas as dúas entidades. O acordo terá unha marxe temporal de 3 anos, ao longo dos cales se pretenden realizar diversas actividades de forma conxunta. |
|