Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
 
ACTUALIDADE
EF NA RÚA
ASEMBLEAS
CONSULTAS
COLEXIARSE
O COLEXIO
EMPREGO
CONTRATACIÓN
FORMACIÓN
CALENDARIO
+ SERVIZOS
DEFENSA
REGULACIÓN
LEXISLACIÓN
SUBVENCIÓNS
PUBLICACIÓNS
CONTACTO
SOLICITUDES
E-MOVETE: CONVERSAS

CONVERSAS EN E-MÓVETE (CADERNO DIXITAL)

 

OUTUBRO 2017 - JAVIER JOSÉ PRIETO TRONCOSO.  Un equipo multidisciplinar no que se ofrece un amplo abano de servizos relacionados co deporte e a saúde é o que está á fronte do centro Movement Studio, en Vigo, e nese equipo é peza fundamental o noso colexiado Javier José Prieto Troncoso. Destaca como aportación fundamental deste centro a figura do asistente de saúde persoal, que é o responsable de facer unha primeira valoración de quen se dirixe a Movemento Studio, tanto nas súas condicións físicas e de saúde como nos seus obxectivos. Javier aposta ademais pola autoestima dos profesionais do deporte: o recoñecemento, sostén, ten que empezar por un mesmo...é movete

 OUTUBRO 2017 - ARANTXA TOMÉ.  Muller emprendedora, é a promotora do centro de adestramento e nutrición 2STEPS, en Santiago, só un primeiro paso no seu obxectivo de crear unha marca propia neste campo. Ofrece servizos personalizados e tamén online e é unha firme defensora do traballo profesional, que considera que se pode garantir se se establece a colexiación obrigatoria. No seu centro aplica esta máxima e iso, xunto a un método propio que xa probou ao longo da súa traxectoria profesional, é o que marca a diferencia...é-movete

SETEMBRO 2017 - ALEJANDRO POMBO.  Xestor deportivo do Centro Náutico e a Piscina de Outes, ámbolos dous dependentes do Concello, Alejandro Pombo cre que este é un importante nicho de emprego para os titulados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, porque os servizos deportivos van a máis e os Concellos vense na obriga de ordenar e organizar toda esta actividade a través destas figuras profesionais. A pesar disto, detecta tamén problemas, como a falta dunha formación continuada, que considera imprescindible, ou os salarios, que non se adecúan á preparación e responsabilidade deste tipo de profesionais....é-movete

XULLO 2017 - RUBÉN GERPE.  Este colexiado acaba de poñer en marcha co fisioterapeuta Sergio Pousada sr sinerxía, un centro de adestramento individual e para grupos que ten como obxectivo satisfacer as necesidades dos seus clientes para introducilos nun estilo de vida saudable sempre cun traballo no que prima a calidade. Rubén ten claro que a profesión está ao mesmo nivel que outras relacionadas coa saúde como os médicos, os psicólogos, os nutricionistas... e que cada unha ten unha parcela na que pode aportar moito para mellorar a calidade de vida da poboación. Tamén recomenda a colexiación polas vantaxes que ten para os titulados e destaca, no seu caso, o feito de poder contar cun seguro de responsabilidade civil...é-movete

XUÑO 2017 - OLALLA VILELA.  Con Diego Fariña Varela vén de inaugurar na Coruña o centro SaúdeTraining, no que destaca -ademais dos servizos de adestramento personalizado ou en grupos reducidos e o entreno online- o feito de que todo o plantel son titulados en CCAFD e colexiados. É unha clara aposta pola profesionalización do sector e pola calidade dun servizo que consideran fundamental no campo da saúde. Neste centro teñen ata unha "Escola de correr", porque a pesar de que esta é unha habilidade física básica, hai un déficit de formación nun exercicio que ten cada vez máis seguidores...é-movete

MAIO 2017 - EDGARDO MARTÍNEZ.  Facilitar ás mulleres deportistas unha plataforma onde intercambiar experiencias, debatir, atopar recomendacións e ata traballo é o obxectivo da plataforma Sywom, unha iniciativa do colexiado Edgardo Martínez que está orientada tanto ao deporte de elite como ao de base. O noso protagonista está convencido de que o futuro do deporte está nas mulleres, porque, na súa opinión, este mundo é máis limpo e non está corrupto nin ten vicios...é-movete

MAIO 2017 - RUBÉN PÉREZ CABANAS. Este colexiado traballa na actualidade nun proxecto de investigación en colaboración coa Universidade das Illas Baleares sobre a Educación Física e as enfermidades raras, un traballo que considera válido para calquera outra Comunidade. Entre as ferramentas para favorecer a mellora da calidade de vida e integración dos nenos e nenas que sufren EF, Pérez Cabanas propón a comunidade virtual EDMODO. Accede á conversa...é-movete

ABRIL 2017 - PABLO ALÉN FEAL. Este profesor do ciclo de TAFAD no IES Rosalía de Castro de Santiago é o coordinador en Santiago do Día da Educación Física na Rúa que se celebra o 25 de abril. Máis de 500 estudantes de distintos centros educativos da cidade xuntaranse na praza da Quintana para facer visible á poboación a través de moi didferentes actividades o que son en realidade as clases de Educación Física. Pablo Alén destaca que a carga lectiva desta materia é insuficiente e incide nas competencias que se adquiren nela. Accede á conversa...é-movete

