|
O COLEF Galicia realiza un seguimento continuo das ofertas de emprego público para profesionais do deporte que realizan as diferentes administracións ou os seus organismos autónomos. De xeito habitual estas convocatorias son publicadas baixo criterios pouco ou nada axeitados, principalmente no relativo aos requisitos de titulación para acceder ás mesmas, o que nos obriga a recorrer por vía administrativa, en primeira instancia, e por vía xudicial se o órgano convocante desestima o recurso e a Xunta de Goberno o considera oportuno. A continuación expóñense os recursos realizados durante este ano 2013: RECURSOS 2013 | DATA | ENTIDADE | PRAZA | MOTIVO | ACCIÓN | ESTADO | | 21/02/2013 | CONCELLO DE CAMBRE | Técnico deportivo | A titulación mínima requirida non existe e, en consecuencia, está errado o grupo de clasificación de persoal especificado nas bases como equivalente | Recurso potestativo de reposición | En agarda de resolución | | 02/2013 | DEPUTACIÓN DE OURENSE | Monitor de clases colectivas | Non se require o correspondente título oficial da familia das actividades físicas e deportivas, ou cualificación profesional. | Recurso contencioso-administrativo | En agarda de resolución | | 24/01/2013 | CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS | Coordinador deportivo | Non se require o correspondente título oficial da familia das actividades físicas e deportivas. | Recurso potestativo de reposición | Desestimado mediante comunicación expresa ao COLEF Galicia | | 16/01/2013 | DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Técnicos deportivos municipais (subvención) | Posibilidade de acceso ás prazas con titulación que non cualifica para as mesmas (Mestre EF) | Recurso potestativo de reposición | En agarda de resolución |
|