|
LEI DO DEPORTE DE GALICIA |
|
PUBLICADA NO DOG A LEI 3/2012 DO DEPORTE DE GALICIA (13/04/12) O Diario Oficial de Galicia de hoxe recolle, no seu primeiro apartado de Disposicións xerais, a publicación da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia. Logo de todas as achegas realizadas no último ano, o COLEF Galicia abre un necesario período de análise interno desta lei básica para o noso sector, coa finalidade de realizar unha valoración exhaustiva, e facer as propostas que se consideren oportunas para o seu desenvolvemento. De momento e a pesares de terse desaproveitado a oportunidade de crear o necesario Rexistro de Profesionais, cabe destacar a inclusión da esixencia de cualificación oficial deportiva para o exercicio profesional (artigo 72). Lei do Deporte
APROBADA A NOVA LEI DO DEPORTE DE GALICIA (27/03/2012) No día de hoxe, o Pleno do Parlamento de Galicia aprobou a nova Lei do Deporte de Galicia, rematando así o proceso iniciado en abril do pasado ano. Como corporación de dereito público obrigada estatutariamente a participar nos órganos consultivos da Administración de Galicia, o COLEF Galicia realizou todas as achegas que considerou oportunas aos diferentes borradores para a súa mellora e mantivo entrevistas cos responsables técnicos, executivos, e lexisladores correspondentes. En canto sexa publicado no DOG o texto final, faremos unha valoración do mesmo. A continuación, podes consultar toda a documentación do Pleno coa descrición do traballo parlamentario artigo por artigo, así como todas as chegas realizadas polo colexio ao Proxeto e ao Anteproxecto de lei. Vídeo do Pleno (a partires da intervención de Alfredo Suárez Canal ás 11:17 horas)
Documentación do Pleno
|