FEBREIRO 2017 - ANA SANTOS SOLLA. Esta profesora de Educación Física no IES Valle Inclán de Pontevedra é a responsable do proyecto Erasmus K2 YES! (Young European in Sports), que desenvolve este centro en colaboración co Lycée Felix Faure de Beauvais (Francia). Trátase dun programa de mellora da actividade física, os hábitos de alimentación e a xestión do estrés. Ana Santos anima a outros colexiados a poñer en marcha iniciativas deste tipo, nas que destaca a implicación do alumnado e as súas familias, e reclama máis horas de Educación Física porque os mozos e mozas precisan moverse e desfogarse. Accede á conversa...é-movete

FEBREIRO 2017 - QPRO GYM. Esta empresa con sede en Moaña está formada por un equipo de catro colexiados (Juan Fernández, Miguel Barros, Miguel Alonso e Noelia Ribadulla) que ten a súa sede en Moaña e traballa de xeito multidisciplinar con fisioterapeutas, psicólogos e dietistas para ofrecer unha atención personal. O seu sinal de identidade é que garantizan que neste centro cada usuario está atendido por un titulado en CCAFD e reivindican o papel destes licenciados no campo da saúde. Tamén demandan un cambio legal no que se refire a regulación profesional, garantías dos usuarios, etc.. Accede á conversa...é-movete  

DECEMBRO 2016 - CARLOS LALÍN. O readaptador físico do Manchester United e recente premio do Deporte da Universidade da Coruña dá conta de como ve a profesión nunha extensa entrevista na nosa web. Lalín fala do seu traballo, da formación e o que deben autoesixirse os estudantes, da regulación profesional e da situación de España en relación con outros países no que se refire a formación deportiva. Accede á conversa...é-movete   

NOVEMBRO 2016 - MANUELA VÁZQUEZ. O COLEF Galicia elexiuna como nova colaboradora do programa formativo para o período 2016-2017. Nunha entrevista na nosa web explica as razóns que a levaron a presentar a súa candidatura para participar no devandito programa, o que espera obter con esta experiencia, a importancia do labor que realiza o Colexio e o futuro que lle ve á profesión. Accede á conversa... e-móvete

NOVEMBRO 2016 – DIEGO BOUZA. O adestramento á carta, en grupos pequenos, é o sinal de identidade do Centro Ezen, Salud y Rendimiento, fundado por este e outros colexiados contando coa participación de profesionais doutras especialidades que complementan o seu traballo. A regulación profesional é, na súa opinión, o que se precisa para dar a este sector máis visibilidade. Entra na súa conversa... e-móvete

OUTUBRO 2016 – ALBERTO MOURIÑO. O traballo interdisciplinar é unha realidade. En Lalín traballa este colexiado, que xunto co seu compañeiro fisioterapeuta, levan adiante o seu proxecto.  Un dos grandes problemas que atopa é o imposto que ten que soportar o seu servizo. Entra na súa conversa...e-móvete

SETEMBRO 2016 – TAMARA RIAL. Calquera iniciativa empresarial sempre conleva moitos retos. Eso sábeo ben a colexiada Tamara Rial, que xunto cos colexiados Camilo Villanueva e Piti Pinsach, puxo en marcha un proxecto de formación que está a dar moito que falar. ¿Querer coñecelos? Pois adiante...e-móvete

XULLO 2016 – PABLO SÁNCHEZ. Un dos proxectos de divulgación dixital máis innovadores no eido da actividade física e o deporte nos últimos anos, leva selo galego. Estivemos co seu editor, Pablo Sánchez (54.066), que nos presentou o seu traballo con todo detalle. e-móvete

XUÑO 2016 – MIGUEL MÍGUEZ. “Río 2016” tamén ten protagonistas galegos/as colexiados/as. Nesta ocasión falamos co colexiado Miguel Míguez, que está a preparar a Miguel Alvariño, na disciplina de tiro con arco. e-móvete

MAIO 2015 – XAVIER LOUREIRO. Co gallo da celebración da XI Feira da Saúde de Ourense, cita na que o COLEF Galicia participou, o equipo de redacción da revista entrevistou a Xavier Loureiro (52.637), un comprometido e emprendedor profesional do deporte para a saúde, formado en Galicia e especializado en Rehabilitación Cardiaca no Reino Unido. e-móvete

MARZO 2014 – CARLOS LAGO & JAVIER PRIETO. Desprazámonos ata a Facultade de Ciencias da Educación e o Deporte de Pontevedra, onde estivemos cos representantes da Delegación de Alumn@s. Adiantámosvos algunhas cousas das que nos falaron. e-móvete

FEBREIRO 2014. O lanzamento de e-móvete é unha das principais novidades do COLEF Galicia para este ano 2014. Trátase dun espazo de información dixital no que pretendemos difundir experiencias, iniciativas e proxectos dos nosos colexiados.

 

 

 





¿Recuperar clave?
 
ENTIDADES PARTICIPADAS
ENTIDADES COLABORADORAS
 
FACULTADES GALEGAS
DO DEPORTE
 
 
  CONTACTO:
EDIFICIO FEUGA. DESPACHO 20 - LOPE GÓMEZ DE MARZOA S/N - 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981 553 363 - COLEF@COLEFGALICIA.COM
 
 

Cheap UGG Boots

uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg north face jacekts north face jacket cheap north face jackets North Face jassen North Face canada North Face sverige North Face outlet North Face outlet North Face outlet North Face nederland North Face jackets North Face jackor uggs on sale cheap ugg boots ugg boots sale ugg boots cheap uggs uggs boots uggs sale ugg sale uggs ugg sale cheap ugg